Eventos

« Martes Outubro 01, 2019 »
Mar
Start: 01/10/2019 17:00

Co motivo do comezo do curso escolar 2019/2020 o centro realizará a presentación do mesmo para o día 1 de outubro de 2019 ás 17:00 horas. Neste acto intentarase seguir o guión mostrado a continuación:

 

  • Presentación dos membros do equipo directivo do centro.
  • Información da Dirección do centro.
  • Información da Xefatura de Estudos.
  • Información do Departamento de Orientación do centro.
  • Presentación das persoas titoras dos distintos grupos da ESO.
  • Reunión coa persoa titora dos seus fillos ou fillas.
  • Recorrido polo centro visitando as distintas instalacións do mesmo.

 

As persoas titoras deberán asistir ao acto, e o resto de profesorado está invitado ao mesmo.

 

A dirección