Instrucións para a realización da proba de acceso de gro superior

Data de celebración

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior, convocadas mediante a Orde do 17 de febreiro de 2015 (DOG 27 febreiro), terán lugar o día 29 de abril de 2015.

Lugar de celebración

Os lugares de celebración das probas de acceso a grao superior están publicados nos taboleiros dos centros de inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Por favor, preste especial atención e comprobe cal é o centro que lle corresponde. Se ten dúbidas,pregunte no centro onde realizou a inscrición. O IES Johan Carballeira é a sede correspondente ao IES Chan do Monte de Marín e a do propio centro Johan Carballeira.

Documentación:

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos.

As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.

Horario das probas

Presentación.

– Ás 9:00 horas.

Parte común da proba.

– Das 10:15 ás 13:30 horas materias da parte común (matemáticas, lingua galega e lingua

castelá).

Parte específica da proba.

– Das 16:00 ás 18:30 horas: materias da parte específica.

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros.

As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte específica

acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

Advertencias

 Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún dispositivo que permita

transmitir e/ou almacenar información

 O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas.

Non seguilas poderá ser causa de exclusión.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas

 Bolígrafos de tinta negra ou azul.

 Calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para

almacenar e/ou transmitir datos.

 Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, escuadra

e cartabón.

Instrucións

Exame e folla de respostas

 As persoas solicitantes deben comprobar que o exame e a folla de respostas sexan da

mesma cor e que correspondan ás mesmas materias.

Cumprimentación do campo do documento de identificación (DNI,/NIE/Pasaporte)

 As instrucións para a realización do exame indicarán como teñen que proceder para que os datos persoais sexan correctamente cubertos nos recadros correspondentes. Porase especial atención ao cubrir o número de documento de identidade.

 Criterio:

– Prescindir das letras iniciais, finais e intermedias. Escribir o número do documento sen letras nin espazos intermedios.

– Empezar a cubrir os díxitos do número de documento pola primeira columna da esquerda.

– En cada columna non poderá haber máis dunha marca.

– Para os números con 8 díxitos todos os espazos do recadro deben quedar cubertos.

– Para os números de menos de 8 díxitos os espazos finais, quedarán en branco, non se marca nada.

Powered by Drupal - Design by artinet