Presentación

PROGRAMAS EUROPEOS NO IES JOHAN CARBALLEIRA

Información xeral
Convocatorias de movilidades Proxectos realizados Blog Programas Europeos
 

 

¿EN QUÉ CONSISTE A MOBILIDADE ERASMUS? 

O programa Erasmus comprende unha serie de accións de mobilidade que van dirixidas aos estudantes de secundaria e FP, ofrecéndolles a posibilidade de realizar intercambios estudiantís e un periodo de estudos (SMS) ou ben de prácticas (SMP) nalgun país europeo. As posibilidades de mobilidade Erasmus tamén se extenden ao persoal, docente e non docente, dos centros educativos.

 

O PROGRAMA ERASMUS NO JOHAN CARBALLEIRA

Dende decembro de 2010 o IES Johan Carballeira é titular dunha Carta ErasmusEn febreiro de 2011 o noso centro puxo en marcha con éxito a súa primeira experiencia de mobilidade. Dende entón a nosa laboura vénse centrando na mobilidade dos estudantes de FP de grao superior, en concreto a mobilidade de prácticas, enviando ao noso alumnado a realizar as súas prácticas de FCT a países como Portugal, Irlanda, Inglaterra ou Alemaña. 
 
A longo prazo, o obxectivo do IES Johan Carballeira é ampliar estas accións de mobilidade a todo o alumnado do centro, así como ao personal, docente e non docente. En xullo de 2015 iniciamos a nosa primeira experiencia de mobilidade de persoal.
 
 
O departamento de programas europeos está á vosa disposición para asesorarvos sobre cantas dúbidas poidades ter sobre esta experiencia. Convocaremos reunións periódicas para tervos ao tanto da marcha do proceso e animarvos a participar nel.
 
Podedes ampliar información sobre o Erasmus no blog dos ciclos de FP do IES Johan Carballeira ou ben poñéndovos en contacto có departamento de programas europeos na dirección de correo electrónico: iesjc.coordinadorerasmus@gmail.com
 

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO

O IES Johan Carballeira organiza proxectos de mobilidade europea a través do departamento de Programas Europeos, integrado polo coordinador Erasmus, o coordinador de formación en centros de traballo, os titores de segundo curso dos ciclos superiores e o soporte dun membro do departamento de linguas e outro do equipo directivo do centro.
   

 FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO

Este departamento asume a responsabilidade de xestionar as accións de mobilidade que se emprendan no IES Johan Carballeira: promoción e información dos diversos programas, localización de institucións de acollida, xestión dos acordos interinstitucionais, organización e xestión de probas de selección, tramitación de axudas económicas,  asesoramento e apoio loxístico aos participantes e titoría das estancias.

Organizaranse reunións periódicas coa comunidade educativa (persoal, estudantes e familias) para promover e informar sobre as diversas opcións de mobilidade, as súas características e requisitos. A información e a comunicación tamén se garanten a través da web do centro e do blog de formación profesional.

 OBXECTIVOS

Promover o espírito emprendedor, a aprendizaxe de idiomas, a iniciativa persoal no desenvolvemento da carreira profesional e a mellora do perfil de empregabilidade dos nosos estudantes, constitúen unha prioridade da nosa axenda e o motor do departamento.

O departamento de programas europeos traballará no desenvolvemento de proxectos de cooperación con outros centros educativos, empresas e institucións (europeas e internacionais) de cara a promover a mobilidade estudantil e profesional, o intercambio de boas prácticas e a aprendizaxe de idiomas e de estratexias emprendedoras innovadoras.

Darase prioridade á promoción da mobilidade dos estudantes de todos os niveis educativos do noso centro, a través dos diversos programas de cooperación internacional que o profesorado desexe poñer en marcha.

 

Powered by Drupal - Design by artinet