Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades na biblioteca

Día da Biblioteca 2018

 Celebración do Día da Biblioteca - 2018

 Este ano imos celebrar o Día da Biblioteca dun modo especial grazas ao traballo e as ideas do alumnado de ITI de 1º, con colaboración do de 2º desa materia e de profesorado dalgunhas das materias. Iremos revelando aquí ao longo da semana as nosas actividades. 

Formación de usuarios

Como cada ano, e aproveitando que o mes de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares, faremos unha sesión de presentación da nosa biblioteca especialmente ao alumnado de 1º, e de formación de usuarios para todos os grupos, aproveitando as titorías. Este será o noso calendario de este ano:

 

Mergullámonos na biblioteca           

 

     Actividade de formación de usuarios    Curso 2018-19

 

 

Library2017.jpg

Horas

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:40-9:30
 
 
 
 
 
9:30-10:20
29 outubro
Titoría 4º 
 
 
 
 
10:20-11:10
 
 
 
Renée
 
11:10-11:40
Renée
Renée
Mariluz Mariluz
Renée
11:40-12:30
 
 
 
 
 
12:30-13:20
 
 
 Renée
 
 
13:20-14:10
29 outubro
Titoría 2ºA
23 outubro
Titoría 1º A 
 
 
26 outubro
Titoría 3º 

 

 

 

María Victoria Moreno nas Letras Galegas

María Victoria Moreno (pop art).pngEste ano, as Letras Galegas recordan e celebran a figura de María Victoria Moreno, galega de adopción e gran autora da narrativa infantil e xuvenil. Velaquí un tríptico sobre ela elaborado pola profesora de LG e coordinadora do EDLG.

Esta é unha ocasión para achegarse á vida desta muller, a cuarta en ver recoñecido o seu labor pola difusión da cultura na nosa lingua, e coñecer máis de cerca non só a súa historia, senón tamén oseus libros!

Anagnórise 

Elexías de luz

Guedellas de seda e liño 

Leonardo e os fontaneiros 

 

 

María Victoria Moreno

Ilustración de Dende. CC BY-SA 3.0, Wikimedia Commons

Celebramos o Día do Libro

 II Semana do Libro na nosa Biblioteca

 

 

23-27 Abril 2018

 

 

Argallando coa lectura : unha mensaxe

Resultado de imaxes para Deixe a súa mensaxe despois do sinalDende o equipo de Biblioteca, poñemos voz a un fragmento do libro de Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Podedes escoitalo aquí

Bundesarchiv B 145 Bild-F079049-0027, Bonn, Kaufhof.jpg

 

Non leas!!!

Texto conmemorativo do Día do libro de Fran Alonso. Tradución feita polo alumnado de 4º de francés do IES Lamas de Castelo.

Resultado de imaxes para caxade SanduicheiraFaust-F2.jpg

Con axuda de alumnado voluntario de 1º ESO, fixemos unha gravación do texto, que montamos con música de fondo de Caxade (voces: Gabriel, Irene, Manuel e Oliva; canción: Sanduicheira), quen moi amablemente nos autorizou para o seu uso. Dende aquí o noso agradecemento.

 

 

 

Durante toda a semana estaremos a realizar actividades dentro e fóra da biblioteca: exposición de materiais, charlas/ lecturas informais, presentacións de diapoitivas, apadriñamentos lectores, concursos... Sede os benvidos!

... E ti, para que les?

 

  • Eu leo para desconectarme do traballo diario,

  • eu, para saber máis,

  • para divertirme!,

  • eu, para medrar,

  • eu leo para facer amigos,

  • e eu, para estar á última!,

  • leo porque me dá a ghana,

  • pois eu, leo porque quero e me gusta... e punto!!

 

Velaquí o programa completo.

 

I Concurso de adiviñas arredor do mundo do libro e a literatura universal: "Emoticonas+ libros"


Este ano 2018, queremos ir adiantando a celebración da nosa Semana do libro coa convocatoria dun orixinal concurso... Todos e todas estamos moi afeitos a ver e ler mensaxes con emoticonas no móbil, non si? Pois con eles tamén se pode construír frases, e ata parágrafos enteiros! Nós propoñémosvos que adiviñedes uns títulos ben coñecidos nas literaturas galega, española e universal. Velaquí as bases:

 

 

  • Quen pode participar?Todo o alumnado do centro. O concurso consiste en atopar os títulos agochados nas adiviñas en emoticonasque se publicarán na Biblioteca. Participación só individual ou parellas!

  • Bases do concurso: Publicaranse 2 adiviñas por a entre os días 17 e 23 de abril na Biblioteca Escolar. A solución de ambas (título + autor) entregarase por escrito, con nome completo e curso utilizando o modelo que teredes á vosa disposición na propia Biblioteca.

  • Prazo de entrega das solucións:ata o día seguinte da súa publicación, durante os recreos, na Biblioteca.

  • Premios: Concederase un único premio por día, aos acertantes dos 2 títulos. En caso de haber varias respostas correctas, a gañadora será a primeira por estrita orde de recepción.O premio(sorpresa) consistirá en material escolar. A entrega farasedurante a Semana do libro.

  • Xurado: Equipo de Biblioteca: a coordinadora (Francés) e a profesora de LG. 

     

 

 

 

Día da Poesía 2018

Día da Poesía: Día de Rosalía

Rosalia.jpgConvidámosvos a celebrar unha nova edición do noso “Día da Poesía”, que vai pola súa VIII edición no noso centro. Nesta celebración (iniciativa conxunta da profesora de LG, Mariluz Barreiro e o Equipo de Biblioteca no seu día) xuntamos o Día da Poesía co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837.  Como curiosidade, hai que dicir que o Día Mundial da Poesía é o 21 de marzo.

Este ano, organizamos un sinxelo recital no que participará parte do alumnado e algúns profesores voluntarios. Queremos seguir mantendo viva esta iniciativa, e por iso vos convocamos aquí, profesorado e alumnado, para ler e escoitar poemas e versos de Rosalía, ou os vosos poemas favoritos. Tamén en varias linguas: galego, castelán e francés.

 

Este recital ocupará a 5ª hora. Velaquí o programa:

RECITAN

Presentación xeral

Mariluz, Renée

Maribel: Lectura de Lieders

1º bloque:

Marcos Caamaño: “Quíxente tanto meniña” de Cantares gallegos (1863)

María Trillo: “Nasín cando as prantas nasen” de Cantares gallegos

2º bloque: alumnado de 2º

Mariluz (presenta)

Alumnado de 2ºB e A, na orde establecida por Mariluz: “Non che digo nada. Pero… vaia!”de Cantares gallegos

3º bloque: alumnas de 3º 

Ainhoa Dosil: “Follas novas” de Follas novas

Lucía Carballo: “Sin niño” de Follas novas

Rebeca Lema: “Ladraban contra min, que camiñaba” de Follas novas

Alba Louro e María Sendón: “Estranxeira na súa patria” de Follas novas

4º bloque: de amores

Xurxo París: “Bos amores” de Follas novas

Lucas Carballo: “Amores cativos” de Follas novas

Alumnado de FR de 4º: Pablo, Zaira, Jesús, Irimia e Uxía - “Mix” de versos rosalianos

5º bloque:

Juan Cancela: “Negra sombra”, de Follas novas

Mariluz: “Dende aquí vexo un camiño”, de Follas novas

Alumnado de 1ºA, na orde establecida por Mariluz: “As de cantar que ch’ei de dar zonchos…” de Cantares gallegos

Oliva Marcote: “Te deseo Tiempo”, de Elli Michler

6º bloque:

Roserose.JPG

Nerea Freire: "Fuera como fuese” e “Promesas” de Blon

Renée (en nome de Norma): “Hora tras hora, día tras día...” de Cantares gallegos

Elda: Airiños, airiños aires                                           FINAL DO ACTO

 

 

 

Novembro : mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 Ciencia... en galego
Resultado de imaxes para logo mes da ciencia galego bibliotecas

En novembro, dedicamos o mes á ciencia en galego? na nosa Biblioteca do Lamas de Castelo. As nosas grellas de novidades e exposición transformáronse en escaparates de todo o material que temos sobre a ciencia. Tamén estamos a facer unha maratón de catalogación dos fondos relacionados coa ciencia (seccións dende o 50 ata o 698 da CDU), moitos deles sen catalogar até o de agora.

 Porén... temos que dicir que moito material en galego non hai. A edición en castelán segue sendo a maioritaria (e nin que dicir ten, se un quere meterse en investigación científica, seguro que o seu material de consulta non estará en galego nin en castelán).

 

De todos os xeitos, temos moitos libros, vellos e novos que son moi interesantes para ler sobre a ciencia, e moitos deles con curiosidades dende as máis coñecidas ás máis estrafalarias e sorprendentes.

Ligazóns de interese
1- páxina das bibliotecas escolares sobre o tema: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1030
2- tríptico informativo: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/mes%20da%20ciencia%20en%20galego%20nas%20bibliotecas.pdf
3- Recompilación de materias sobre ciencia en galego (da Xunta): http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.php
4- Selección de materiais sobre ciencia en galego, para as bibliotecas: https://www.pinterest.es/bescolaresgal/ciencia-en-galego-nas-bibliotecas-libros-informati/

Boa lectura!

 

Formación de usuarios 2017-18: mergullámonos na biblioteca!

Como cada ano, e aproveitando que o mes de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares, faremos unha sesión de presentación da nosa biblioteca especialmente ao alumnado de 1º, e de formación de usuarios para todos os grupos, aproveitando as titorías. Este será o noso calendario de este ano:

mergullámonos na biblioteca           

 

     Actividade de formación de usuarios    Curso 2017-18

 

Horas

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:40-9:30
 
 
 
 
 
9:30-10:20
 
 
 
 
 
10:20-11:10
 
Mariluz
 
Renée
 
11:10-11:40
Renée
Mariluz
Renée
Renée
Mariluz
11:40-12:30
23 outubro
Titoría 2º A
 
Renée
 
 
12:30-13:20
 
 
 
26 outubro
Titoría 1º
20 outubro
Titoría 4º
13:20-14:10
23 outubro
Titoría 3º
 
25 outubro
Titoría 2ºB
 
 

 

 

Fin de curso: resumo de actividades 2016-17

O curso 2016-17 xa rematou, pero non quixeramos despedilo sen deixarvos un resumo visual das actividades levadas a cabo na Biblioteca (dentro ou fóra dela), organizadas polas profesoras do equipo desta Biblioteca Escolar. Agradecemos dende aquí todas as colaboracións, de profesorado e sobre todo de alumnado que participastes nelas.

Velaquí a nosa MEMORIA DE ACTIVIDADES

 

Día da Poesía 2017

 

Celebramos o Día da poesía

Hoxe queremos convidarvos a celebrar esta nova edición do noso “Día da Poesía”, que xa vai pola súa VII edición no noso centro. Recordamos que a celebración deste día foi unha iniciativa conxunta da profesora de LG,Mariluz Barreiro e o Equipo de Biblioteca. Queremos seguir mantendo viva esta iniciativa, e por iso vos convocamos aquí, profesorado e alumnado, para ler e escoitar poemas e versos de moi diversas correntes, épocas e estilos. E como non, en varias linguas: galego, castelán, portugués, inglés e francés.

Este recital ocupará a 3ª hora, ata o recreo. Velaquí o programa:

 

PRESENTACIÓN da celebración

1º bloque: poesía en castelán e galego

En nome de Marisé: La amistad

Alumnado de 1º A: Paula, Andrea e Saray: Canción del estornudo.

Belén: Palabras para Julia

Alumnado de 1ºB: Lúa (Bécquer), Agustín (Carlos Casares); Lois (Manuel Antonio); Eva  (Novoneyra).

2º bloque: especial Rosalía

Presentación breve (Bibliotecarios)

Xoel 1ºA- Quíxente tanto, meniña;

Samuel 3ºA- Queridiña dos meus ollos; Gabriel e Brais (3ºA)- Tembra un neno no húmido pórtico.

Natalia: Tecín soia a miña tea

3º bloque: poemas en portugués e galego

Juan Iago:

Xohan: Mulleres de Juárez, de Lino Braxe

En nome de Mariluz: Declaração de amor, de Carlos Drumond de Andrade

Dpto. Orientación: Mª José e Maribel

4º bloque: poesía galega

Alumnado de 2º: Lucas, Francisco  e Xurxo

Alumnado de 4º: Maruxa, Lara Senande, Alba, Miguel S., Raúl e Nerea

5º bloque: en francés/ galego

Renée

Alumnado de francés de 2º e 3º.

6º bloque: poesía e ciencia

José Carlos

Xosé (en inglés) + tradución (español)

Elda

Final do acto

 

 

Concurso de adiviñas na Biblioteca Escolar

En xaneiro e febreiro...

 

Gran concurso de adiviñas!

SURPRISE.jpg

Presentamos na nosa Biblioteca Escolar do Lamas o I Concurso de Adiviñas

xa rematou este concurso, celebrado todas as semanas na Biblioteca (puntualmente os martes e xoves), dende o 17 de xaneiro  ata o 23 de febreiro.  Velaquí as bases para quen queirades recordalas.

  • Participou sobre todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. O concurso consistiu en atopar a solución correcta (pensando ou buscando a información) das adiviñas que se publicaron na Biblioteca.
  • Premios: a entrega de premios para todos os gañadores será este mércores, 8 de marzo, no recreo e na propia Biblioteca. Concederase un único premio por adiviña e día. En caso de haber varias respostas correctas, a gañadora será a primeira por estrita orde de recepción. O premio (sorpresa) consistirá en material escolar.

  • Xurado: estivo composto polo Equipo de Biblioteca: a coordinadora e profesora de L. Francesa e o profesor de LG.

 E xa rematamos!

Primeira adiviña: martes, 17 de xaneiro de 2017. ANUNCIO: o gañador desta adiviña foi (por aproximación á resposta correcta) Xurxo, de 2º. Parabéns!

Segunda adiviña: xoves, 19 de xaneiro de 2017. (Queda deserto por falta de participación)

Terceira adiviña: martes, 24 de xaneiro de 2017. (Queda deserto por falta de participación)

Cuarta adiviña: xoves, 26 de xaneiro de 2017. Gañadoras: Rebeca, Lucía, María S. e María T. e Alba L., de 2º. Como participan en grupo, o seu premio ten que ser lixeiramente diferente ao do resto... Sorpresa!

Quinta adiviña: martes, 31 de xaneiro de 2017. Xa temos gañador: Leonardo Caamaño, de 1ºA. Parabéns!

Sexta adiviña: xoves, 2 de febreiro de 2017. Gañador: Xurxo, de 2º. Parabéns!

Sétima adiviña: martes, 7 de febreiro de 2017. Gañadoras: participando en grupo, María T., María S., Rebeca e Alba de 2º, con axuda de Lúa de 1º. Parabéns!

Oitava adiviña: xoves, 9 de febreiro de 2017. Houbo moita participación (7 respostas). Porén, a resposta correcta era "a pataca". Se ben ninguén acertou con ela, decidimos conceder o premio á resposta máis acaída por lóxica. Leva o premio Ainhoa, de 2º. Parabéns!

Novena adiviña: martes, 14 de febreiro de 2017. Temos gañadoras: María T. e María S.,de 2º. Parabéns!

Novena adiviña: xoves, 16 de febreiro de 2017. Os gañadores foron tamén os primeiros en dar a súa resposta; parabéns Antía F. de 2º e Chema, de 1ºA!

Décima adiviña: martes, 21 de febreiro de 2017. A gañadora, finalmente foi María T., de 2ºA. Noraboa!

11ª e derradeira adiviña: xoves, 23 de febreiro de 2017. O gañador foi en realidade o terceiro en dar a súa resposta: parabéns Marcos, de 2ºA!

Celebramos o 25 de novembro

Únete á nosa "marea laranxa"!!

Para este 25 de novembro, estamos pasando esta mensaxe, animando a todas e todos a vir con roupa desa cor...

Haberá unha sorpresa para todos os que participen!

Logo de la campaña

Por outra banda, este é o resultado dunha das actividades que realizamos dende a Biblioteca en relación con este día.

Charlas e actividades con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

 O Departamento de Orientación organiza coa colaboración de diversas entidades as seguintes actividades no espazo da nosa Biblioteca Escolar:

  •  Venres, 25 de novembro: Obradoiro de Hip-hop 

Impartido polo polo C.I.M. de Muros. Para: alumnado de 2º e 3º da ESO. Cando: a 1ª hora, de 8:40 a 9:30. Na Biblioteca.

  • Luns, 28 de novembro: "Violencia de xénero. O novo contexto dixital"

En colaboración co Concello de Carnota. Dirixido a todos os grupos, nos seguintes horarios:

1ºESO: de 9:30 a 11:10. Na Biblioteca.

2ºESO: de 16:20 a 18:00. Na aula de 2º.

3º e 4ºESO: de 11:40 a 13:20. Na Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut