Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E N T R A D A

MÚSICA CLÁSICA OBERTURA 1812 P.L.TCHAIKOOWSKY

É unha obertura romántica (introdución instrumental de una ópera u outra obra dramática, musical o no) escrita por el compositor ruso Piort LLinch Tchaikwosky en 1880 para orquestra. A peza escribiuse para conmemorar a vitoria da resistencia rusa en 1812 fronte ao avance de la Grande Armée de Napoleón Bonaparte

MÚSICA CLÁSICA

Rosas do surJohann Strauss

Trátase dun vals clásico escrito en 1880, por JohannStrauss (hijo), compositor austríaco do romanticismo. Emprega temas extraídos da

opereta Das Spitzentuch der Königin (O pano de encaixe da raíña), inspirada nunha novela

de Heinrich Bohrmann-Riegen.

Este vals é un dos máis importantes, e de feito, a Orquestra Filarmónica de Viena continúa interpretándoa regularmente nos seus concertos de Ano Novo.

É unha peza tranquila máis os finais mostran unha ledicia absoluta e brillante, coas melodías máis felices de Strauss.

Os fanáticos de Star Trek recoñecerán esta obra como o vals que Nyota Uhura interpreta en “O escudero de Gothos”. Tamén se emprega no

videoxogo Dancing with the Stars para Playstation 2.

MÚSICA CLÁSICA

Hora staccato Grigoras Dinicu

Grigoras Dinicu é un virtuoso romanés do violín e compositor de etnia xitana. Hora staccato é un peza rápida e curta que require un dominio excepcional de staccato ascendente e descendente. Dinicu escribiuna para a súa gradación en 1906 no Conservatorio de Bucarest e interpretouna na cerimonia.

MÚSICA CLÁSICA DIVERTIMENTO Nº 5

Leonard Bernstein

O divertimento é unha forma musical que foi moi popular durante o século XVIII, composta para un número reducido de instrumentos. Os divertimentos acostumaban mostrar un estilo desenfadado e alegre. No s. XIX esta forma decaeu con rapidez, mais no século XX, compositores como Leonard Bernstein, compositor, pianista e director de orquestra xudeu estadounidense, volveron a empregala, aínda que variando a súa forma.

MÚSICA CLÁSICA

Masquerade Suite Aram Khachaturian Masquerade é unha peza de música incidental, feita polo

compositor e director de orquestra armenio, Aram Khachaturian en 1941, para unha produción do mesmo nome dirixida por Ruben Sinomov. En 1944, Khachaturian, fixo unha suite en cinco movementos partindo da peza incidental.

 

 

S A Í D A

MÚSICA FOLK

Non, je ne regrette rien Édith Piaf

“Non, non me arrepinto de nada” é unha canción do estilo musical folk interpretada por Édith Piaf quen dedicou a súa interpretación

á Lexión Extranxeira Francesa. No momento que foi estreada e gravada a canción, Francia encontrábase nun conflito militar, a Guerra de Independencia de Arxelia.

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

WannabeSpiceGirls

Imos escoitar unha canción do grupo feminino británico Spice Girls, lanzado en 1996 como primeiro sencillo do seu álbum

debut Spice. É considerada como a canción máis representativa do grupo, pois chegou a ser un éxito mundial. Wannabe é unha das cancións máis recoñecidas e exitosas dos años 90. A finais de 1996, fora número 1 en vinte dous países.

MÚSICA ROCK

Thunderstruck AC/DC

Thunderstruck é a primeira canción do álbum The Razors Edge, de AC/DC publicado en 1990. A canción rock chegou a colocarse no quinto posto do Mainstream Rock

Tracks de Billboard nos Estados Unidos. Foi lanzada como sencillo

en Alemaña, Xapón e Australia. Esta canción é un dos maiores éxitos da banda australiana.

MÚSICA SOUL THINK

ARETHA FRANKLIN

Think é unha canción soul feita por Aretha Franklin e Teddy White en 1968.

Converteuse nun himno feminista, chegando ao número 7 do Billboard Hot 100, e copando o máis alto das listas de música negra. Aretha Franklin tamén interprétaa na película “The Blues Brothers” en 1980.

MÚSICA POP

What about us Pink

What about us é unha canción do xénero musical pop. É o primeiro sencillo do álbum titulado, Beautiful Trauma, da cantante estadounidense Pink. A canción foi lanzada á venta o 10 de agosto de 2017. A canción recibiu unha nominación como Mellor canción pop, na entrega número

sesenta dos Premios Grammy.

 

 

T A R D E

 

BSO PELÍCULAS

Eduardo Manostijeras Danny Elfman

A BSO de Eduardo Manostijeras foi composta por Danny Elfman, que en varias ocasións realizou outras pezas musicais para Tim Burton.

Emprega o coñecido como coro e voces brancas, que proporciona orixinalidade, dozura e fraxilidade que combina co propio protagonista do filme, Eduardo; é, ao mesmo tempo unha sensación fantasmagórica.

 

BSO PELÍCULAS

Eduardo Manostijeras Danny Elfman

A BSO de Eduardo Manostijeras foi composta por Danny Elfman, que en varias ocasións realizou outras pezas musicais para Tim Burton.

Emprega o coñecido como coro e voces brancas, que proporciona orixinalidade, dozura e fraxilidade que combina co propio protagonista do filme, Eduardo; é, ao mesmo tempo unha sensación

fantasmagórica..