Taboleiro

PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO: PRIMEIROS PASOS PARA A MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

Este mércores pasado, 25 de maio,contamos coas compañeiras Kety e Begoña do IES Xulián Magariños de Negreira, que se encargan da coordinación de mediación e da orientación neste centro.


Compartiron a súa experiencia tanto na posta en marcha da mediación como na formación, difusión e continuidade do seu proxecto, no que se prima a mellora da convivencia, a autonomía e mellora das competencias sociais do alumnado participante e o fomento do diálogo na resolución de conflitos.

Foi unha pequena introdución para os interesados/as que acudimos: do IES  Laxeiro, do IES Aller, do IES Colmeiro…

Graciñas a Kety, Begoña e aos asistentes.

 

 

Convocadas as axudas para o Fondo Solidario, adquisición de Libros de Texto e material para o curso 2020-2021

Esta convocatoria ten por obxecto regular para o curso 20-21:

a) Participación no Fondo Solidario para os cursos 1º, 2º , 3º e 4º ESO

b) Axudas para adquirir material escolar.

ATENCIÖN.- Para os cursos 1º e 2º no IES Laxeiro tan só se pode pedir axuda para adquirir material escolar, ao ser centro E_DIXGAL.

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro.

A forma de presentación ofrece dúas posibilidades:

a) Presentación no centro mediante a solicitude (Anexo I) e Anexo II que pode imprinir nos arquivos adxuntos

b) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace

     ENLACE SEDE ELECTRÓNICA PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE.

O prazo para a súa presentación remata o 19 de xuño de 2020    

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en
ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese
matriculado no curso 2019/20. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite
a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido,

que será o encargado da súa gravación e tramitación

Devolución do libros de texto 2019-2020

O prazo máximo para devolver os libros de beneficiario será o 7 de xullo de 2020

O alumnado de materias pendentes para setembro terán como prazo o 7 de setembro

A devolución dos libros é condición indispensable para ser beneficiario no seguinte curso.

A entrega dos libros do Fondo Solidario será a partires do 16 de setembro e ata o 26 do mesmo mes,cando estean publicadas as listas definitivas de adxudicación.

Para máis información consultar no Portal da Xunta , na aplicación FONDOLIBROS ,na secretaría do centro e nos seguintes arquivos:

1.- Impreso de solicitude via presencial

2.- Documento explicativo

3.- Orde de convocatoria

4.- Manual do cidadán. Fondolibros

5.- Devolución 3º e 4º ESO 19-20 ( Consultar listado en secretaría do centro)

 

AVISO:

Desde mañá , día 15 de xullo, xa están á dispor dos interesados/as os vales de material para o curso 20/21. Poden recollelos na secretaría do centro en horario . de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00h. Para alumnado promocionado en xuño e que xa está matriculado.

Comunícase que a publicación das listaxes definitivas de adquisición de libros de texto para o curso 20/21 en secundaria será o 16 de setembro de 2020 de acordo co artigo 19º da Orde do 12 de maio de 2020(DOG do 19 de maio)

 A partires de hoxe, día 18 de setembro de 2020,están xa disponibles os vales para a entrega de libros do alumnado de 3º e 4º ESO que os solicitaron a través de Fondolibros.

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2016.

Prazo aberto do 29 de marzo ata o 28 de abril (ambos incluídos).

Aquí podedes consultar:

a) Orde da Convocatoria

b) Extracto da convocatoria

c) Cartel anunciador

d) Impreso da Solicitude

e) Guía para cubrir a solicitude

Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle e nas oficinas do centro.

 

Entrega de Premios Extraordinarios da ESO

PremiosExtraordinarios2016

O venres 4 de marzo tivo lugar a entrega dos premios extraordinarios da ESO correspondentes ao alumnado que rematou no 2014-15 a ESO.

O noso centro conta con 2 alumnas premiadas: Sonia Varela García e Meryem Zerguit.

A ceremonia tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, onde outros 38 alumnos/as de toda Galicia, recolleron os diplomas de mans de diversas autoridades: o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, o conselleiro de educación Román Rodríguez González, do director xeral de educación Manuel Corredoira López e do director do noso centro Uxío Grande Sierra.

Estas alumnas forman parte dun listado de anteriores alumnos/as do noso centro, que tamén foron premiados:

Curso 2009-10: José Luis Peña

Curso 2010-11: Aurora Peña e Xiana Rielo

Curso 2011-12: Sandra Rodríguez

Curso 2012-13: Mª José Sanmartín, Mª José González, Rubén Carballude e Andrés Machado

Curso 2013-14: Jesús Angel Taín

Para tod@s un agarimoso saúdo.

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

[01/02/2016] O día 1 de febreiro comeza o plazo para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Do 1 ao 15 de febreiro será o prazo para as reservas internas e de centros adscritos e do 1 ao 29 de marzo será o prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito.

En breve se publicará neste mesmo canle informativo o calendario de todo o proceso de admisión.

Información e documentación:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Anexo I: Reserva de praza interna (galego)

Anexo II: Formularios de admisión (galego)

 

 

Convocatoria de probas libres da ESO para maiores de 18 anos

A Consellaría de Educación, Cultura e O.U. ven ce convocar a proba de obtención da ESO  para maiores de 18 anos.

Períodos de inscricción:     1ª convocatoria: do 7 ao 18 de marzo

                                             2ª convocatoria: do 1 ao 8 de xullo

Datas da proba:                   1ª convocatoria: 27 de maio

                                              2ª convocatoria: 8 de setembro

Lugar: Nos que aparecen na Resolución da convocatoria( DOG do 28 de xaneiro)

Máis información no portal da xunta www.edu.xunta.es e na propia convocatoria do DOGA (Resolución DOG Xoves, 28 de Xaneiro de 2016)

Podedes descargar o impreso de solicitude Aquí 

 

Convocatoria de probas de bacharelato para maiores de 20 anos

A Consellaría de Educación, Cultura e O.U. ven ce convocar a proba de obtención de bacharelato para maiores de 20 anos.

Período de inscricción: do 18 de febreiro ao 3 de marzo

Data da proba: 22 de abril

Lugar: IES San Clemente de Santiago de Compostela

Máis información no portal da xunta www.edu.xunta.es e na propia convocatoria do DOGA (Resolución DOG Xoves, 28 de Xaneiro de 2016)

Podedes descargar o impreso de solicitude Aquì 

 

 

Plan de Consumo de Froita no Laxeiro

 

O noso Instituto participa no Plan de Consumo de Froita promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo galego  de Garantía Agraria) e a Unión Europea.

Ao longo deste curso temos concedidos 4 períodos de reparto de froita durante os recreos para o noso alumnado.   O primeiro período de reparto comezou o 30 de novembro e desenvolveuse ao longo de 10 días.

 

Os seguintes períodos terán lugar a partir do:

    -   15 de Febreiro

     -    4 de Abril

    -   6 de Xuño

 

Comendo froita e facendo exercicio físico a nosa saúde agradecerao.

O número 3787 leva a fantástica Cesta de Nadal que sorteaban os alumnos de 4º ESO

O/A Posuidora/a da papeleta premiada xa pasou a recoller a fantástica Cesta de Nadal con excelentes produtos que sorteaban os alumnos de 4º ESO.

O número Premiado foi o:        3787

A rifa foi vendida pola alumna de 4º ESO Ángela Barrio e xa atopamos ao gañador.

Resultado do sorteo 3787

 

 

NORABOA!!

 

Recordamos que o obxetivo das rifas era e é en PRO-VIAXE de Fin de Curso do alumnado de 4ºESO do IES Laxeiro.

Un ano máis, contra a Violencia de Xénero

Neste 25 de novembro puxémoslle nome a todas as vítimas do ano 2015. Unha flor violeta e unha folla individualizada simbolizaron a dor dos 48 asasinatos que ata este momento estaban oficialmente contabilizados. O alumnado de 4º de ESO A e PDC rodeou este acto simbólico con poemas, e declaracións de intencións. De fronte, o silencio dun público respectuoso sabedor da importancia que a nosa homenaxe particular tiña.

O alumnado do Club de lectura puxo o seu gran de area interpretando unha performance nun acto que o Concello de Lalín organizou para toda a veciñanza, e no que participaron todos os Centros do Concello.

 

Na galería de imaxes tedes as fotos dese día, no que tamén, coa axuda do alumnado de 1º ESO A, plantamos primaveras en recordo a todas as vítimas.

Asemade, queremos dar os parabéns ás alumnas María, Nerea, Aitana e aos alumnos Jorge e Anxo por seren os gañadores do Concurso de Twitter que organizou o Concello de Lalín. Aquí podedes ver, no arquivo adxunto, os chíos que mereceron ser premiados.

Finalistas do IV Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2015

Aquí tendes un vídeo elaborado no propio centro:

Distribuir contido