Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Taboleiro

As rapazas e rapaces da optativa Tecnoloxía Informática e Comunicacións II (TICS II)  de 2 bacharelato guiados pola súa profesora Leticia comezaron a traballar nun concurso a nivel internacional chamado "Wisibilízalas" organizado pola Univeridade Pompeu Fabra de Barcelona cos obxectivos de:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM
  • Potenciar referentes femeninos actuais que sirvan de inspiración ás máis xóvenes
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web

Para isto, farán entrevistas a diferentes mulleres do ámbito STEM (ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e crearán unha páxina web con vídeos, fotos e texto con ditas entrevistas.
Podedes seguir a súa andadura con este proxecto a través das canles sociais da Biblioteca Rebolo:

  • Twitter: @bibliorebolo
  • Instagram: @bibliorebolo
  • Facebook: Biblioteca rebolo

Agradecemos a máxima difusión seguindo e compartiendo nas vosas redes sociais.

A entrega de notas será o vindeiro mércores ás 16.30h horas.

O inicio do periódo de reclamacións comenzará igualmente ás 16.30h do mércores e estenderase até ás 12.00h do xoves 5.

O período de matrícula extraordinaria comenzará o Xoves 5 ás 9.00h da mañá e extenderase até o martes 10h ás 14.00h.

Con todo, os días e horario preferido para facer a matrícula extraordinaria son:

Xoves pola mañá, de 9.00h até ás 14.00h: 1º ESO, e 1º e 2º de bacharelato.

Xoves pola tarde, de 16.00h até ás 20.00h: 2º e 3º da ESO.

Venres pola mañá, de 9.00h até ás 14.00h: 3º e 4 da ESO.

Venres pola tarde, de 16.00h até ás 18h: calquera curso.

É preferible que todo o alumnado se matricule en estas datas, xa que as matrículas feitas a partir do luns 9 non poderán elixir optativas.

 

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 5 de xullo ata as 13:00 horas do martes 9 de xullo de 2019.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.

 

Máis información:
http://www.edu.xunta.es/fp/node/15418

Esta semana tivo lugar a representación teatral da obra "Suspéndese a función" de Fernando Lalana por parte dos alumnos do IES Isidro Parga Pondal.

Foi unha actividade extraescolar organizada pola ANPA coa colaboración de Vagalume Teatro e da que puidemos gozar esta semana no Pazo da Cultura de Carballo.