Escolares

Charla de difusión da visita ao Jynkänlahden koulu (Kuopio, Finlandia)

O alumnado participante na cuarta actividade de ensino, aprendizaxe e formación do proxecto Tunnel of Time difunden a súa experiencia entre as e os compañeiras/os.

 

 difusion_Kuopio

Xornada de ráfting no IES Laxeiro

Na solleira mañanciña deste venres 31 de maio mozas e mozos de 1º de bacharelato, con algunha intrépida alumna de 4º de ESO, descenderon un tramo do río Ulla a bordo de tres balsas neumáticas, completando unha fantástica experiencia de ráfting. O Ulla, un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia, e grazas ás temperaturas destes días, convidaba a mollarse e así foi, non só polas salpicaduras se non tamén polos chapuzóns (algúns adrede e outros non tanto). O bo facer dos profesionais de Arrepions contribuiu ao éxito desta xornada de ráfting desenvolta na zona de Herbón.

Velaquí unhas instantáneas dos mellores momentos.

 grupo rafting 

 Para ver todas as fotos, clica aquí ou en calquera das dúas fotos anteriores e entra usando a túa conta de correo do IES Laxeiro (@ieslaxeiro.com).

Participación do IES Laxeiro no encontro internacional en Kuopio (Finlandia)

O IES Laxeiro participa, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, nun encontro internacional na cidade finesa de Kuopio xunto con delegacións do centro escolar Şehit Mehmet Şengül Ortaokulu, sito na cidade turca de Tekirdağ, do Collège Marthe Dupeyron, da vila francesa de Langogne e os seus correspondentes do Jynkänlahden koulu na cidade nórdica. Un total de 20 estudantes, 6 deles lalinenses de 4º de ESO, son acollidos por outras tantas familias de Kuopio, mergullándose deste xeito na vida local de modo completo e mesmo na escolar pois participan de boa parte das súas actividades, xa derradeiras ao remataren o curso escolar no mes de maio.



Na recta final do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time

A piques de marchar para Kuopio, onde terá lugar a derradeira xuntanza entre os socios, enfiamos o tramo final do proxecto Eramus+ bianal Tunnel of Time. Aquí deixamos unha sinopse do fixemos máis algo do que pasou no noso instituto nestes dous anos:

 

 

Deporte escolar: campionato de bádminton n'A Estrada

Este martes 14 de maio celebrouse n'A Estrada a fase zonal da modalidade de Bádminton, correspondente as competicións do programa Deporte Escolar, organizada pola Xunta de Galicia. Alumnado de Silleda, A Estrada, Moraña e Lalín participaron nas categorías infantil e cadete masculino e feminino. 22 alumnas e alumnos do IES Laxeiro acudiron acompañados polo profesorado de EF, gozando dunha xornada deportiva con moi bo ambiente, na que fixeron labores de arbitraxe e de competidores. Parabens a todos e todas polo voso esforzo e comportamento.

badminton 2019 A Estrada

Visita do centro londiniense Vicente Cañada Blanch

O pasado venres 10 de maio o IES Laxeiro recibiu a visita de tres docentes e 28 estudantes de galego do IE Cañada Blanch de Londres que percorreron Galicia en viaxe de estudos. Son algo máis dun terzo dos 75 alumnos e alumnas que estudan o galego no centro educativo londiniense grazas ao convenio asinado, no ano 1991, entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura e Turismo, e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Ao igual que en anos anteriores, os alumnos e alumnas que estudan o galego no IE Cañada Blanch de Londres, da man da profesora Begoña González, chegaron á nosa comunidade para realizar a que denominan Viaxe da lingua, unha actividade que ten o obxectivo de perfeccionar o idioma propio de Galicia e a súa cultura.
Con este fin participaron nunha xornada de intercambio lingüístico e cultural co alumando das seccións bilingües de 3º de ESO do Laxeiro. O programa incluíu unha visita ao Castro Tecnolóxico e casa do concello, da man da concelleira de cultura Lara Peña, e a recepción por parte do alcalde Rafael Cuiñada vila pontevedresa; coñeceron ademais Castrodeza (Centro de interpretación da cultura castrexa), o Museo Etnográfico Casa do Patrón e participaron nun obradoiro de elaboración de pan. O día rematou nas Termas de Outariz, en Ourense.
Nesta viaxe da lingua coñeceron a praia das Catedrais, a cidade de Lugo coa súa muralla romana, a casa de Rosalía de Castro en Padrón e A Coruña, onde visitaron a Domus. O completo programa de actividades dos estudantes do centro londiniense complementouse co percorrido pola capital de Galicia onde tiveron a oportunidade de asistir a un partido do equipo de baloncesto Obradoiro e gozar da gastronomía galega.

Blog Galego en Londres
Facebook Galego en Londres

   visita IE Cañada 

Alberto Garrido diserta no IES Laxeiro sobre os perigos da dopaxe

O pasado venres 22 tivemos a oportunidade de escoitar a experiencia vital dun exculturista, Alberto Garrido, ferrolán de 44 anos que tivo a valentía de dar a coñecer, de primeira man, cales son as consecuencias do consumo de sustancias prohibidas e perigosas,  co fin de mellorar o rendemento ou, como no seu caso, acadar un corpo acorde as esixencias do modelo de competición da súa disciplina.
Alberto deixou claro que todo adolescente que se inicie nunha sala de musculación e lle guste unha disciplina como o culturismo, debe ter moi presente que o consumo deste tipo de sustancias ten un efecto devastador no organismo, como el mesmo puido comprobar.
A saúde debe estar por riba de calquera afán competitivo e a loita contra o dopaxe debería estar moito máis presente nesta disciplina, pois segundo as palabras de Alberto, practicamente o 100% dos e das culturistas que acoden a competicións de certo nivel, o fan sen pasar controis de dopaxe e coa sombra da sospeita enriba deles.

Entrevista no Faro de Vigo

 

albertogarrido

 


 

Plan Programa Alerta Escolar

1442856164310_860_1000_U_74d4fbce1979ff83995a5dd5d558732b.jpg

¿Qué é?

É un programa posto en marcha dende o 2007-08 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.

 

Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico queconte con coñecementos do alumnado con esta problemática.

 

 

¿A quen afecta?

A alumnado que presente:

-alerxias         -epilepsia -diabetes

Dado que no centro  existen estas patoloxías, informamos ao conxunto da comunidade educativa e especialmente ás familias, para que coñezan o programa e o soliciten, se o desexan.

 

¿Cómo inscribirse?

1.-Aportar informe médico co diagnóstico e recomendacións asistenciais.

2.-Cubrir o formulario de Alerta Escolar coa declaración de conformidade de rexistro dos datos  do menor.

3.-O centro tramitará o expediente con Urxencias Sanitarias 061.

¿Cómo procede o 061?

1.-Contacta co centro para confirmar o rexistro do menor.

2.-No caso de que o menor precise algunha especialidade farmaceútica (adrenalina, prednisona….), deberá ser aportada pola familia co nome do alumno/a rotulado e renovala cada curso.

3.-No caso de emerxencia, crise… o centro contactará co 061, facilitará o estado do menor e o persoal médico fará indicacións de cómo atender a emerxencia ademáis de movilizar o recurso preciso (ambulancia…) e indicar canto tardará en chegar ao centro.

 

alerta escolar.jpg

 

Este documento é informativo polo que as familias ou membros da comunidade educativa interesados, deben comunicarse con orientación (886 15 19 45).

Dado que se trata de información sensible (datos médicos de menores), manterase o debido sixilio e confidencialidade dos datos (protocolo de protección de datos en educación).Este documento está incluído no PAT dentro do apartado de ámbitos de actuación: familias e consúltase en http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/ no apartado pais/nais

Difusión da reunión en Langogne - Francia

O alumnado participante na actividade transnacional de aprendizaxe, ensino e aprendizaxe celebrada en Langogne (Francia), no marco do proxecto Tunnel of Time,difundiron o traballo e experiencias vividas no programa ao compañeiros-as de 4º e 1º de ESO. Aproveitamos tamén para dar a coñecer os programas que levamos a cabo en FP.

Difusión Langoge ToT

TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019

Calendario do torneo de bádminton

Image by nwrsdesign on Pixabay

               

Clasificación individuais 1º - 2º ESO

       Grupos

 

Clasificación individuais 3º - 4º ESO_1º BAC

               

Clasificación dobres

Image by nwrsdesign on Pixabay

               

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com


 

Distribuir contido