Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

Charla Astronomía

O pasado 10 de maio visitounos Víctor Tilve nunha actividade organizada polo departamento de Matemáticas.

Víctor estudou matemáticas na USC e foi, xustamente durante a carreira, cando se atopou coa Astronomía ao realizar un traballo sobre astrofotografía. Tras esta experiencia, o noso poñente mudou os seus intereses cara a contaminación luminosa, ao comprobar que na súa cidade, Vigo, as estrelas non eran visibles pese a ter unhas condicións climáticas favorables.

A afición de Víctor pola Astronomía foi medrando ata o punto de convertirse tamén na súa profesión. Na actualidade traballa como operador de telescopios no observatorio de Javalambre (Teruel), traballo que combina coa divulgación científica e coa investigación.

Na súa visita Víctor fíxonos unha breve introdución á Astronomía, falounos dos telescopios que emprega no seu traballo (os cales sorprendentemente empregan logaritmos no seu funcionamento) e fíxonos partícipes da problemática que amosa a contaminación luminosa.

Sen dúbida foi unha charla entretida, con imaxes impactantes das estrelas e do universo que nos rodea que nos motivaron para saír nas noites de verán a observar o fermoso ceo que temo sen Carballo.