Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Dado que todos non aprendemos do mesmo xeito, dende o noso centro estamos a traballar na transformación e adecuación do mesmo, implantando diversas ferramentas visuais no día a día para que o noso alumnado TEA poida sentirse máis seguro e regular mellor as súas emocións e sentirse máis tranquilos e cómodos no seu desenvolvemento persoal e académico.

Coa colocación destes elementos visuais de comunicación (pictogramas) o centro educativo gaña en accesibilidade co obxectivo de que o noso alumnado TEA teña máis autonomía e maior coñecemento dos recursos dispoñibles do seu centro e se poida orientar polo mesmo tendo acceso a toda a información.

Esta iniciativa permite acadar o obxectivo de garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, así como promover oportunidades de aprendizaxe para tod@s. Cabe destacar, que non só está dirixida ao alumnado TEA, senón a todo aquel que poida presentar outras dificultades ou que chega novo ao centro, así como ás nais e pais dos alumn@s e mesmo a calquera persoa que non coñeza a lingua.

O obxectivo final é poder eliminar calquera barreira de comunicación existente que poida limitar os nosos dereitos como cidadáns de pleno dereito.