Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O día tres de xuño, os alumnos de 4º Eso (Economía e IAEE), do Ies Isidro Parga Pondal recibiron unha charla sobre Banca Ética, Cooperativismo e Microcréditos.
O relator Gonzalo Gesto, Coordinador GIT Galiza Norte e Asturias de Fiare Banca Etica, presentounos os principios sobre os que se sustenta a Banca Ética: a transparencia, a participación e democracia, a sobriedade, a eficiencia e, por último a atención ás consecuencias non económicas das accións económicas. Sorprendeunos co Balance Social e a súa forma de actuar na Sociedade. Os casos, todos reais, amosaron o cambio de paradigma que se pode dar nun negocio tan controvertido como é o financieiro.  Os alumnos aproveirtaron para  preguntarlle polo salario do director xeral do banco ético. A resposta foi contundente, "o salario do  que máis cobra na empresa  é como máximo seis veces o do salario máis baixo".
Destacou tamén a presenza en Galicia doutras entidades de finanzas éticas como Coop' 57 Galicia e AIS "O Peto". Destacounos como proxecto relevante do Coop´57 Galicia a sala Numax en Santiago de Compostela.
Outros proxectos fora da Comunidade Galega relevantes polo seu impacto social: a empresa de inserción social do Grupo Peñascal, ou o caso de Trabensol (Madrid), que constrúe unha vivenda comunitaria feita a medida para os seus socios, para cando se xubilen; Montañuela (Burgos) produción agroecolóxica ou ben, Microfides (Navarra) con microcréditos para intervencións no Senegal, Ecuador ou Nicaragua.