Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2015/2016

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o 28 de maio, ambos os dous incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.

Acceso

a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010, para o acceso ás ensinanzas superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

b) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba, e, no caso de

obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de

non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza.

c) De conformidade co citado artigo 16.2 da citada Orde do 30 de setembro de 2010, a superación desta proba específica permitirá acceder a calquera dos centros do Estado

onde se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da súa dispoñibilidade de prazas.

d) Así mesmo, segundo o establecido no citado artigo 18.1 da citada orde, poderán acceder aos estudos superiores en Deseño, sen realizaren a proba específica sinalada no

artigo 16 desta orde, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño.

Desenvolvemento das probas

a) As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 19 de xuño na EASD Pablo Picasso da Coruña, de acordo co seguinte calendario e horario:

– 1ª parte: das 10.00 ás 13.00 horas.

– 2ª parte: das 16.00 ás 20.00 horas.

b) A EASD Pablo Picasso organizará a distribución horaria e de espazos de ocupación dos tribunais que actúen nela.

c) Estrutura da proba específica.

A proba específica de acceso ás ensinanzas superiores en Deseño constará de dúas partes:

• Primeira parte.

Durante un máximo de tres horas, os aspirantes contestarán por escrito a tres cuestións,

formuladas por escrito polo tribunal, relacionadas cos seguintes temas:

a) A historia das artes en xeral.

b) A historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral.

c) O deseño na especialidade que se aspira a cursar.

Nesta parte da proba, o tribunal valorará a extensión e profundidade dos coñecementos, así como a calidade expresiva e expositiva amosada polo aspirante.

• Segunda parte.

Durante un máximo de catro horas, os aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo:

1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar, proposto polo

tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.

2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas aos estudos que se aspira a cursar, que serán definidos polo tribunal, do

modelo do exercicio anterior.

Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

 

Powered by Drupal - Design by artinet