Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, Actividades

II Xornada de Formación: Experiencia dunha Aula da Convivencia

O día 20 de maio de 2009 celebramos unha segunda xornada de formación de profesorado  relacionada coa convivencia. Para esta ocasión contamos como relatora coa orientadora do IES Pintor Colmeiro de Silleda, Rosa Andrade Expósito. A disertación versou sobre a experiencia levada a cabo no IES silledense na implantación e funcionamento da Aula da Convivencia.

Xornada de Formación do Profesorado: A mellora da convivencia escolar: mediación e resolución de conflitos.

O día 16 de abril de 2009 acudiron ao IES Laxeiro as profesoras Ana Ulloa e Esther Vila do IES Chamoso Lamas d'O Carballiño para falarlles aos profesores, nunha xornada de formación, sobre a experiencia que levan a cabo no seu centro relacionada coa resolución de conflitos e a mediación escolar. Igualmente trataron sobre como afrontar a disrupción na aula.

A xornada foi seguida por unha estimable representación de profesores do noso instituto.

Talleres Igualdade de xénero para profesorado

O día 6 de Maio celebrouse un Taller de Igualdade de xénero para profesorado. A encargada de impartilo foi Susi Payo, psicopedagoga da Oficina da Igualdade do Concello de Lalín.

Tratáronse distintos aspectos deste tema: linguaxe sexista, a utilización da muller na publicidade, os estereotipos, etc...Foi unha boa ocasión para reflexionar sobre este problema social e concienciarnos  acerca das verdadeiras dimensións do mesmo.

O taller rematou cun conto que vos animo a que leades: "La cenicienta que no quería comer perdices" http://api.ning.com/files/VMLtmyUm8WSPMgnUHaZA7d-DRkDSWmRTX2wAtLmFStXzHk7rtae*blgPiBjsM-FE2gGZMVjCV9erEhv6OVLBhkQGj1a*-QWT/nuestro_cuento.pdf

 

Rematado outro traballo Audiovisual

Recén acabada a producción dunha curtametraxe, xa é anunciada na prensa local.

recollida de La VOZ de GAlicia

Un grupo de alumnado do Laxeiro presentará a pelicula curta "Corazón de tres",
que presentaron ao concurso do Sergas sobre transplantes de órganos.
Dentro dun mes saberase o veredicto, pero o resultado xa foi aprender
algo máis sobre este complexo e marabilloso mundo.

O pequeno
grupo de xente que xa se animaran a participar (e gañar) o concurso
audiovisual Infofala, segue con gañas de inventar e contar historias.

É
un xeito fantástico de desenrolar talentos que quedarían agochados. É
uhn xeito de amosar que no Instituto tamén se aprenden cousas sen pasar
polo exame.

 

Desexámoslle grandes éxitos, e que sigan a amosarnos os seus traballiños.

 

 

Participación no Correlingua 2009

O xoves 14 de maio 44 alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do IES Laxeiro participan na edición do Correlingua 2009 que se celebra na Estrada.

Talleres Igualdade de xénero

O xoves 16 de Abril do 2009 a Psicopedagoga da Oficina de Igualdade do Concello de Lalín impartiu un taller sobre Igualdade de Xénero ós alumnos/as de 2º curso da ESO.  O taller xirou, fundamentalmente, en torno os estereotipos do xénero feminino e masculino, sobre a falta de igualdade de oportunidades á hora de acceder a un posto de traballo, a utilización da muller na publicidade, a linguaxe sexista etc...

 

lexislación

LOE (lei orgánica de educación) no artigo 126.2.,relativo á composición do Consello Escolar, establece que : "unha vez constituido o consello escolar do centro, designará unha persoa que impulse medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres".

No título preliminar da devandita lei establécese, así mesmo, que a actividade educativa desenvolverase atendendo ós seguintes puntos: Punto c) Efectiva igualdade de dereitos entre os sexos, rexeitamento a todo tipo de discriminación e o respecto a todas as culturas". http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

1º PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOGS 2009 PARA O BLOG DO CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO INDUSTRIAL

O Blog do Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial foi premiado III Premio Espiral Edublogs 09,
como
na categoría de Blogs de Aula - FP y Ciclos.

Este premio é organizado pola Asociación Espiral, Educación y
Tecnología
, que este ano celebra a súa terceira edición.

O vindeiro 6 de xuño farase a entrega dos premios en Caixa Fórum de Madrid.

Nestes premios valóranse os recursos ofrecidos,
ferramentas web2.0, actividades, referencias así como outras innovacións.

Este blog premiado mostra información relativa ó
mantemento industrial, as enerxías renovables, automatismos. Tamén mostra as
novas actualizadas da comarca do Deza, ofertas de emprego actualizadas para os
profesionais do mantemento industrial. Tamén podemos coñecer a predición do
tempo para ós próximos días. Podemos coñecer as instalación dos talleres de
mecanizado, electricidade e automatismo.

Blog de Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial

Blog creado no noso centro. Destinado ó Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial.

Neste blog poderás videos das instalacións do IES Laxeiro, ofertas de emprego, traballos feitos polos alumnos, información de automatismos, enerxía eólica, ...

Este blog está de noraboa. Na III edición do Premio Espiral, de Blogs educativos que se está ha celebrar, este é finalista na categoría de Blog de aula - FP y Ciclos.

Introdución á Aula Virtual do Centro

O martes día 28 de abril ás 16:00 horas terá lugar unha xornada de introdución ao funcionamento da Aula Virtual do Centro dirixida ao profesorado.

A razón de convocar esta xornada é mostrarlle ao profeorado tódalas posibilidades que ofrece a Aula Virtual como plataforma de organización do curso e de traballo durante o mesmo, así como animalos a que empecen a empregala de forma regular.

A sesión durará aproximadamente dúas horas e media e será case na súa totalidade práctica. Ensinarase, entre outras cousas,  como crear cursos, matricular alumnado, subir material (arquivos de texto e imaxes, vídeos, arquivos de son, etc.), poñer ligazóns a páxinas web, realizar actividades en liña, cuestionarios, actividades de avaliación, etc.

Distribuir contido