Novas do centro

Libros de texto curso 2017-18

Fixéronse as seguintes correccións o 15-09-2017: 
 
4º ESO: Inglés.
1º BAC: Matemáticas I
2º BAC: Bioloxía, Historia de España, Química, Historia da Arte, Matemáticas Aplicadas II.

RESULTADOS DELF 2017: 100% DE ÉXITO DO NOSO CENTRO

Hoxe temos unha boa nova que anunciarvos: os 12 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do “Diplôme d'Études en Langue Française” (DELF) aprobaron e obtiveron uns excelentes resultados, polo que estamos moi contentos.

 

A partir deste curso que remata, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

 

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1, o que obtivo o noso alumnado, é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

 

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos ao alumnado de Bacharelato a presentarse ás probas o curso que vén.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2017-18

Listaxe definitiva ADMITIDOS

-

Listaxe de libros COMPLEMENTARIOS

 

O centro porase en contacto coas familias en canto os libros estean preparados para recoller. 
 
O alumnado de 2º PMAR e 3º PMAR que non merque nigún libro. Dende o centro nos poñeremos en contacto coas familias.

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------

Consulta a listaxe provisional de admitidos (o prazo de reclamación é o 17 e 18 de xullo)

Recollida dos vales de material de Fondo Libros: xa están todos os vales de material de 1º da ESO en conserxería
 

 

O prazo para presentar as solicitudes remata o 23 de xuño de 2017.

Poderán presentar a solicitude o pai, a nai ou o titor legal o alumnado de 1º, 2º, 3º e
4º ESO.

O alumnado que repita 4º ESO, disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao
da formalización da matrícula para presentar a solicitude.

Presentarase unha soa solicitude para todos os fillos.

O impreso pódese recoller na secretaría do instituto ou descargar no seguinte
enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Documentación necesaria:

  • Libro de familia.
  • Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia, se é o
  • caso.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero, se é o caso.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade, se é o caso.
  • Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución xustificativa de acollemento ou certificado do centro de menores.

Proceso de admisión para o curso 2017-18

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO ADMISIÓN PARA O CURSO 2017/18

Plazo do 1 ao 20 de Marzo

 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (D.O.G. do 15 de marzo) modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (D.O.G. do 1 de febreiro).

  •  Asolicitude será única e poderase presentar deforma presencial no centro elixido en primeiro lugar dentro das súas preferencias ou de forma electrónica através da aplicación admisión alumnado (www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

 

  • Unha vez presentada a solicitude  non é posible modificar os centros relacionados nin a súa orde de prelación. A renuncia á solicitude rexistrada, non permite  presentar unha nova, polo que o/aalumna/o deberá escolarizarse conforme a o procedemento subsidiario do Capítulo IV da Orde de admisión.

 

  • Na solicitude indicarase o curso no que se desexa ser admitido e, polo tanto, é para ese curso a praza que se lle outorgue, aínda que o alumno repita. No caso de repetir, o alumno poderá escoller entre seguir no Centro no que se atope matriculado ou solicitar praza fora de prazo. En ese caso non terá prioridade sobre as demais solicitudes, aínda que obtivese praza no proceso ordinario.

 

  • O alumnado que ten garantida a permanencia nun Centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao Centro de orixe.

 

  • Aquel alumnado procedente do centro adscrito CEIP A Pedra que fixo a reserva de praza (do 1 ao 15 de febreiro), non pode presentar solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada antes do 1 de marzo.

Calendario de admisión

 

La alumna de Bueu LIDIA DURÁN MALVIDO gana el concurso del cartel para la Mostra de Teatro do Ensino

Noticia de Faro de Vigo

El jurado valoró la fuerza de su "Both" -Verónica Gómez, Facundo Vidal y Marina Carro, accésits

redacción | cangas 04.03.2017 | 03:38

El cartel ganador "Both". // FdV
El cartel ganador "Both". // FdV

La XXI Mostra de Teatro de Ensino Secundario de O Morrazo ya tiene cartel. El diseño ganador es el trabajo "Both" de Lidia Durán Iglesias, alumna de 4º de ESO del Instituto Johan Carballeira de Bueu. El jurado valoró la composición arriesgada, su singularidad y las líneas de fuerza que dirigen al elemento central.

Integrado por Camilo Camaño, Toni Casaus y Toto Iglesias, el jurado otorgó el accésit de Bachillerato a"Ollos" de Verónica Gómez López y "Facundo" de Facundo Gabriel Vidal; y el de ESO a "Mane", de Marina Carro Crespo.

La ganadora tiene un premio de 100 euros y los accésits, de 25.

Unha homenaxe colectiva a Rosalía

 

Colectivos, colexios e Concellos preparan actos no 180 aniversario da poetisa

redacción | o morrazo 18.02.2017 | 04:28

Os organizadores do festival en Cangas. // Gonzalo Núñez
Os organizadores do festival en Cangas. // Gonzalo Núñez

O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Dende hai tempo existe a proposta para que esta xornada sexa declarada como o Día de Rosalía e dende os concellos e colectivos da comarca preparan numerosas actividades para lembrar a poetisa.

"Un grupiño de persoas relacionadas coa Asociación A Cepa" e do instituto María Soliño están organizando o recital de homenaxe a Rosalía de Castro que se celebrará o venres 3 de marzo no Auditorio de Cangas. Xa está confirmada a actuación da banda de gaitas María Soliña, de alumnado do Conservatorio ou da escola de música Staccato, todos de forma altruísta, como prólogo ao recitado de poemas a cargo de coñecidos persoeiros da cultura, dos colectivos sociais da comarca do Morrazo e tamén de calquera cidadá anónimo aos que os promotores convidan a participar. "Será algo similar ao ano pasado, con recitado de poemas da propia Rosalía, música, e moitas outras sorpresas", anuncian. Tamén se prevén proxeccións audiovisuais. "A idea é que cada persoa ou colectivo recite un texto de Rosalía, como en pasadas ocasións, pero, para evitar repeticións, agradeceríamos que comuniquedes o título que elexistes para non repetir textos", solicitan.No blog "acepacangas.blogspot.com" vai aparecendo a lista dos poemas xa seleccionados, para evitar que se repitan.

A idea dos organizadores é facer unha homenaxe colectiva a Rosalía de Castro no 180 aniversario do seu nacecemento (o 24 de febreiro de 1837, en Padrón), que se suma á que lle están facendo outros colectivos, como os comerciantes a través de Fecimo.

No colexio de Montemogos, na parroquia de Beluso, xa comezaron a celebrar o Día de Rosalía. As nenas e nenos de 6º de Prmaria recitaron textos da poetisa e todo o alumnado cantou "Has de cantar" ao son da música de Uxía Senlle, unha canción do libro "Rosalía Pequeniña".

Pola súa banda, o Concello de Bueu tamén organiza varios actos. Un deles será a proxección do documental "I ante aquel silencio mudo", de Marina Chiavegatto e Millán Castro. O pase será o venres 24, día no que se celebran 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, no Centro Social do Mar a partir das 20.00 horas. Por outro lado, durante toda a semana estarán dispoñibles en espazos públicos de Bueu unha serie de carteis con poemas de Rosalía, no marco dunha campaña de colaboración co IES Johán Carballeira baixo o nome "Libros á rúa".

Estes días os escaparates de moitos dos comercios asociados a Fecimo teñen unha decoración que forma parte da súa campaña para celebrar o Día de Rosalía, cun retrato e versos da poetisa. Os veciños que o desexen poden facerse unha foto, tipo "selfie", en calquera destes escaparates e subila ao facebook de Vive O Morrazo xunto a un comentario. Pódense subir tantas fotos como un queira, pero sempre en establecementos diferentes.

O prazo de participación estará aberto ata o 5 de marzo xa que a decoración estará nos escaparates unhas dúas semanas. O sorteo realizarase o martes 7 de marzo e o primeiro premio será un cheque-compra de 200 euros para canxear nas empresas asociadas a Fecimo e unha camiseta de Rosalía deseñada para a ocasión. Ademais tamén se repartirán outras 25 camisetas entre o resto de participantes

 

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/02/18/unha-homenaxe-colectiva-rosalia/1625952.html

Bueu únese á celebración dos actos do día de Rosalía

 

Artigo de Pontevedraviva.com

Por Redacción

 

O Concello de Bueu únese aos actos de celebración polo Día de Rosalía, cando precisamente se cumpren 180 anos do seu nacemento.

Os actos centrais serán o venres 24 de febreiro, a partir das 20.00 horas no Centro Social do Mar, onde terá lugar a proxección do documental "I ante aquel silencio mudo", dirixido por Marina Chiavegatto e Millán Castro, producido por AS-PG e cunha duración de media hora.

A continuación dará comezo un recital poético aberto en torno aos poemas de Rosalía, no que poderán participar todas as persoas que o desexen.

Paralelamente, e durante toda esta semana, nos espazos públicos de Bueu estarán dispoñibles unha serie de carteis con poemas de Rosalía de Castro, no marco da campaña que comeza este mes en colaboración co IES Johán Carballeira baixo o nome de "Libros á rúa".

Esta iniciativa, pioneira en Galicia, nace dunha campaña que xa foi levada a cabo en Madrid e que consiste en achegar a literatura aos espazos das vilas e cidades. Así a cidadanía poderá ler fragmentos de obras pola rúa e edificios, nun afán por achegar a lectura ao conxunto da cidadanía.

 

http://pontevedraviva.com/cultura/34415/bueu-celebracion-actos-dia-rosalia/

Alumnos del IES Johán Carballeira piden ayuda al Concello para su proyecto "Entre rúas"

Faro de Vigo d.g.p. | bueu 09.02.2017 | 03:45

El martes es uno de los días que el alcalde de Bueu tiene reservado para audiencias con los vecinos para escuchar sus demandas, peticiones y sugerencias. Aunque algunos a veces se olviden de ellos o aunque ellos mismos no se vean a menudo en las dependencias del Concello, lo cierto es que los más jóvenes también son vecinos del municipio y tienen el mismo derecho que los demás a reunirse con "su" alcalde y trasladarle sus necesidades. Así, esta semana se reunieron con Félix Juncal en el salón de plenos para presentarle un proyecto en el que están trabajando y para el que necesitan la colaboración municipal.

Los estudiantes que se reunieron con Juncal son los alumnos de 1º y 2º de ESO del IES Johán Carballeira, que se sentaron con el propio alcalde en la mesa de los plenos y en los bancos del salón. Los jóvenes, acompañados de parte del equipo docente, explicaron que están trabajando en un proyecto llamado "Entre rúas" con el que quieren abordar dos iniciativas. La primera es la elaboración de una guía turística "alternativa", una guía hecha por adolescentes y para adolescentes. "Describiremos lugares, calles o zonas apetecibles en las que nos encontramos a gusto. Intentaremos animar nuestra guía para adolescentes incluyendo fotos y travellings de los lugares escogidos", explicaron por turnos a Félix Juncal.

La iniciativa se inspira en un proyecto desarrollado previamente por el CEIP A Rúa, de Cangas, y servirá para que los estudiantes se interesen por la historia que esconden los nombres de las calles de Bueu. "Nos parece interesante aportar a la guía el origen de los nombres de las calles. Para ello recogeremos información a través de entrevistas, hablando con la gente de la zona y buscando información en Internet y las bibliotecas", apuntaron en su entrevista.

La segunda fase del proyecto es llenar de arte un lugar del Concello. La intención del alumnado del IES Johán Carballeira es representar el "Guernica", el famoso cuadro de Pablo Picasso sobre el bombardeo aéreo en la localidad vasca durante la Guerra Civil. "Queremos escribir palabras relacionadas con la paz y el amor, así como con el desgarro y la agonía. Queremos transmitir ayuda a los pueblos que están en guerra", expusieron los jóvenes alumnos.

La colaboración que solicitaron al Concello va desde fotos antiguas de las calles, guías de Bueu, mapas hasta un lugar donde acometer ese diseño del Guernica. Apuntaron incluso la posibilidad de hacerlo en el entorno de la pista de skate o en el muro de la calle Castelao situado frente a la parada de bus.

Juncal escuchó con atención las propuestas de los jóvenes y aseguró que se trataba "dunha fermosa iniciativa" con la que el Concello colaborará. "Sodes a xeración que ten que protagonizar o futuro inmediato deste pobo, tanto dende o ámbito económico, social ou de vocación de servizo público. Por iso considero esencial que dende aquí podamos axudarvos e aportar o que sexa posible", les aseguró el alcalde. "Tedes a nosa máis absoluta colaboración e compromiso. Podedes contar con nós", sentenció para dar más fuerza a su compromiso.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/02/09/nueva-guia-turistica-adolescente-llamada/1620294.html#

 

Aplicación TokApp School

Para mellorar a comunicación coas familias, xa podedes descargar a aplicación TokApp School de balde.


https://www.tokapp.com/school/Ayuda

Powered by Drupal - Design by artinet