Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2020-21

admin
LISTAXES DEFINITIVAS
 
As listaxes definitivas publicaranse, a máis tardar, o día 15 de setembro.
 
 
Xa se pode pasar a recoller os vales de material do fondo de libros (13-07-2020)
 
LISTAXES PROVISIONAIS
 
As listaxes provisionais publicaranse  EXCLUSIVAMENTE no taboleiro de anuncios do centro o 10 de xullo e as reclamacións serán o 13 e o 14 de xullo.  
 
PRESENTACION DE SOLICITUDES FONDO LIBROS
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
 
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Nese caso, recomendamos descargar os impresos na casa dende aquí: 
 
 
 
Co fin de evitar aglomeracións, establecemos os seguintes turnos para a presentación das solicitudes de forma presencial no centro:

  • Alumnado que se matriculará en 1º ESO para o vindeiro curso: do 25 ao 29 de maio.
  • Alumnado que se matriculará en 2º ESO para o vindeiro curso: do 1 ao 5 de xuño.
  • Alumnado que se matriculará en 3º ESO para o vindeiro curso: do 8 ao 12 de xuño.
  • Alumnado que se matriculará en 4º ESO para o vindeiro curso: do 15 ao 19 de xuño.

 

Se alguén ten problemas en entregar a solicitude na semana que lle corresponde, pregamos se poña en contacto co centro 
 
 
DOCUMENTACIÓN (Cando se autorice a consulta telemática)
  • Anexos I e II.
  • Fotocopia do libro de familia ou Sentenza de separación/Certificado de convivencia (con data a 12 de decembro de 2018)/Certificado de defunción.
E, de ser o caso:
  • Certificado do grado de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia).
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  
Normativa
 
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
 
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
 


page | by Dr. Radut