Skip to Content

Actividades

Actividades da biblioteca

Formación do voluntariado en empréstitos e devolucións.

Nos tempos que corren a axuda é sempre de agradecer, pero se ademáis vén de balde, con bo xesto e ganas, entón o Equipo da Biblioteca crece e emociónase.

Presentamos a SARA, ANTÍA, HÉCTOR, GIOVANNA, CARMEN, AITOR, MARTIÑO, PAULA, HELENA E ALBA, alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º de BACHARELATO que xa están colaborando nos labores da Biblio Carballeira nos diferentes recreos.

BENVIDAS E GRAZAS. BIBLIO CARBALLEIRA TEN UN EQUIPAZO!

 

24 de OUTUBRO-DÍA DA BIBLIOTECA

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.

Un mundo de palabras, Agustín Fernández Paz

 

Así celebramos o Día das Bibliotecas, recomendando as nosas lecturas preferidas.

Feliz día.

 

Hoxe no instituto.....

                                                                         ...... e proximamente en Bibliocarballeira

 

Hoxe celebramos o Día das Escritoras lendo fragmentos das súas obras para reivindicar o seu legado ó longo da historia.

Aquí tendes unha mostra da actividade:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut