Actividades na biblioteca

Clube de lectura 2019-20

Reunión do clube de lectura 

O pasado mércores 11 de marzo, reunímonos na biblioteca varios dos membros do clube de lectura, para comentar as nosas impresións sobre o primeiro libro que se leu, Asi es la vida, Carlotade Gemma Lienas.

Velaquí algunhas fotos da reunión

 Deseño de chapa para o noso primeiro clube de lectura

 O clube de lectura: non son todos os que están, pero si que todos os que están son. 

 Deseño de chapa especial "Eu lin a Gemma Lienas"

 Co profesor encargado do clube de lectura...

 

 

 

 ... comentamos sobre Así es la vida, Carlota.

Pouco sabiamos do que viría despois...Chora

Encontro literario con Gemma Lienas

VisítanoGemma Lienas!

Última hora : debido á rápida expansión do Covid-19, e como medida de contención / prevención de contaxios, a escritora non asistirá ao centro, dentro das medidas tomadas pola súa editorial en relación ás firmas, presentacións, etc. Notificaremos a través desta páxina calquera cambio futuro. Desculpade as molestias.

A escritora catalana Gemma Lienas, autora do Diario violeta de Carlota, entre moitos outros títulos, estará connosco, na nosa biblioteca para falarnos de igualdade, feminismo, e como non, dos seus libros.

 

  • Que libros dela podo coller na biblioteca? E, para "picar" un pouco neles, antes de ler...

El diario violeta de Carlota

El diario rojo de Carlota

El diario azul de Carlota 

El diario amarillo de Carlota

Billete de ida y vuelta

El rastro brillante del caracol

La venganza de los panteras negras

Para os "peques":

El blog de Malika

Para os que son algo "máis maiores":

El hilo invisible

Pornografía y vestidos de novia (artigos)

Rebeldes, ni putas ni sumisas (artigos)

  • Queres saber mais sobre ela? Velaquí algunhas ligazóns interesantes:

https://www.gemmalienas.com/ 

https://www.planetadelibros.com/autor/gemma-lienas/000001509

 

 

Este encontro forma parte das actividades dentro do programa Promoción de las Letras do Ministerio de Cultura e Deporte. 

Cartel promocional

Cartel co horario

17 maio: Día das Letras Galegas

Proba 17 maio: Día das Letras Galegas

23 abril: Día do Libro

 

Recomendacións no Día do libro 2020

 

Velaquí as recomendacións lectoras de todas as persoas que responderon ao noso chamamento para conmemorar, dende o recollemento dos nosos fogares, este día tan especial no que a lectura se refire.

Bibliotecas Escolares Abertas: Seguimos traballando 

Imaxe de María López Pousa

Nota: todas as recomendacións aquí indicadas van por estrita orde de recepción. Nos resumos, respéctase a lingua usada polo colaborador/a.

Fosforescenciasde Lupe Gómez. Ed. Alvarellos, 2019

Trátase dun libro difícil de clasificar, escrito nunha prosa poética que ao inicio sorprende moito pero logo engancha dunha maneira rotunda. Como a propia autora di é unha colección de cartas que xorde “cando xa ninguén escribe cartas a man”e ela presenta a súa correspondencia con amizades e diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia. Ao inicio da lectura, dá a sensación de seren cartas ficticias, en parte polo barrio onde viven os destinatarios das mesmas, pero en breve xa un se decata de que son reais e auténticas.Camelia en un Sancosmeiro (16887920530).jpg

Recomendo este libro porque, por un lado, axuda a coñecer máis á autora, pero tamén a outras persoanalidades da cultura cos que mantén a correspondencia, entre elas, Xosé Neira Vilas, Emma Pedreira, Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Emilio Araúxo ou Francisco Pillado. Por outra banda, é unha lectura que durante o confinamento axuda moito e inspira, fomenta as ganas de escribir cartas, retomar o correos coas persoas das que estamos afastados fisicamente.                             Mariluz, LG

 

Veleno en familia, de Rocío Leira. Baía Edicións, 2019.

Esta é unha historia de intriga, con personaxes forzados ata os seus límites, e se sitúa nunha pobo imaxinario do rural galego. Naquela aldea, un tanto retrógrada, atoparémonos con habitantes moi pechados de mente, para os que o máis normal é que a muller sexa xulgada permanentemente por propios e alleos. Un ambiente asfixiante, cheo de relacións tóxicas, no que todos falan de todas. Este é o distópico mundo que retrata a escritora de Cee Rocío Leira na súa última novela “Veleno en familia”.                                                                                                                          Recomendación de Librería Gallardo, Muros.

 

 Mujeres que compran flores, de Vanessa Montfort. Ed. Debolsillo, 2020.

 "Encántame este libro que collín na Biblioteca do Concello, porque lendo a reseña que vén na parte posterior parece interesante ... a vida de 5 mulleres de mediana idade, totalmente distintas e descoñecidas, cunha soa cousa en común ... que todas visitan asiduamente unha floristería un tanto especial do barrio máis 'cultureta' de Madrid. 

Pero cando o les, descobres moooitas cousas e pódeste sentir identificada coa vida de calquera das 5 mulleres que narran a historia. Unha oda ó feminismo, sen extremos e ensalzando a liberdade da muller. Totalmente recomendable."

  Recomendación de Alianza Uhía - Concello de Cultura, Carnota.

 

 

El robo de la Mona Lisa, de Carson Morton. Editorial Algaida, 2013.

La Mona Lisa vuelve a ser la inspiración para otro de los grandes misterios artísticos del siglo XX.

Eduardo de Valfierno lleva una respetable vida en Argentina, desplumando a los nuevos ricos, que le pagan para que robe valiosas obras de arte, pero Valfierno les consigue en su lugar las mejores falsificaciones. Esta novela, que conjuga misterio e historia, se basa en el robo real de La Gioconda del Louvre en 1911, un suceso que llevó a la detención de Pablo Picasso y Guillaume Apollinaire como sospechosos.                                                                                                       Marián, LC

 Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadiede Juan Eslava Galán. Ed. Booket, 2013. 

Outro libro máis sobre a guerra civil? Pode ser que o pareza, pero este é diferente: non confunde con datos innecesarios e relata o ocurrido naqueles tres anos de loucura fraticida sen moralizar sobre quen eran os bos e quen os malos. Non é unha novela ao uso, porque todo o que conta ocorreu (incluso as pequenas historias que moven a espanto ou risa), aínda que se pode ler como tal, pero aprendendo ao tempo que noentretemos. Polo autor da Historia de España contada para escépticos.                                                                                                     Roberto, Lingua inglesa

 

Misión olvidode María Dueñas. Ed. Booket, 2018.
La profesora Blanca Perea acepta a la desesperada una beca que le ofrecen en la Universidad de California, lo que parece la mejor vía de escape a su situación personal para transformar su vida personal y profesional de forma radical.

Tiempo de arena, de Inma Chacón. Ed. Planeta, 2011.

Una apasionante historia de tres herederas de un hacendado español; sus irreconciliables diferencias, la lucha por la igualdad, la tradición frente a la modernidad, ...son algunos de los temas de esta novela. 

 

 Y las montañas hablaron, de Khaled Hosseini. Ed. Salamandra, 2013. 

"De la biblio del instituto, la historia nace en una aldea remota de Afganistán, donde un matrimonio vive en situaciones precarias con sus hijos.
Temas como el amor, la traición, el valor, el sacrificio, etc., desempeñan un papel fundamental en los personajes de esta historia.
Ideal para las noches de insomnio, en tiempos de confinamiento... por momentos, te reconcilia con la especie humana. Maravilloso!!!!"                Eva S., Orientadora

 

 A peste, de Mario Camus. Ed. en galego de Hugin e Munin, 2018. 

Esta novela vén perfecta para estes tempos, pois invita á reflexión sobre como o ser humano é capaz de facer fronte e ata superar o mal, ao tempo que afonda na importancia das actitudes individuais e colectivas na loita contra o sufrimento. 

A novela sitúanos en Orán, na década dos corenta do século XX, onde as ratas mortas enchen paseniño as rúas a medida que van estendendo a enfermidade. Tras moitas reticencias, as autoridades deben recoñecer o espallamento da praga e pechar as portas da cidade...

"A miña recomendación... pois non é precisamente de literatura xuvenil, pero si que vén a conto!!"   Macías, matemáticas.

 

Un pueblo traicionado. España de 1874 a nuestros días: Corrupción, incompetencia política y división social

de Paul Preston. Ed. Debate, 2019.

Un libro que aporta moitos datos -así como curiosas anédotas- sobre a historia contemporánea de España e que permite comprender un pouco máis a súa situación social, económica e política actual. 

Uxío F., Bioloxía - X.E.

 

La Biblia católica para jóvenes, Edita: Instituto Fe y Vida/ Ed. Verbo Divino, 2015.

Este libro conta unha historia que é ben coñecida pola maioría de nós: a historia de Moisés, coa súa crianza e máis adiante, a fuxida de Exipto do pobo hebreo (neste libro chamado con frecuencia "pobo de Israel" ou "fillos de Israel") para alcanzar a chamada Terra Prometida.

Un dos libros que me gusta repasar, é o do Éxodo porque sempre invita a unha renovación cultural e transcendente, dende todos os niveis: persoal, social, cultural [...]” 

Marisé, relixión.

 

Xuízo aos humanos, de Jose Antonio Jáuregui. Catro Ventos editora, 2017.

Recomendo "Xuízo aos humanos": é unha fábula na que se reflexiona sobre que opinarían os animais se puidesen xulgar á nosa especie. Nunha situación como a actual, cómpre reflexionar sobre a importancia de coidar o medio. Decote esquecemos que a nosa calidade de vida vai ligada ao coidado do planeta e de todos os seres que o habitan.

 

Alter-nativo, de Jorge Campos. Aira editorial, 2017.

Esta banda deseñada se trata dunha obra moi especial, tanto polo seu deseño orixinal (en abano) coma porque non ten texto escrito. Porén, as aventuras deste naúfrago que aparece nunha illa deserta están cheas de referencias literarias e universos paralelos.    Miguel Braña, Catro Ventos editora. 

 

 

 

Día da Poesía / Día de Rosalía

Recital poético 2020

Como cada ano, estamos a organizar o noso recital, co que queremos conmemorar a un tempo a importancia de Rosalía e a súa poesía, facéndoa estensible á poesia en xeral, en calquer lingua e sobre calquer temática.

 

Moitas grazas a todos e todas os que participades: alumnado, profesorado, e persoal do Concello de Carnota, que tan amablemente colaborades! 

Foto de Andy Blackledge (Scottsdale, AZ, USA). CC BY 2.0

 

https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Night_bike_ride_(48783336027).jpg 

RECITAL POÉTICO
 28 de febreiro de 2020, 3ª hora: de 10:20 a 11:10 (recreo)

GRUPOS

RECITAN

Todo o alumnado no vestíbulo

Presentación xeral: Mariluz, Renée

Lectura dun fragmento do manifesto de Daniel Asorey para a AELG.

AELG - Día de Rosalía 2020

 

 

Profesorado no centro a 3ª hora:

 

Elda

Eva

Iago

Luisa

Macías

Marian

Maribel

Mariluz

Mariña

Renée

Roberto

Susana

Uxío

Xosé

1º bloque: De Rosalía, Follas Novas

Ita Beiro (Axencia de Lectura Municipal - Biblioteca)Vanidade”Follas Novas

Noemí Abajo (Concello de Carnota - Cultura)

Eva Sampedro: “Miña casiña, meu lar”de Follas Novas

Agustín: Hoxe ou mañán, quen pode dicir cando?Follas Novas

Eva: “XanFollas Novas Benito: Sin niño- Follas Novas

Nardo: “Cando un é moi dichoso”- Follas Novas

Lúa: “Que pasa ao redor de min?” e “Cando era tempo de inverno”- Follas Novas

 

2º bloque: De Rosalía, Lieders e Cantares Gallegos

Paula, Andrea, Antía, Mariña e Claudia: “Lieders

Xoán, Brais e Xoel: Adiós ríos, adiós fontes”, de Cantares Gallegos

María e Manuel: “Cantan os galos pró día”, de Cantares Gallegos

Mariluz e Renée: “Miña Santiña, miña Santasa”, de Cantares Gallegos

3º bloque:outros poetas galegos (alumnado 3º)

Uxío: “Paxaros” de Xosé Neira Vilas, en Cantos á natureza.

Carlos: “A ovella número sete non quere que a conten”, de Marilar Aleixandre, Ovella descarreirada.

Noa e Ángela Gª: “Facendo rabos ás culleresde Marilar Aleixandre.

Saray: un poema deMar de Lira, de Francisco Fernández Naval

 

Alumnado de 3º e 4º

4º bloque: poesía en castelán

Oliva: “Me gusta cuando callas”, de Pablo Neruda.

Paula: “La paloma”. Rafael Alberti.

Mariña: Rima XXX, de Gustavo Adolfo Bécquer.
Claudia: 
Rima XLIV, de Gustavo Adolfo Bécquer.
Andrea: Fragmento de “El hambre”, de Miguel Hernández.

Anxo, Agustín e Nardo: “Poderoso caballero es don dinero” de Francisco de Quevedo

Lúa:Proverbios y cantares (XXIX), de Antonio Machado / “Siempre rimando”

 

Profesores e

alumnado de francés/ latín

5º bloque: Poesía variada

Susana: “La energía, de Andrés Neuman

Macías: "As nosas derrotas non demostran nada", de Bertol Brecht

Luisa: poema “sorpresa”: "En una cajita de fósforos", de María Elena Walsh

Alumnado de francés, na orde establecida pola profesora: “Fuguede Louis Aragon; “J’écris, de Geneviève Rousseau; “Mon cartable”, de Pierre Gamarra e “Les mois, de Maxime Huaulmé.

Alumnado de latín de 4º: Omnia sol temperat

 

 

 

Recital poético: 25 febreiro 2019

Día de Rosalía = Día da Poesía

Xa van moitos anos que celebramos por esta orde : a poesía de Rosalía de Castro, a poesía galega e a poesía en xeral (todo nun!!) arredor do 24 de febreiro.

Este ano, o noso recital anual tivo lugar o luns 25 de febreiro, e como novidade, a participación nel da concelleira de cultura de Carnota, Alianza Uhía; e as bibliotecarias da A.L.M. de Carnota, Ita e Noemi, que nos leron cadanseu poema. Moitas grazas pola vosa participación !

 

Tamén elaboramos un boletín de recomendacións especial, colaboración entre a Bibliolamas e a Biblioteca Municipal de Carnota que podedes ver aquí.

 

 

Día de Rosalía - Día da poesía 2018 

 Como cada ano, celebramos o día da Poesía arredor do 24 de febreiro, para recordar á escritora e poeta galega máis importante das letras galegas. Velaquí un tríptico especial  de recomendacións arredor da súa obra. 

 

 

 

  

 

 

 

 

25N 2019: lecturas nos recreos

 Lecturas na biblioteca contra a violencia de xénero

O departamento de LG xunto co EDLG organiza para este luns no recreo, unha lectura colectiva de textos reivindicativos en contra da violencia de xénero, ou para ser máis exactos, en contra da violencia contra a muller.

Ás nosas voces uniranse alumnado voluntario, quizais profesores... e contaremos coa colaboración da asociación feminista local Sonlilá.

Animádevos, asistide ao evento... e por que non, participade nel!!

 

 Folleto informativo (colaboración entre a A.L.M. de Carnota e a nosa biblioteca)

 

 

 

 

 

 

 

   

Xogos na Biblioteca

 Xogando na biblio

Por iniciativa dun dos nosos voluntarios axudantes, que estudou a fondo as reglas dos xogos de rol que temos na biblioteca, algúndos nosos alumnos e alumnas están a xogar a El Hobbit Un mundo sin fin (baseado na novela de Ken Follet) durante os recreos. Velaquí algunhas fotos dasúas aventuras:

Preparando a partida

Imaxe dunha partida a medias

Recollendo… e ata mañán!!

Recital poético: 25 febreiro 2019

Día de Rosalía = Día da Poesía 

Xa van moitos anos que celebramos por esta orde : a poesía de Rosalía de Castro, a poesía galega e a poesía en xeral (todo nun!!) arredor do 24 de febreiro.

Este ano, o noso recital anual tivo lugar o luns 25 de febreiro, e como novidade, a participación nel da concelleira de cultura de Carnota, Alianza Uhía; e as bibliotecarias da A.L.M. de Carnota, Ita e Noemi, que nos leron cadanseu poema. Moitas grazas pola vosa participación !

 

Tamén elaboramos un boletín de recomendacións especial, colaboración entre a Bibliolamas e a Biblioteca Municipal de Carnota que podedes ver aquí.

 

 

Día da Biblioteca 2018

 Celebración do Día da Biblioteca - 2018

 Este ano imos celebrar o Día da Biblioteca dun modo especial grazas ao traballo e as ideas do alumnado de ITI de 1º, con colaboración do de 2º desa materia e de profesorado dalgunhas das materias. Iremos revelando aquí ao longo da semana as nosas actividades. 

Formación de usuarios

Como cada ano, e aproveitando que o mes de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares, faremos unha sesión de presentación da nosa biblioteca especialmente ao alumnado de 1º, e de formación de usuarios para todos os grupos, aproveitando as titorías. Este será o noso calendario de este ano:

 

Mergullámonos na biblioteca           

 

     Actividade de formación de usuarios    Curso 2018-19

 

 

Library2017.jpg

Horas

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:40-9:30
 
 
 
 
 
9:30-10:20
29 outubro
Titoría 4º 
 
 
 
 
10:20-11:10
 
 
 
Renée
 
11:10-11:40
Renée
Renée
Mariluz Mariluz
Renée
11:40-12:30
 
 
 
 
 
12:30-13:20
 
 
 Renée
 
 
13:20-14:10
29 outubro
Titoría 2ºA
23 outubro
Titoría 1º A 
 
 
26 outubro
Titoría 3º 

 

 

 

Distribuir contido