Skip to Content

Instrucións complementarias

Premer no enlace para consultar as Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Os centros educativos non poderán realizar probas de modo presencial ao alumnado.
  • As probas extraordinarias do mes de setembro, realizaranse na modalidade presencial ou non presencial, en función das condicións sanitarias existentes no momento da súa celebración. Ditas probas versarán exclusivamente sobre os obxectivos, as aprendizaxes e as competencias desenvolvidas en modo presencial durante o primeiro e o segundo trimestre.
  • En educación secundaria obrigatoria, en formación profesional básica e en bacharelato, independentemente de que a adopción da decisión sobre promoción se adopte por parte do equipo docente na convocatoria ordinaria de xuño ou na extraordinaria de setembro, os alumnos e as alumnas que promocionen dun curso a outro dentro da mesma etapa con materias non superadas terán dereito a presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro, a fin de posibilitarlle a recuperación desas materias.
  • Os centros educativos poderán flexibilizar, de maneira excepcional, os criterios para a obtención do título de bacharelato sen ter en consideración as limitacións que afecten ao número de materias non superadas , cando a xuízo do equipo docente, o alumno ou a alumna teña adquiridos suficientemente os obxectivos xerais de etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico En todo caso, a nota media da etapa debe ser igual ou superior a 5.


page | by Dr. Radut