Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Segunda avaliación

As calificacións da 2ª avaliación serán publicadas na plataforma Abalar. Pódense consultar la App a través do móbil desde o venres 3 de abril ás 14:00 horas. Unha vez remate o estado de alarma poderán ser entregadas no boletín habitual.

Grazas e moito ánimo a todas as familias!

Comprobación de datos e capacidade tecnolóxica

Despois de dúas semanas de reclusión en casa, e co tempo que aínda nos queda, e no que só podemos comunicarnos e propoñer actividades mediante as tecnoloxías dixitais, precisamos saber como comunicarvos con toda a comunidade educativa do centro e que necesidades hai en cada fogar.

Para iso, pregamos que sigades este enlace e cubrades os datos que se piden. A primeira pantalla serve para identificarvos, e a segunda para actualizar os datos.

PULSA AQUÍ PARA ACTUALIZAR OS TEUS DATOS

Sobre as tarefas que se encargan para casa, tampouco é cuestión de perder a cabeza. Considerade que é máis importante sobrevivir ao virus, levarse ben coa familia, manter o estado físico e emocional, cultivar as relacións persoais e recuperarse economicamente cando se levante o estado de alarma.

Abrazos para todos e todas.

 

 

 

Manuais de uso

Adxuntamos manuais de diversas plataformas online.

 

MANUAL DE EDMODO

MANUAL DE WEBEX

Segunda avaliación

AVISO IMPORTANTE

A vindeira semana farase a segunda avaliación de forma telemática. As notas publicaranse o venres 3 pola aplicación Abalar. Por tanto, é un bo momento para que a instale quen aínda non a ten. Búscaa na App Store ou Google Play.

Contacto de secretaría

Como aínda me chegan avisos por terceiras persoas de xente que non sabe como contactar co administrador da web, a pesar de que máis abaixo sae o correo en grande e negrita, vouno poñer máis fácil. É o último intento.

Se non lembras a contrasinal, pero tes correo,

PULSA AQUÍ

 

Se nunca diches o teu correo,

PULSA AQUÍ

 

e cubre o formulario

Reto cantemos xuntos

O Departamento de Música propón a seguinte actividade ao alumnado de 1º BAC. Como estabades ensaiando "Every Breath You Take", a actividade consiste en gravarvos a vós mesmos mentras tocades ou cantades esta canción, que despois uniremos para facer un vídeoclip.

PROCEDEMENTO:

  • Pon de base este karaoke usando os cascos nun só oído para escoitar a canción, escoitarte a ti mesmo e que non se oia na gravación.
  • Envía o vídeo a xabi.leiras@gmail.com. Como o arquivo vai ser demasiado grande para o correo, terás que usar un destes métodos:
    • wetransfer.com: é unha páxina que permite enviar arquivos ata 2Gb de tamaño
    • Drive: súbeo a Drive e compárteo

 

Ánimo e a desfrutar da música!

 O teléfono en horizontal!!!!

NOTA: O profesorado tamén está convidado a participar ;-)

 

Organización do traballo en casa

Temos recibido varias consultas sobre o que debe facer o alumnado en casa.

Repito: cada departamento elaborou o seu plan de traballo. Mira na páxina web o que deixou cada profesor e profesora. ABAIXO e á DEREITA veredes o cadro de DEPARTAMENTOS.

Por exemplo, un alumno de 1º ESO-A debería saber que materias ten e como se chama o profesor de cada unha delas. Só ten que mirar nese cadro e buscar as noticias que se refiran a 1º ESO-A.

 

Atención ao público durante o estado de alarma

Seguindo a instrución dictada pola Xunta de Galicia, segundo a cal os centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas, no horario especificado haberá un membro do equipo directivo no centro.

O centro permanecerá pechado ao público seguindo as instrucións do Real Decreto publicado no BOE» núm. 67, de 14 de marzo de 2020, Artículo 7, onde fai referencia á limitación de la libertad de circulación de las personas.

A atención ao público farase preferentemente a través da conta de correo secretaria.leiras@gmail.com. En horario de 10:00 a 13:00 os días laborables atenderase telefónicamente no número 619131476 (recórdase que dado que o vindeiro venres 20 de marzo é o día non lectivo elixido polo centro, non haberá ninguén no mesmo).

Infórmase ademáis, de que o prazo para presentar a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso, prolongarase ata a semana seguinte á reanudación da actividade lectiva, polo que neste momento, non é preciso que acudan ao centro por este motivo.

 

Contacto de secretaría

Se esqueciches o usuario da aula virtual, lembra que o teu usuario é o mesmo do teu correo. Por exemplo de luciaperez@gmail.com, o usuario é luciaperez.

Se esqueciches a contrasinal, no formulario de acceso hai un enlace moi bonito para recordalo:

 

Se aínda así non solucionas, envía un correo a:

secretaria.leiras@gmail.com

Non chames ao centro, non envíes whatsapps a profes. Só a persoa que le ese correo ten o permiso necesario para solucionar o problema. Non perdas o tempo, e fala directamente con el.

 

Traballo durante os días de peche

Durante estes días de peche do centro, cada departamento organizará as actividades que crea necesarias para non interromper o desenvolvemento do curso. Poderá deixar o traballo por tres medios. Consulta na web do centro, nas novas de cada departamento, o procedemento correspondente.

 

  • Aula virtual: para acceder, ir ao enlace na parte superior desta páxina, e poñer usuario e contrasinal.
  • Páxina web do departamento: abaixo á dereita nesta mesma páxina, podes consultar as novas de cada departamento.
  • Correo do profe: pode cada profesor/a envíe un correo de aviso.

Se precisas acceder á aula virtual e non lembras o teu usuario ou contrasinal, no formulario de acceso hai unha opción de recordar contrasinal.

Se aínda así non solucionas, para calquera incidencia coa web ou a aula virtual, envía un correo pedindo axuda a secretaria.leiras@gmail.com

 

AVISO: surante o sábado 14, os servizos web da Consellería estarán cortados por mantemento do servizo.

 

RECOMENDACIÓN: Se aínda non tes a aplicación Abalar instalada, recoméndase o seu uso. Recibirás avisos ao momento no móbil. Podes instalala en Google Play e App Store. Actualmente úsano o 62% das familias do Leiras.

Distribuir contido


by Dr. Radut