Skip to Content

Bueu únese á celebración dos actos do día de Rosalía

admin

 

Artigo de Pontevedraviva.com

Por Redacción

 

O Concello de Bueu únese aos actos de celebración polo Día de Rosalía, cando precisamente se cumpren 180 anos do seu nacemento.

Os actos centrais serán o venres 24 de febreiro, a partir das 20.00 horas no Centro Social do Mar, onde terá lugar a proxección do documental "I ante aquel silencio mudo", dirixido por Marina Chiavegatto e Millán Castro, producido por AS-PG e cunha duración de media hora.

A continuación dará comezo un recital poético aberto en torno aos poemas de Rosalía, no que poderán participar todas as persoas que o desexen.

Paralelamente, e durante toda esta semana, nos espazos públicos de Bueu estarán dispoñibles unha serie de carteis con poemas de Rosalía de Castro, no marco da campaña que comeza este mes en colaboración co IES Johán Carballeira baixo o nome de "Libros á rúa".

Esta iniciativa, pioneira en Galicia, nace dunha campaña que xa foi levada a cabo en Madrid e que consiste en achegar a literatura aos espazos das vilas e cidades. Así a cidadanía poderá ler fragmentos de obras pola rúa e edificios, nun afán por achegar a lectura ao conxunto da cidadanía.

 

http://pontevedraviva.com/cultura/34415/bueu-celebracion-actos-dia-rosalia/



page | by Dr. Radut