Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Blogues

XEOGRAFÍA

2º Bac

 

 

 

Xa escolliches optativas para o vindeiro curso?

 

 

Desde o Departamento de Xeografía e Historia poñémonos en contacto contigo para informarche das vantaxes da materia de Xeografía de España de 1º de bacharelato.

 

 

Departamento de Xeografía e Historia.

 

 

Que é a Xeografía ?

 

Materia que está da máis rabiosa actualidade. Comprenderás mellor as claves e as estratexias do presente. Conceptos como as renovables, New Deal Verde, ou o cambio climático deixarán de ser un misterio.

  

Para que me serve esta materia?

 

Coñecer o territorio español, froito da interrelación de factores naturais e antrópicos ata darlle o resultado actual, sen esquecernos da mundialización das actividades económicas, da información e das relacións globais. Permítenos estar mellor informados e coñecer mellor o complexo mundo actual.

 

Por que é unha materia clave no bacharelato?

 

Posibilita que aprendamos a pensar e a poñer en práctica habilidades que necesitamos tamén para outras materias. Afrontar o estudo do territorio español e da súa morfoloxía permítenos ordenar, estruturar e comprender os contidos de todas as disciplinas do bacharelato.

 

Por que usamos unha metodoloxía innovadora?

 

Porque o coñecemento, o pensamento crítico e libre é o mellor camiño para comprender o noso mundo. Por iso, as exposicións, o arte, a literatura, os debates a filmografía e os documentais, son esenciais na nosa metodoloxía. Avalados por uns resultados inmellorables. Así, non só un 100% de aprobados, senón tamén nota media de 10 puntos no bacharelato ordinario e moi bos resultados na ABAU.

 

E cando remate o bacharelato?

 

Cursar esta optativa, ademais de axudarche a preparar Historia de España, permitirache subir a nota de acceso ata 2 puntos, en moitos graos universitarios das ramas de Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias Sociais e Xurídicas, Arte e Humanidades.

 

E se quero facer un ciclo?

 

Resultarache moi útil se pensas facer un Ciclo Formativo de Grao Superior en Axencias de Viaxes ou un Ciclo Formativo de Grao Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.

 

Se aínda tes algunha dúbida contacta con algún membro do Departamento, especialmente Charo ou Xurxo, xa que son os que normalmente imparten esta materia.

 

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

1º Bac

 

 

 

Xa escolliches optativas para o vindeiro curso?

 

 

 

 

Desde o Departamento de Xeografía e Historia poñémonos en contacto contigo para informarche das vantaxes da materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de bacharelato.

 

 

Departamento de Xeografía e Historia.

 

 

 

 

Que é a Historia do Mundo Contemporáneo?

 

Materia que está da máis rabiosa actualidade. Aprenderás a conectarte co pasado máis recente e explicar as claves do presente.

 

 

Para que me serve esta materia?

 

Permítenos estar mellor informados e coñecer mellor o complexo mundo actual. Posibilita que aprendamos a pensar e a poñer en práctica habilidades que necesitamos tamén para outras materias.

 

 

Por que é unha materia clave no bacharelato?

 

Permítenos afrontar, moito mellor preparados, unha das materias troncais de 2º bac, Historia de España.

 

Por que usamos unha metodoloxía innovadora?

 

Porque o pensamento crítico e libre é o mellor camiño para comprender o noso mundo. Por iso, as exposicións, a filmografía, o arte, a literatura, os debates son esenciais na nosa metodoloxía. Avalados por un resultados inmellorables nos últimos anos.

 

 

 

E cando remate o bacharelato?

 

Lograrás unha gran información que che posibilitará un pensamento libre. Adquirirás coñecementos moi válidos para múltiples graos universitarios coma Xornalismo, Historia, Filoloxía, Antropoloxía, Criminoloxía...

 

Se aínda tes algunha dúbida contacta con algún membro do Departamento, especialmente Charo ou Xurxo, xa que son os que normalmente imparten esta materia.

 

Achegamos as datas importantes até o 10 de xullo:

Dende o 17 de xuño Recollida do sobre de matrícula no centro (1º ESO nos centros adscritos). Excepcionalmente sen cita previa.
23 de xuño

Publicación das notas da avaliación ordinaria final por AbalarMobil ás 11:00h. Poderase vir a polos boletíns previa cita  a partir do momento da publicación.

 Atención : Excepcionalmente as notas de 1º ESO publicaranse o luns 22 ás 14:00h por AbalarMobil. Poderase vir a polos boletíns previa cita a partir do martes 23 ás 11:00h.

Do 23 de xuño ao 25 de xuño Reclamacións ás notas. O 24 e 25 vía telemática enviando un email ao centro dende un correo electrónico rexistrado.
Do 23 de xuño ao 7 de xullo Devolución de libros de texto (Fondo Libros). Ver o calendario de devolución (prégase que fagan a devolución nas datas indicadas no mesmo)
Do 25 de xuño ao 8 de xullo Admisión a Ciclos de FP. Consulte os prazos do proceso de admisión e a información xeral.
29 de xuño Resolucións das reclamacións.
1 de xullo, mércores Matrícula 1º ESO. Previa cita.
2 de xullo, xoves Matrícula 1º ESO. Previa cita.
3 de xullo, venres Matrícula 2º ESO. Previa cita.
6 de xullo, luns Matrícula 2º ESO. Previa cita.
7 de xullo, martes Matrícula 3º ESO. Previa cita.
8 de xullo, mércores Matrícula 3º ESO e matrícula de 1º de bacharelato. Previa cita.
9 de xullo, xoves Matrícula 4º ESO, matrícula de 1º de bacharelato e matrícula de 2º de bacharelato. Previa cita.
10 de xullo, venres Matrícula 4º ESO e matrícula de 2º de bacharelato. Previa cita.
A partir do 11 de xullo Recollida de boletíns, consello orientador e informes individuais. Previa cita.

O centro permanecerá aberto de 9 de mañana até as 14:00h para tareas administrativas e de xestión.

Prégase respeto polo orden, as medidas e a seguridade sanitaria.

 

Achégase a listaxe dos libros para o curso 2020/2021.

A parte desa listaxe, este curso 2020/21 na materia de Economía de de Bacharelato usaranse os seguintes libros:

  • Para 1º BAC: Economía 1º bachillerato (Ed. Mac Graw Hill) - ISBN 978-84-481-9596-0
  • Para 2º BAC: Economía de la empresa 2º de bachillerato  (Ed.Mac Graw Hill) - ISBN 978-84-486-0933-7