CURSO orientado a la superación 

Conceptos básicos para superar la asignatura



Análise da actualidade


Educación Financeira

Esta materia de Educación Financeira, inclúe contidos económico básicos que permiten á cidadanía familiarizarse, desde idades temperás, coa organización e o funcionamento do sistema financeiro, en particular cos produtos e os servizos financeiros de uso máis habitual, para posteriormente axudar na planificación da vida financeira persoal e na elección daquelas alternativas que mellor se adapten ás súas necesidades, mantendo a seguridade financeira como eixo central desa planificación. 

O currículo desta materia está organizado en tres bloques.

 ▪ Bloque I: Administración da renda e dos recursos persoais.

 ▪Bloque II: Planificación financeira persoal e familiar.

 ▪ Bloque III: Xestión dos medios líquidos dispoñibles.

 A materia aborda os contidos desde un nivel moi básico, analizando os compoñentes e as características principais dos produtos e dos servizos financeiros, procurando a familiarización cos mercados e coas entidades operantes, que permita ás persoas, tras comparar distintas ofertas, elixir a máis adecuada ás súas necesidades e á súa situación económico-financeira. O enfoque, sendo eminentemente descritivo, non esquece iniciar o alumnado na realización de sinxelos cálculos, empregando ferramentas de axuda que permitan a valoración precisa das alternativas consideradas, unha maior comprensión do funcionamento dos produtos e dos servizos, e o adecuado coñecemento das implicacións que as decisións que se tomen teñen na situación financeira persoal. Recoméndase un tratamento lúdico dos contidos, procurando o emprego de xogos, a participación en concursos e o fomento da produción de coñecemento empregando recursos das tecnoloxías da información e da comunicación