Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21, indícanse no seu Artigo 13 bis. as instrución para a publicación de actos:

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade á listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario, con indicación, no caso de ser excluída, da deficiencia detectada ou da documentación de que carezan.

Este acto publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.