Novas

Charla informativa: Erasmus +

Obradoiro de Nadal na Biblioteca

O equipo de Biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística organizan un obradoiro de creación de adornos de Nadal o xoves 16 de decembro nos recreos. Achegádevos á Biblioteca e animádevos a participar nesta actividade!!

OBRADOIRO DE NADAL

 

 

Conferencia sobre violencia sexual: Towanda Rebels

Onte o noso alumnado de 4º ESO e ciclo medio de comercio participou nunha conferencia organizada polo concello de Tui e impartida por Towanda Rebels. Nela falouse sobre temas tan interesantes coma os estereotipos de xénero, violencia sexual, a necesidade de educación afectivo-sexual... Os nosos alumnos/as quedaron moi satisfeitos coa conferencia, mesmo indicaron que foi a mellor que lles deron sobre este tema ata o de agora. Por iso, o centro está moi agradecido a Towanda Rebels e ao concello de Tui por invitarnos a realizar esta actividade e estaremos encantados/as de repetir a experiencia.

Homenaxe aos mártires de Sobredo

Como se ven facendo tradicionalmente, agás o ano anterior polas circunstancias da pandemia, o noso alumnado de 4º ESO realizou a homenaxe aos mártires de Sobredo, que se organiza dende os departamentos de Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia. Pinchade na ligazón para ver as imaxes e vídeos do evento:

HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO: FOTOGRAFÍAS E VÍDEOS

RAGC: Conferencia de Sabela Balboa

O vindeiro luns 29 de novembro, o alumnado de 1º Bacharelato A recibirá unha conferencia, "Bacterias comeplásticos", grazas á iniciativa da Real Academia Galega das Ciencias e da profesora Sabela Balboa, que terá a deferencia de vir a o noso centro para impartila. 

 VIDEO DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Votacións consello escolar

Estimados membros da comunidade educativa:

 

Lembrámosvos que nos vindeiros días terá lugar a votación para a elección dos representantes dos pais/nais/titores/as legais, do alumnado e do profesorado no Consello Escolar. As quendas para emitir o voto organizaranse do seguinte xeito:

 

  • Profesorado: mércores 24 de novembro en claustro extraordinario en horario de 16:30 a 17:30

  • Alumnado de diúrno: xoves 25 de novembro en horario de 9:00 a 14:00

  • Alumnado de nocturno: xoves 25 de novembro en horario de 17:00 a 18:00

  • Pais/nais/titores/as legais: xoves 25 de novembro en horario de 17:00 a 19:30

 

 

 

As votacións terán lugar no salón de actos situado no pavillón A do IES Indalecio Pérez Tizón.

 

Beneficiarios máscaras

BENEFICIARIOS MÁSCARAS

 

Estimadas familias:

 

Infórmaseque con data 12 de novembro de 2021 foi publicado no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021, na que se recolle que o alumnado beneficiario de material escolar e do fondo solidario de libros neste curso académico 2021/2022 terá dereito á distribución grauíta de máscaras. Nos vindeiros días procederase á repartición das mesmas entre o alumnado beneficiario. Para máis información pódese consultar a seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001_es.pdf

 

Magosto 2021

Despois dun ano e medio sen poder realizar ningunha actividade no centro, este ano por fin puidemos festexar o magosto. As imaxes, ás que podedes acceder pinchando na ligazón que vén despois, ilustran non só o ben que o pasou o noso alumnado, senon tamén o traballo dos alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO picando as castañas. 

 

FOTOS DO MAGOSTO 2021

Distribuir contido