Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Día do Autismo co alumnado de 3º de ESO

O alumnado de Relixión de 3º de ESO levou a cabo unha preciosa actividade para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebrará o vindeiro 2 de abril. Os compañeiros e compañeiras elaboraron unhas preciosas frases con pictogramas para o seu compañeiro Javier e, despois de amosarllas, pegáronas en pezas de crebacabezas (o símbolo do autismo é un lazo multicolor formado por pezas dun puzzle) que finalmente colgaron no corredor principal do centro.

Álex, Adrián e Mar Mariña achegáronse logo ao precioso espectáculo multicolor.

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Entrevista ao Dr. Ángel Carracedo

O pasado 27 de febreiro tivemos a oportunidade de ter no IES Leiras Pulpeiro a D. Ángel Carracedo, un dos máis ilustres científicos españois da actualidade. D. Ángel Carracedo acccedeu de moi bo gusto a ter unha tertulia con algún de nós na nosa preciosa biblioteca. Foi un rato inesquecible.

Convocadas actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2014 (680 prazas)

Publicado no DOG do día de hoxe a Orde do 13 de marzo de 20

Excursión a París

Os nosos compañeiros e compañeiras de 4º de ESO e 1º de BAC seguen enriquecéndose coas súas experiencias en París:

Admisión para o curso 2014-2015: lista provisional de persoas admitidas

Probas Libres para obtención títulos FP (LOE) - Curso 2013-2014

Información sobre a convocatoria de probas libres para obter os títulos de Formación Profesional:

Achegámonos á cultura xitana

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Criterio do centro para o baremo de admisión ao curso 2014-2015

A ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con

Premio Extraordinario de Bacharelato para Nerea Capón Lamelas

   

A nosa alumna Nerea Capón Lamelas foi unha dos 13 alumnos e alumnas lucenses que recibiron o venres 14, en Santiago de Compostela, o Premio Extraordinarios de Bacharelato e Formación Profesional. O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, felicitou aos galardonados «pola responsabilidade. Polo traballo ben feito. Polo esforzo e a ilusión» 

Nerea é unha excelente alumna e ten un brillante futuro por diante. Este non é o primeiro premio que recibe nin será o derradeiro. Parabéns, Nerea!!!!!

 

Charla-coloquio coa Fundación Secretariado Xitano

      

Irene Jiménez y Belén Fernández, da Fundación Secretariado Xitano de Lugo, déronnos unha interesantísima charla na que desmontaron moitos tópicos e abríronnos os ollos a un mundo do que moitas veces temos unha imaxe algo distorsionada.

O mundo xitano e o payo conviven no noso centro, mais moitas veces uns e outros temos prexuízos e inquedanzas. Cómpre esforzarse por eliminar barreiras e aceptar a diferenza que, lonxe de ser un problema, é unha verdadeira riqueza.

 Preme aquí para acceder á nova no periódico.


   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut