Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Taboleiro

Segundo o Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que "se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario" (DOG, 29/04/88, corrección de erros, DOG, 03/05; 24/05, e 15/06/88 modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, DOG do 17 de maio, e polo Decreto 324/1996); no seu artigo 51 "[..] Unha vez recibidas as actas, a xunta electoral do centro procederá á proclamación dos candidatos elixidos, dando traslado da copia das mesmas ó Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Contra as decisións da citada xunta poderase presentar por un prazo de quince días reclamación perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa."

Por tanto a dirección do centro, en representación da Xunta Electoral, fai público o resultado das eleccións:

Sector Alumnado

Manuel Galán Rodriguez

Alejandra Karyma Varela

Sector Profesorado:

Susana Blanco Gallego

Mª Basilisa Pacoret Balsa

Mª Rosario Matilde Varela

Sector PAS:

Josefa Mª García Costa

Sector nais/pais/titores ou titoras legales:

Begoña Recarey Calvelo

Constitución do consello escolar do centro

Segundo o Decreto citado, no seu artigo 52 "0 Consello Escolar constituirase, logo da convocatoria dos seus membros polo director do centro, dentro dos 10 días seguintes á proclamación dos candidatos electos".

 

Convócanse ao electorado listado nos censos publicados en tempo e forma no taboeiros do IES Isidro Parga Pondal, para as seguintes datas:

  • Sector alumnado: 23 de novembro dende as 11:00h ás 11:30h e dende as 11:50h ás 12:20h.
  • Sector profesorado: 24 de novembro as 11:00h e de novo ás 16:00h.
  • Sector nais/pais/titores ou titoras: 24 de novembro dende as 16:00h.
  • Sector PAS: 24 de novembro dende as 11:30h.

 

 

As presentacións levaranse a cabo o día 15 xoves, de 12:00 a 14:00.

Tanto nas entradas como nas saídas haberá transporte escolar.

As presentacións faranse en tres quendas:

1-. Presentación dos alumnos e alumnas de 1º da ESO

2-. Presentación dos alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO

3-. Presentación do alumnado de Bach.

Despóis de cada presentación, cada grupo subirá ás súas aulas acompañadas polo seu titor ou titora.

A continuación, achégase un resumo e a instancia para participar Fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2016/17.

Para maior información poden consultar na url http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

 

 

 

Carballo volverá estar presente na fase final do Club de Debate, o certame escolar que desde hai cinco anos organizan os servizos de normalización lingüística de varios concellos de toda Galicia. Este ano, a capital bergantiñá só tiña un representante nesta competición pensada para incentivar a oratoria en público, o uso do galego e o pensamento crítico entre os estudantes, pero non fixo falta máis para superar a fase de zona -celebrada onte en Narón- e facerse un oco entre os mellores de Galicia.

O día 3 de marzo de 2016 os alumnos e alumnas de  4°ESO A fomos á Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela grazas a que un dos nosos compañeiros, Óscar Varela, foi seleccionado para a final Olimpíada filosófica de Galicia 2016, xunto con tres alumnos/as doutros centros.  Na Olimpíada había varias modalidades de participación: disertación, dilema moral, fotografía e curtametraxe. Óscar participo cun dilema moral.

.