O plan de recuperación de pendentes nas materias de BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DE 1º e de 3º ESO comprende a realización dunha selección de exercicios a realizar e un exame, en cada unha das dúas partes na que se divide a materia do curso.

Poderán consultar as dúbidas na realización dos exercicios coas profesoras de Bioloxía cando o precisen.

Os exercicios suporán o 30% da cualificación e a nota do exame o 70%.

No caso de non superar unha ou as dúas partes do curso haberá unha proba en maio para recuperalas.

O primeiro exame, da parte 1, será na semana do 4 de novembro. Deben entregar os exercicios feitos de forma completa, o día do exame.

1ª ESO pendente: As instruccións, os exercicios da PARTE 1 e o libro de texto están na plataforma EDIXGAL. Os alumnos foron xa informados.

3º ESO pendente: Entregáronse xa as instruccións e os exercicios da PARTE 1 aos alumnos. Deberán dispoñer dún libro de texto de Bioloxía e Xeoloxía  de 3º ESO.