Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Se dunha cousa podemos estar orgullosos no noso centro é dos proxectos tan chulos e elaborados que de cando en vez van sacando os diferentes departamentos e que nos permiten levar o nome do Isidro Parga Pondal por toda a xeografía galega.

Con motivo da festa de Samaín (que non Halloween), o departamento de música en colaboración con varios departamentos do centro e con alumnado de diferentes etapas educativas, realizou unha montaxe musical para celebrar a devandita festa, debido a que este ano, por culpa da pandemia, era imposible realizar unha actuación musical como viñan facendo outros anos. Pero o resultado final, foi, sen ningunha dúbida un gran éxito.

E precisamente, debido ao estupendo traballo que realiza este departamento co alumnado, La Voz de Galicia, no seu programa de PRENSA-ESCOLA dedicoulles un artigo do que vos queremos facer partícipe… porque toda publicidade é sempre ben recibida, pero máis se cabe cando hai un gran e duro traballo detrás que moitas veces non se ve recoñecido e/ou recompensado.

Así que, grazas a todos os que axudades para conseguir que estes pequenos proxectos saian adiante e conseguir que o alumnado non se limite a quedar sentado na cadeira, senón que participe, goce e en definitiva, énchanse de vivencias e recordos que non esquecerán facilmente.

Podedes consultar o ártigo pinchando na seguinte ligazón: ler artigo