17 maio: Día das Letras Galegas
Día das Letras Galegas 2020
Este ano, a celebración do Día das Letras Galegas veuse afectada pola situación sanitaria xerada pola pandemia da Covid-19. Como ben sabedes, dadas estas especiais circunstancias, a Real Academia Galega pospuxo a celebración, que terá lugar este sábado, 31 de outubro.
Xa aló polo mes de maio, e malia o confinamento, o EDLG do centro e o departamento de LG celebraron o día, publicando materiais, recursos dixitais e realizando actividades diversas co alumnado. Podedes velo aquí:
Dende a biblioteca, queremos unirnos neste final de outubro a esta celebración, para a que elaboramos os seguintes carteis informativos sobre a vida e a obra do autor:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cartel Día das Letras Galegas 2020-1.pdf | 343.67 KB |
Panel Letras galegas-Carvalho Calero-lit.pdf | 339.95 KB |
»