Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




23 abril: Día do Libro

 

 

Día do libro 2022

Este ano, queremos celebrar o gran protagonista, o libro, dun xeito sinxelo e orixinal. Para iso, organizamos as seguintes actividades:

  • III Concurso de adiviñas de títulos literarios en emoticonas. Publícanse os títulos de 2 obras cada día, das que cómpre adiviñar non só o título completo e o autor, senón que tamén dicir se temos ese libro entre os nosos fondos bibliotecarios ou non. Velaquí as bases e as adiviñas publicadas ata agora:

Luns, 25/04/2022       Martes, 26 de abril       Mércores 27 de abril        Xoves, 28 de abril       Venres, 29 de abril

  • Libro-amigo invisible. A iniciativa surxe entre unha das nosas PT e a Biblioteca. O principio é fácil: primeiro, apuntarse voluntariamente á actividade. Agora que xa está todo o "peixe vendido", podemos dicir que está a participar un 92% de todo o centro, entre alumnado, profesorado e PAS.

Día do libro 2021 

Book Worm, Rafiq Sarlie.jpgDende o equipo de biblioteca tampouco queremos deixar de celebrar este día, aínda que non poidamos facer moita cousa especial, tanto polas restricións debidas á pandemia, como pola propia falta de tempo, dadas as alturas de curso nas que nos atopamos.

Porén, parte do noso profesorado celebralarao co alumnado, facendo algunha recomendación dun libro dentro das aulas, nas súas horas de clase.

Velaquí as recomendacións do noso profesorado:

Xela Arias - Wikipedia, la enciclopedia librePoesía reunida (1982-2004). Xela Arias: Amazon.es: Arias, Xela, Nogueira  Pereira, María Xesús: LibrosMariluz (Lingua e Literatura Galega) 

presentará e recomendará Poesía reunida (1982-2004) de Xela Arias en todos os grupos, para que a vaian coñecendo de cara ao Día das Letras Galegas.

Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada».

 

 

 

 MALDITAS MATEMATICAS. (Proxima Parada 12 Años): Amazon.es: Frabetti, Carlo:  LibrosMacías (Matemáticas) 

Eu recomendarei "Malditas matemáticas. Alicia en el país de los números", de Carlo Frabetti. O libro fai unha recreación do conto Alicia no país das marabillas, aproveitando que Lewis Carroll era matemático, para tratar de que Alicia lle colla gusto ás matemáticas.

 CELIA Y SUS AMIGOS | ELENA FORTUN | Casa del LibroMarián (Lingua Castelá e Literatura)

  • Celia y sus amigos, de Elena Fortún. "Rebelde, preguntona e intrépida, Celia es la protagonista del clásico infantil español por excelencia. El relato de sus aventuras y peripecias que a través de sucesivos episodios trazara Elena Fortún (1886-1952) ha venido haciendo desde el momento de su publicación las delicias de generaciones de lectores."
  • El príncipe destronado (Contemporánea): Amazon.es: Delibes, Miguel: LibrosEl príncipe destronado, de Miguel Delibes. "El príncipe destronado es la historia de un niño, Quico, que va a cumplir cuatro años. A Quico le pasa algo importante, le ha nacido una hermanita, Cris, que lo ha relegado a un segundo plano. Ahora, ya no es el rey de la casa, ahora es el príncipe destronado. A lo largo de un día, desde que se levanta dando gritos hasta que cae rendido por la noche, asistimos a sus andanzas, vislumbramos sus secretos y conocemos sus angustias. Detrás del niño, tan admirablemente recreado, vemos el mundo familiar, los otros hermanos, el padre y la madre, las criadas, la ciudad, el mundo."

     

 Xosé (Inglés)

La sexta extinción | Política ExteriorUxío (Bioloxía e xeoloxía) 

La sexta extinción de Elizabeth Kolbert. "Los humanos somos testigos de un acontecimiento dramático: la extinción en masa de un gran número de especies. No es la primera que se ha producido en la Tierra —se conocen cinco anteriores, las «Cinco Grandes»—, pero la sexta extinción nos atañe especialmente, no sólo porque tiene lugar en el momento presente, sino porque somos responsables de ella. Según los cálculos de Elizabeth Kolbert, al final del siglo xxi habrá desaparecido más del 20% de todas las especies vivas que pueblan la Tierra."

 Renée (Francés, V. Éticos) En 1ºESO, recomendei os seguintes libros:

  • Un mar de plásticos (Takatuka no ficción): Amazon.es: Blom, Kirsti, Wing  Gabrielsen, Geir, Tollefsen, Lotte Katrine: LibrosUn mar de plásticos, dos noruegos Kirsti Blom e Geir Wing Gabrielsen. (Ed. Takatuka). Nel, de modo moi claro e visual, explícanse os nefastos efectos da contaminación por plasticos non só nos mares e océanos, senon tamén para a fauna, que os inxire, pois está pasando a formar parte da cadea trófica (da que nós tamén formamos parte, non o esquezamos!). Con datos claros sobre o tempo que tardan en desfacerse (que non desaparecer) moitos dos obxectos de plástico que utilizamos a diario. Un libro que se le en media hora, e pode facer tomar conciencia do problema real do plástico. Moi recomendable!!

QUÉ ES EN REALIDAD EL FASCISMO? Lena Berggren y Kalle Johannson –  Afroféminas

  • ¿Qué es en realidad el fascismo?, cómic do ilustrador Kalle Johansson, en colaboación coa historiadora sueca especialista en nacionalismo, antisemitismo e xenofobia Lena Berggren (Ed. Takatuka). Un cómic algo máis duro de roer, pero igual de serio que o libro anterior. Fálanos da orixe histórica do fascismo, dende os seus inicios trala Primeira Guerra Mundial, e a súa evolución ata hoxe en día, relacionándoo coa actualidade política europea. Moi interesante e esclarecedor sobre a situación política actual o epílogo da historiadora. Importante para tomar conciencia de certos perigos das ideoloxías extremas.
  • Cocotibur: Amazon.es: Fernández Lorenzo, Rafael, Souto, Esteban: LibrosCocotibur, de Rafael Fernández Lorenzo (Eds. Xerais). Un libro especialmente indicado para aquel alumnado "inimigo" da lectura: é curtiño, e engancha dunha maneira...!!! Se non queredes caer baixo o seu feitizo, mellor que nin sequera o abrades!  "A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral. A imaxinación, os mitos, a maxia e os costumes populares están presentes no desenvolvemento dos funestos acontecementos que se narran, e que teñen como escenario principal a histórica enseada de San Simón."

Eva (Dpto. Orientación) Recomendó en 1º  e 4º ESO los libros:

Los abrazos perdidos - Nayara Granados,Leire Salaberria | Planeta de LibrosLos abrazos perdidos, cuento de Nayara Granados, e ilustrado por Leire Salaberria. Ed. Destino.
Lo mejor: está escrito por una niña con discapacidad visual e inspirado en la nostalgia por no poder abrazar a sus abuelos durante el confinamiento de este año 2020.  "El cuento que una niña escribe a sus futuros nietos en 2070. En marzo de 2020, el coronavirus obligó al mundo a detenerse. Y Nayara Granados, de ocho años, escribió un cuento sobre ello."Librería Educación. Las palabras, importan un poco, mucho, muchísimo


Las palabras importan un poco, mucho, muchísimo, de Rhéa Dufresne y Sébastien Chebret. Ed. Tramuntana.
Este libro nos invita a utilizar palabras como "gracias", "por favor", etc., que pueden mejorar considerablemente nuestra relación con los demás y poco cuesta decirlas.

 

 

 

 

Recomendacións no Día do libro 2020

 

Velaquí as recomendacións lectoras de todas as persoas que responderon ao noso chamamento para conmemorar, dende o recollemento dos nosos fogares, este día tan especial no que a lectura se refire.

Bibliotecas Escolares Abertas: Seguimos traballando 

Imaxe de María López Pousa

Nota: todas as recomendacións aquí indicadas van por estrita orde de recepción. Nos resumos, respéctase a lingua usada polo colaborador/a.

Fosforescenciasde Lupe Gómez. Ed. Alvarellos, 2019

Trátase dun libro difícil de clasificar, escrito nunha prosa poética que ao inicio sorprende moito pero logo engancha dunha maneira rotunda. Como a propia autora di é unha colección de cartas que xorde “cando xa ninguén escribe cartas a man”e ela presenta a súa correspondencia con amizades e diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia. Ao inicio da lectura, dá a sensación de seren cartas ficticias, en parte polo barrio onde viven os destinatarios das mesmas, pero en breve xa un se decata de que son reais e auténticas.Camelia en un Sancosmeiro (16887920530).jpg

Recomendo este libro porque, por un lado, axuda a coñecer máis á autora, pero tamén a outras persoanalidades da cultura cos que mantén a correspondencia, entre elas, Xosé Neira Vilas, Emma Pedreira, Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Emilio Araúxo ou Francisco Pillado. Por outra banda, é unha lectura que durante o confinamento axuda moito e inspira, fomenta as ganas de escribir cartas, retomar o correos coas persoas das que estamos afastados fisicamente.                             Mariluz, LG

 

Veleno en familia, de Rocío Leira. Baía Edicións, 2019.

Esta é unha historia de intriga, con personaxes forzados ata os seus límites, e se sitúa nunha pobo imaxinario do rural galego. Naquela aldea, un tanto retrógrada, atoparémonos con habitantes moi pechados de mente, para os que o máis normal é que a muller sexa xulgada permanentemente por propios e alleos. Un ambiente asfixiante, cheo de relacións tóxicas, no que todos falan de todas. Este é o distópico mundo que retrata a escritora de Cee Rocío Leira na súa última novela “Veleno en familia”.                                                                                                                          Recomendación de Librería Gallardo, Muros.

 

 Mujeres que compran flores, de Vanessa Montfort. Ed. Debolsillo, 2020.

 "Encántame este libro que collín na Biblioteca do Concello, porque lendo a reseña que vén na parte posterior parece interesante ... a vida de 5 mulleres de mediana idade, totalmente distintas e descoñecidas, cunha soa cousa en común ... que todas visitan asiduamente unha floristería un tanto especial do barrio máis 'cultureta' de Madrid. 

Pero cando o les, descobres moooitas cousas e pódeste sentir identificada coa vida de calquera das 5 mulleres que narran a historia. Unha oda ó feminismo, sen extremos e ensalzando a liberdade da muller. Totalmente recomendable."

  Recomendación de Alianza Uhía - Concello de Cultura, Carnota.

 

 

El robo de la Mona Lisa, de Carson Morton. Editorial Algaida, 2013.

La Mona Lisa vuelve a ser la inspiración para otro de los grandes misterios artísticos del siglo XX.

Eduardo de Valfierno lleva una respetable vida en Argentina, desplumando a los nuevos ricos, que le pagan para que robe valiosas obras de arte, pero Valfierno les consigue en su lugar las mejores falsificaciones. Esta novela, que conjuga misterio e historia, se basa en el robo real de La Gioconda del Louvre en 1911, un suceso que llevó a la detención de Pablo Picasso y Guillaume Apollinaire como sospechosos.                                                                                                       Marián, LC

 Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadiede Juan Eslava Galán. Ed. Booket, 2013. 

Outro libro máis sobre a guerra civil? Pode ser que o pareza, pero este é diferente: non confunde con datos innecesarios e relata o ocurrido naqueles tres anos de loucura fraticida sen moralizar sobre quen eran os bos e quen os malos. Non é unha novela ao uso, porque todo o que conta ocorreu (incluso as pequenas historias que moven a espanto ou risa), aínda que se pode ler como tal, pero aprendendo ao tempo que noentretemos. Polo autor da Historia de España contada para escépticos.                                                                                                     Roberto, Lingua inglesa

 

Misión olvidode María Dueñas. Ed. Booket, 2018.
La profesora Blanca Perea acepta a la desesperada una beca que le ofrecen en la Universidad de California, lo que parece la mejor vía de escape a su situación personal para transformar su vida personal y profesional de forma radical.

Tiempo de arena, de Inma Chacón. Ed. Planeta, 2011.

Una apasionante historia de tres herederas de un hacendado español; sus irreconciliables diferencias, la lucha por la igualdad, la tradición frente a la modernidad, ...son algunos de los temas de esta novela. 

 

 Y las montañas hablaron, de Khaled Hosseini. Ed. Salamandra, 2013. 

"De la biblio del instituto, la historia nace en una aldea remota de Afganistán, donde un matrimonio vive en situaciones precarias con sus hijos.
Temas como el amor, la traición, el valor, el sacrificio, etc., desempeñan un papel fundamental en los personajes de esta historia.
Ideal para las noches de insomnio, en tiempos de confinamiento... por momentos, te reconcilia con la especie humana. Maravilloso!!!!"                Eva S., Orientadora

 

 A peste, de Mario Camus. Ed. en galego de Hugin e Munin, 2018. 

Esta novela vén perfecta para estes tempos, pois invita á reflexión sobre como o ser humano é capaz de facer fronte e ata superar o mal, ao tempo que afonda na importancia das actitudes individuais e colectivas na loita contra o sufrimento. 

A novela sitúanos en Orán, na década dos corenta do século XX, onde as ratas mortas enchen paseniño as rúas a medida que van estendendo a enfermidade. Tras moitas reticencias, as autoridades deben recoñecer o espallamento da praga e pechar as portas da cidade...

"A miña recomendación... pois non é precisamente de literatura xuvenil, pero si que vén a conto!!"   Macías, matemáticas.

 

Un pueblo traicionado. España de 1874 a nuestros días: Corrupción, incompetencia política y división social

de Paul Preston. Ed. Debate, 2019.

Un libro que aporta moitos datos -así como curiosas anédotas- sobre a historia contemporánea de España e que permite comprender un pouco máis a súa situación social, económica e política actual. 

Uxío F., Bioloxía - X.E.

 

La Biblia católica para jóvenes, Edita: Instituto Fe y Vida/ Ed. Verbo Divino, 2015.

Este libro conta unha historia que é ben coñecida pola maioría de nós: a historia de Moisés, coa súa crianza e máis adiante, a fuxida de Exipto do pobo hebreo (neste libro chamado con frecuencia "pobo de Israel" ou "fillos de Israel") para alcanzar a chamada Terra Prometida.

Un dos libros que me gusta repasar, é o do Éxodo porque sempre invita a unha renovación cultural e transcendente, dende todos os niveis: persoal, social, cultural [...]” 

Marisé, relixión.

 

Xuízo aos humanos, de Jose Antonio Jáuregui. Catro Ventos editora, 2017.

Recomendo "Xuízo aos humanos": é unha fábula na que se reflexiona sobre que opinarían os animais se puidesen xulgar á nosa especie. Nunha situación como a actual, cómpre reflexionar sobre a importancia de coidar o medio. Decote esquecemos que a nosa calidade de vida vai ligada ao coidado do planeta e de todos os seres que o habitan.

 

Alter-nativo, de Jorge Campos. Aira editorial, 2017.

Esta banda deseñada se trata dunha obra moi especial, tanto polo seu deseño orixinal (en abano) coma porque non ten texto escrito. Porén, as aventuras deste naúfrago que aparece nunha illa deserta están cheas de referencias literarias e universos paralelos.    Miguel Braña, Catro Ventos editora. 

 

 

 

 

 

 II Semana do Libro na nosa Biblioteca

 

 

23-27 Abril 2018

 

 

Argallando coa lectura : unha mensaxe

Resultado de imaxes para Deixe a súa mensaxe despois do sinalDende o equipo de Biblioteca, poñemos voz a un fragmento do libro de Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Podedes escoitalo aquí

Bundesarchiv B 145 Bild-F079049-0027, Bonn, Kaufhof.jpg

 

Non leas!!!

Texto conmemorativo do Día do libro de Fran Alonso. Tradución feita polo alumnado de 4º de francés do IES Lamas de Castelo.

Resultado de imaxes para caxade SanduicheiraFaust-F2.jpg

Con axuda de alumnado voluntario de 1º ESO, fixemos unha gravación do texto, que montamos con música de fondo de Caxade (voces: Gabriel, Irene, Manuel e Oliva; canción: Sanduicheira), quen moi amablemente nos autorizou para o seu uso. Dende aquí o noso agradecemento.

 

 

 

Durante toda a semana estaremos a realizar actividades dentro e fóra da biblioteca: exposición de materiais, charlas/ lecturas informais, presentacións de diapoitivas, apadriñamentos lectores, concursos... Sede os benvidos!

... E ti, para que les?

 

  • Eu leo para desconectarme do traballo diario,

  • eu, para saber máis,

  • para divertirme!,

  • eu, para medrar,

  • eu leo para facer amigos,

  • e eu, para estar á última!,

  • leo porque me dá a ghana,

  • pois eu, leo porque quero e me gusta... e punto!!

 

Velaquí o programa completo.

 

I Concurso de adiviñas arredor do mundo do libro e a literatura universal: "Emoticonas+ libros"


Este ano 2018, queremos ir adiantando a celebración da nosa Semana do libro coa convocatoria dun orixinal concurso... Todos e todas estamos moi afeitos a ver e ler mensaxes con emoticonas no móbil, non si? Pois con eles tamén se pode construír frases, e ata parágrafos enteiros! Nós propoñémosvos que adiviñedes uns títulos ben coñecidos nas literaturas galega, española e universal. Velaquí as bases:

 

 

  • Quen pode participar?Todo o alumnado do centro. O concurso consiste en atopar os títulos agochados nas adiviñas en emoticonasque se publicarán na Biblioteca. Participación só individual ou parellas!

  • Bases do concurso: Publicaranse 2 adiviñas por a entre os días 17 e 23 de abril na Biblioteca Escolar. A solución de ambas (título + autor) entregarase por escrito, con nome completo e curso utilizando o modelo que teredes á vosa disposición na propia Biblioteca.

  • Prazo de entrega das solucións:ata o día seguinte da súa publicación, durante os recreos, na Biblioteca.

  • Premios: Concederase un único premio por día, aos acertantes dos 2 títulos. En caso de haber varias respostas correctas, a gañadora será a primeira por estrita orde de recepción.O premio(sorpresa) consistirá en material escolar. A entrega farasedurante a Semana do libro.

  • Xurado: Equipo de Biblioteca: a coordinadora (Francés) e a profesora de LG. 

     

 

Abril, mes do libro

 Book lover.jpgEste mes celebrouse o 23 de abril o Día Internacional do Libro (e dos dereitos de autor). Non quixemos permanecer alleos a esta celebración, e por iso desexamos contribuír con esta data tan sinalada. 

Por iso, durante a semana do 25 ao 29 de abril, estivemos de celebración, con diversas actividades organizadas dende a propia Biblioteca, e tamén de outros departamentos. As nosas grellas de novidades e zonas de exposición darán conta destas celebracións con mostras temporais variadas.

Este foi o noso programa de actividades para a semana.      E velaquí as nosas recomendacións lectoras.

 

 

Book lover. Foto de Icely88 - CC BY-SA 3.0. 

https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=29298110Microphone studio.jpg

Unha das actividades realizadas durante esa semana foi a gravación do texto do escritor galego Pedro Feijoo "Os libros son para valentes", agasallado ás Bibliotecas Escolares pola celebración do 23 de abril deste ano. As voces corren a cargo de alumnado de 1ºESO, e a música, do grupo galego 2uS, que nos deu permiso de usar o tema Bonita de seu álbum debut, Só son sóns. Moitas grazas a todos pola colaboración!

Este é o resultado!                                                                              

Micrófono. Foto de Zzubnik - Dominio público



 



page | by Dr. Radut