Presentación de Unidos por el Flow

O martes 10 de marzo, ás 11,45 horas, no Salon de Actos do IES Laxeiro, Xaime López "Chispón" (ex-alumno do Laxeiro) presentará o proxecto Unidos por el Flow.

 

 

Unidos por el Flow é un proxecto no que se xuntaron mozos e mozas de diversas orixes que vivian nun barrio cosmopolita de Barcelona para grabar un disco, facer teatro e aprender produción musical e compartir, convivir, emocionar...

Unha experiencia social innovadora, unha actuación educativa venerable, unha oportunidade para os mozos que souberon aproveitar.