Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de produción, que abrangue aspectos como:

–Preparación e posta a punto de máquinas, equipamentos, útiles e ferramentas.

–Execución de procesos de mecanizado, corte e conformación de elementos.

–Realización do trazado de elementos complexos de caldeiraría.

–Mantemento de usuario ou de primeiro nivel.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

–Mecanizado por arranque de material con máquinas ferramenta de corte.

–Conformación térmica e mecánica.

–Corte térmico e mecánico.