Skip to Content

RESULTADOS DELF 2017: 100% DE ÉXITO DO NOSO CENTRO

admin

Hoxe temos unha boa nova que anunciarvos: os 12 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do “Diplôme d'Études en Langue Française” (DELF) aprobaron e obtiveron uns excelentes resultados, polo que estamos moi contentos.

 

A partir deste curso que remata, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

 

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1, o que obtivo o noso alumnado, é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

 

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos ao alumnado de Bacharelato a presentarse ás probas o curso que vén.



page | by Dr. Radut