Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Galego para boomers

A iniciativa do dicionario galego para boomers, que partiu de Noemí co alumnado de 1º ESO, e ao que se sumou 4º e 1ºBAC con Inma e Belén,  estao petando nas redes e demais medios de comunicación.

 

Entrevista en Onda Cero: Gravación da entrevista

Noticia na Voz de Galicia: Ligazón ao xornal

Páxina de Insta do proxecto: https://www.instagram.com/galegoparaboomers/

11 de febreiro - Día Internacional da Muller na Ciencia

Premios Centenario Miguel Delibes

Alumnas premiadas no concurso literario convocado pola Biblioleiras "CENTENARIO de MIGUEL DELIBES" (1920-2020).
A participación foi alta, pero as alumnas que acadaron o 1⁰ premio en cada categoría, por unanimidade, foron:

  • Ariadna Arcas Méndez (2⁰E), no nivel de 1⁰ ciclo da ESO, co seu relato El camino
  • Rosalía Bernárdez Riopedre (3⁰A), no nivel de 2⁰ciclo da ESO e BAC, co seu relato Delibes descansa

Parabéns ás dúas!

Proba de fotografía en Imaxe e Son

Pulsa na foto para tela en calidade máxima

Si me voy

Bo Nadal

Videoconferencia no Leiras

O xoves día 12 de novembro contactamos con Gloria González dende Italia, e o luns 16 de novembro con Iria González-Dopeso dende Francia.

Ciencia no Leiras

O xoves día 12 de novembro e o luns 16 de novembro, desde a materia de Aprendendo a facer Ciencia e Cultura Científica de 1º BAC, teremos a oportunidade de contactar con Gloria González Fortes e Iria González-Dopeso Reyes, dúas científicas que nos achegarán a súa carreira investigadora desde Italia e Francia, respectivamente.

   Gloria González naceu en Pontevedra, é xenetista, traballa na Universidade de Ferrara, como investigadora e profesora de xenética. Ocúpase da análise xenética de restos antigos, paleontolóxicos (por exemplo, do oso das cavernas, como especie extinta) e arqueolóxicos (restos humanos antigos, desde 37000 a 9000 anos de antigüidade, pero tamén algúns máis recentes, como os de Ricardo III, duns 500 anos).Perfil investigador:
https://www.researchgate.net/profile/Gloria_Fortes
Prehistoria:
https://elpais.com/espana/galicia/2020-08-29/la-primera-mujer-del-mesolitico-estudiada-en-espana-era-de-piel-negra.html
Ricardo III:
https://www.bbc.com/news/uk-england-leicestershire-21063882
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2015/07/19/genetista-pontevedresa-identifico-polemicos-restos-rey-ricardo-iii/0003_201507P19C2991.htm
Oso das cavernas:
https://www.nature.com/articles/536376b
https://www.gciencia.com/ciencia/os-osos-cavernarios-eran-fieis-ao-seu-fogar-natal
   Iria González-Dopeso naceu en Santiago de Compostela, aínda que se criou en Lugo principalmente, ata que comezou a estudar na Universidade cando se tivo que marchar. A súa especialidade é a Bioloxia Celular, Histoloxía e Neuroanatomía e a súa tese realizouna sobre o Sistema Nervioso, o que a conectou á Neurociencia ata a día de hoxe. Actualmente está no Instituto de Xenética Molecular de Montpellier en Francia, e nun laboratorio de viroloxía. Alí investiga sobre como mellorar os vectores virais para aplicar a terapia xénica a curar doenzas no cerebro.

https://orcid.org/0000-0003-1866-6305

 

 

Actuación en caso de contacto COVID

Cando recibimos noticia de que un alumno é positivo por COVID, faráselle a proba PCR aos seus contactos (profes e compañeiros).

En primeiro lugar recibirán unha chamada de aviso do SERGAS para concertar cita e facer a proba PCR.

Dende que reciban a chamada e ata que o resultado sexa positivo ou negativo, nós non temos potestade para decidir se deben quedar en casa ou acudir ao instituto. Esta orde ten que vir de Sanidade. Podedes preguntar directamente cando recibades a chamada, ou ben chamar ao centro de saúde da Milagrosa.

Titorías curso 2020-2021

Distribuir contido


by Dr. Radut