Orientación

Edugal 2015. IV Salón da oferta de educación e formación de Galicia

IV Salón da oferta de educación e formación de Galicia.

Edugal preséntase como o maior Salón da oferta de educación, un lugar de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas.

Lugar: Recinto Feiral de Pontevedra

Datas: do 25 ao 27 de febreiro

Aberto en horario de 10 a 13:30 e 16 a 19:30 h.

Organizado pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE).

Entrada libre e gratuíta.

CONVOCATORIA "BECAS ALUMNI UC3M" .PROGRAMA DE AXUDAS PARA ESTUDANTES DE GRAO.CONVOCATORIA 2015

DESTINATARIOS:

Alumnado que se incorpore no curso 2015/2016  a un Grao universitario na Universidade Carlos III de Madrid.Os candidatos  deben ter de media   no 1º curso de bacharelato e nos dous primeiros trimestres de 2º , un mínimo dun 8 e unha renda familiar determinada. O importe de cada axuda é de 3000 euros por cada curso académico do Grao que curse.A data límite ara presentar a solicitude é o 30 de abril de 2015.

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINADOS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS NO ANO 2015

Convoca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Publicación: DOG 06/02/2015

Relación de carnés:

- Operador industrial de caldeiras

- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios

- Instalador de gas A,B.C

- Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría I,II e III

- Carné profesional de operador de guindastre torre

- Carné profesional de guindastre móbil autopropulsado, categoría A e B

- Manipulador de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados

- Manipulador de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga refrixerante inferior a 3 Kg de gases fluorados

- Manipulador de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de 3 Kg de refrixerantes fluorados

Prazos de solicitude:

1. Para a convocatoria ordinaria, ata o día 20 de febreiro de 2015

2. Para a convocatoria extraordinaria, desde o día 1 ao 13 de xullo de 2015

Máis información: www.edu.xunta.es/fp

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
  • As probas terán lugar o día 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
  • Condicións das persoas aspirantes.
    1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
    a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
    b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
    c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.
    O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas
  •  Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
    Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera
    das dúas vías da modalidade de Artes.
  • Forma, lugar e prazo de presentación.
    1. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
    2. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, de acordo co modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, nos centros sinalados no número 3 desta epí-
    grafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
    común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
    3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
    a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
    b) IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.
    c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
    d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.
    e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires 26, 36002 Pontevedra.
    f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
  •  Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
    a) Copia do DNI ou doutro documento equivalente cando non se autorice a súa consulta.
    b) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da
    Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.
    c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.
    d) Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.
  • Características da proba.
    1. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as dúas modalidades de bacharelato para as cales se convoca.
    2. A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e o segundo, de tres horas trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso
    de dúas horas.
    3. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo
    do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  •  Primeiro exercicio, de materias comúns.
    a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre
    aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e
    autores relevantes da literatura galega, nas cales se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica do aspirante.
    b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre
    aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e
    autores relevantes da literatura en lingua castelá, nas cales se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica do aspirante.
    c) Terceira parte: lingua estranxeira. A partir dun texto ou textos propostos, o aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua
    obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.
    d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Filosofía e Cidadanía, Historia da
    Filosofía e Historia de España.
    5. O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade establecidas no artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece
    a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas
    das materias de modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.
    O aspirante realizará os exercicios correspondentes ás materias obrigatorias da modalidade que seleccione, e doutras catro elixidas de acordo coas especificacións do anexo V.
    Para cada unha das partes do segundo exercicio integraranse nun mesmo exame cuestións das materias incluídas nelas.
  • Normas de realización da proba.
    1. Entre as 8.30 e as 9.00 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. Os aspirantes identificaranse debidamente con DNI ou pasaporte
    antes de entrar neles.
    2. A sesión da mañá durará das 9.00 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias comúns. Organizarase en dous períodos:
    Primeiro, das 9.00 ás 12.00 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias comúns Lingua Galega e Literatura (I e II) e Lingua Castelá e Literatura (I e II). Ao
    comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os exames correspondentes a ambas as dúas linguas, para que estes dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas
    súas preferencias.
    Segundo período, das 12.30 ás 14.30 horas: realizaranse os exames correspondentes a Lingua estranxeira (I e II) e cuestións de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Filosofía
    e Cidadanía, Historia da Filosofía e Historia de España. Igualmente, ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os dous exames para que estes dosifiquen
    o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.
    3. A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias de modalidade, de acordo coas especificacións do anexo V, e durará das 16.30 ás 20.30 horas. Organizarase
    en tres períodos:
    Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás materias de modalidade obrigatorias.
    Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade.
    Os aspirantes escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as catro opcións
    da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.
    Terceiro, das 19.30 ás 20.30 horas: realizarase a parte terceira das probas de modalidade.
    Os aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para a terceira parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as tres opcións sinaladas
    para a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.
  • Os aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:
    a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de Matemáticas,Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, Física e Química, Física, Química, Electrotecnia,
    Tecnoloxía Industrial e Economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
    b) Nas materias de Latín e Grego, dicionario desas linguas.
    c) Na materia de Debuxo Técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.
    Os aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos.
  • Máis información e modelos das probas de convocatorias anteriores no enlace http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

 

 

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización

Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

  • Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Teren cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, ordinal 5º da Orde do 21 de decembro de 2007
(DOG do 7 de xaneiro de 2008).

 Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional
inicial.

 O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre.


O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI ou pasaporte, ou doutro documento equivalente cando non se autorice a súa consulta telemática.
b) Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados, de
acordo coas especificacións establecidas nos números 2, 3 e 4 da epígrafe décimo primeira desta resolución.
c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
d) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da
Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.
As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado
en educación secundaria obrigatoria:

Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Frei Martín Sarmiento,avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, 36001 Pontevedra.

Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88, 36208 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

Pódese consultar outros lugares e centros na Resolución (DOGA 21 de xaneiro de 2015).

Na páxina http://www.edu.xunta.es/web/node/1238, atoparedes información e probas doutras convocatorias anteriores.


 

 

PROGRAMA DE ACTIVACIÓN PARA O EMPREGO

No R.D,lei 16/2014, do 19 de decembro, regúlase o Programa de Activación para o Emprego.Trátase dun programa específico e extraordinario de carácter temporal, dirixido a persoas desempregadas de longa duración. Comprende políticas activas de emprego, actuacións de intermediación laboral e unha axuda económica de acompañamento. A duración máxima da axuda económica é de 6 meses e a contía é de 426 euros mensuais.

Requisitos das persoas beneficiarias:

- Estar inscrito como demandante de emprego a data 01/12/2014

- Ter permenecido como demandante de emprego 365 días nos 18 meses anteriores á data de solicitude de incorporación ao programa

- Caracer do dereito á protección contributiva ou asistencial por desemprego ou a renda activa de inserción.

Prazo de solicitude: De 15/01/2014 a 15/04/2016

Mais información: http://sede.sepe.gob.es

Acreditación de competencias. Convocatoria 2015

Publicada a Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informáticasubministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezohttp://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación está activa a partir do 8 de xaneiro de 2015.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 8 de xaneiro de 2015 ao 6 de febreiro de 2015.

 

PROGRAMA SERVICIO VOLUNTARIO EUROPEO (SVE): ERASMUS+”YOUTH IN ACTION” Voluntariado en Montenegro

Este programa ten a finalizada dun beneficio social na cidade de Padgorica en Montenegro.

 

O voluntario/a realizará actividades de apoio a xoves con menos oportunidades, cursos, seminarios, apoio escolar, preparación de xornadas interculturais, organización e preparación de eventos puntuais (Day of kidness, day of health, day of volunteers, etc…) tarefas de publicidade. Aportación do propio voluntario dependedo das súas destrezas.

  • Certificado YouthPass. Garantizado para a obtención de emprego en Europa.

  • Se estás interesado/a. Prepara o teu CV Europass e a túa carta de motivación, pregúntamos cómo facelo.

 

Datas: do 1 de febreiro de 2015 ao 2 de marzo de 2016

 

Lugar: Padgorica, Montenegro.

 

Destinatarios/as: mozos/as de 18 ata 30 anos.

 

Prazas: 1

 

Duración: 12 meses.

 

Condicións: gastos incluidos: desprazamento (ida e volta), aloxamento, manutención, diñeiro de bolsillo, seguro médico, vacacións, aprendizaxe do idioma.

 

Solicitudes ata o 10 de xaneiro 2015

Envia formulario de participante que atoparás na web www.galiciagolearnig.org

 

Información:

tel. 652 80 90 80

 
--
Concellaría de Xuventude
Casa Azul, r/Sor Lucia 2-3º
36002 Pontevedra
tel. 986 84 03 67/fax 986 84 61 45
http://xuventude.pontevedra.eu

PROGRAMA XUVENIL EUROPEO: ERASMUS+”YOUTH IN ACTION” Acción 1.1. Chemist shop of employment

Intercambio con 15+2 gregos con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 9 días no Youth Hostel “Aloxa” na cidade de Pontevedra.

 

O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaremos as actividades. As principais actividades so a búsqueda e solución de desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos "environment", a música (djembé), así como compartir experiencias e tradicións de cada país. Así deberán convivir tendo como lingua vehicular o inglés, xunto con 4 titores, dous de Grecia e dous de Galicia.

  • Dimensión de aprendizaxe: a mocidade participante aprenderá sobre desemprego, reciclaxe e música.

  • Dimensión intercultural: a mocidade participante aprenderá de ambas culturas.

  • Dimensión europea: reflexionaremos sobre o concepto de cidadanía europea onde todas as persoas compartimos oportunidades e responsabilidades para facer que Europa sexa un lugar mejor

 

Datas: do 14 ao 23 de febreiro de 2013

 

Lugar: Youth Hostal “Aloxa” na r/ Gorgullón , Pontevedra.

 

Destinatarios/as: mozos e mozas de 18 a 30 anos.

 

Prazas: 15

 

Duración: 9 días.

 

Gastos participación: 30 € (inclúe 9 días de aloxamento + pensión completa)

 

Solicitudes ata o 18 de xaneiro 2015.

Envia o formulario de partipante que atoparás en: www.galiciagolearning.org

 

Información : tel. 652 80 90 80

 

 
--
Concellaría de Xuventude
Casa Azul, r/Sor Lucia 2-3º
36002 Pontevedra
tel. 986 84 03 67/fax 986 84 61 45
http://xuventude.pontevedra.eu

CONVOCATORIA PARA FAMILIAS DE 1º E 2º ESO: CONVOCATORIA DE PROA (ANO ESCOLAR 2014/2015)

O mércores día 26 de novembro, ás 18:30 horas, haberá unha reunión informativa, destinada ás familias de alumnado de 1º e 2º ESO para tratar a convocatoria do PROA a desenvolver neste ano escolar.

Programa de reforzo, orientación e apoio (PROA): modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.

Na convocatoria para o curso 2014/15 permanecerá unha das dúas modalidades do anterior programa: acompañamento escolar (fóra do horario lectivo), dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria e ao alumnado de toda a ESO, e nela daráselles unha maior relevancia ás accións dirixidas á mellora da aprendizaxe do alumnado en desvantaxe socioeducativa.

Descrición da actuación

Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Destinatarios

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria ou de toda a educación secundaria obrigatoria que presente dificultades e problemas de aprendizaxe ou que estea en desvantaxe educativa por causa do contorno sociocultural en que se desenvolve.

Obxectivo: potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar deste alumnado mediante:

·         o fornecemento de destrezas e coñecementos necesarios nas competencias básicas (CMCT e CCL)

·         a adquisición de técnicas de traballo intelectual.

·         a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo.

·         alento ao estudo a través de dinámicas de traballo eficaces.

·         incremento do hábito lector.

·         a mellora da súa integración social, no grupo e no centro.

Powered by Drupal - Design by artinet