Skip to Content

Rematado o prazo de inscrición para realizar as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Cal é a estrutura da proba?

A proba consta de tres partes: sociolingüística, matemática e científico-técnica.

– A parte sociolingüística organízase en tres probas: lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais.

– A parte matemática organízase nunha única proba, de matemáticas.

– A parte científico-técnica ten dúas probas: ciencias da natureza e tecnoloxía.

Como se calcula a nota da proba de acceso?

A cualificación de cada parte da proba (sociolingüística, matemática e científico-técnica) será numérica, entre cero e dez puntos.

A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro puntos en cada parte (sociolingüística, matemática e científico-técnica), e será a me-dia aritmética destas, expresada con dous decimais. Considerarase aprobada a proba cando se obteña unha cualificación global de cinco puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como "non apto/a".

Non cómpre acadar unha nota mínima nas materias de cada parte (sociolingüística, ma-temática e científico-técnica) para poder facer a media entre elas.

No caso de ter a exención nalgunha das partes da proba ou en todas, como se calcula a nota da proba de acceso?

Para efectos de cálculo da nota final da proba de acceso non se terán en conta as partes da proba das que a persoa participante fose declarada exenta. Así mesmo, no caso de exen-ción de todas as partes da proba, a cualificación final será de exento/a.

Para efectos de admisión en ciclos formativos, a exención total da proba equivalerá a unha cualificación de cinco puntos.

Cando se celebrará a proba?

O día 3 de xuño de 2015.

En que horario se desenvolverá a proba?

Presentación

– Ás 9:00 horas.

Parte matemática e parte sociolingüística da proba

– Das 10:00 ás 13:00 horas.

Parte científico-técnica da proba

– Das 16:00 ás 18:00 horas.

Onde se celebrará a proba?

O día 22 de maio farase público o lugar ou os lugares onde se realizarán as probas. Esta lista publicarase nos centros de inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

Que documentación é necesario levar o día da realización da proba?

O documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Que materiais se poderán empregar na realización das probas?

 Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).

 Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para al-macenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar no exame de tecnoloxía da par-te científico-técnica.

Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir ou almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.

Que máis hai que ter en conta para o día do exame

O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas, e non seguilas será causa de exclusión.

Conservación das partes aprobadas

Pode perder validez a certificación de superación da proba de acceso?

Non; a superación da totalidade da proba ten validez indefinida.

Durante canto tempo se conservan as partes aprobadas da proba?

A superación da totalidade da proba ten validez indefinida.

Quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia, e non a superase na súa totalidade, poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha cualificación igual ou superior a cinco, nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

Que é a superación da proba por resolución administrativa?

As persoas que nas convocatorias de 2013, 2014 e 2015 superasen algunha das partes da proba de acceso na Comunidade Autónoma de Galicia e estean en condicións, logo de re-matado o proceso, de acreditaren, nas partes non superadas, algunha das causas de exen-ción previstas na convocatoria, poderán solicitar certificación de aprobado da proba de ac-ceso por resolución administrativa.

Tamén o poderán solicitar aquelas persoas que aínda que non teñan partes superadas es-tean en condicións de ter a exención de todas as partes da proba de acceso.

Onde se pode facer esta solicitude?

En calquera centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Uni-versitaria onde se imparta formación profesional.

En que prazo se pode solicitar?

Desde o día 29 de xuño ata o 30 de setembro de 2015.

Onde se recolle este certificado?

En calquera centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Uni-versitaria onde se imparta formación profesional.



story | by Dr. Radut