Novas

Visita a Rianxo e Vilanova de Arousa

O pasado 20 de abril o noso alumnado de 4º ESO foi a Rianxo e Vilanova de Arousa. Entre outras cousas, fixeron a rota dos escritores rianxeiros e visitaron a casa-museo de Valle Inclán. Pódense ver as fotos do evento pinchando na imaxe que figura a continuación:

Novas directrices sobre o uso da máscara da Consellería de Educación

Onte , 21 de abril de 2022, a consellería de Educación publicou na súa páxina web as novas directrices do uso da máscara nos espazos educativos, dacordo co estipulado no Real Decreto 286/2022 do 19 de abril  . Aínda que é posible retirar as máscaras nos espazos interiores, esta segue a ser obrigatoria dentro do transporte escolar e dende a Consellería recomendan manter a máscara dentro das aulas. Consulten a información na seguinte ligazón: 

DIRECTRICES USO DE MÁSCARAS NOS ENTORNOS ESCOLARES

21 de abril de 2022

Obradoiros igualdade

A inicios do mes de abril do presente curso académico, o noso alumnado de ESO, Bacharelato e 2º FP Básica participou nunha serie de obradoiros de igualdade, de diversas temáticas: relacións tóxicas, violencia de xénero, mitos do amor romántico e amor propio. Para isto foi imprescindible a cooperación do concello de Tui, particularmente a concellería de igualdade, a quen lle estamos moi agradecidos/as por faciltarmos estes obradoiros.

CONCRECIÓN CURRICULAR 2022 IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

Publícase á adaptación da concreción do currículo do IES Indalecio Pérez Tizón, segundo a Orde do 8 de outubro de 2021, 25 de xaneiro de 2022 e o Real Decreto 984/2021 do 16 de novembro. 

CONCRECIÓN CURRICULAR 2022

 

Novo prazo de solicitude de becas

O novo prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios abriu hoxe 30/03/2022 e estará aberto ata o 12/05/2022.

É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde nin si van seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 22/23 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos).

Os alumnos/as de ESO que teñan intención ou sexan candidatos/as a cursar FP Básica no curso 22/23 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

Programa Primavera Xove

Dende Xefatura Territorial estase a informar sobre o programa Primavera Xove 2022 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

 

O Programa Primavera Xove inclúe estancias de Semana Santa e fins de semana en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. Consulten a información na seguinte ligazón:

PRIMAVERA XOVE 2022

 

 

Obradoiros de Igualdade: concello de Tui

O noso alumnado de ESO, Bacharelato e 2º FP Básica participará en disitinos obradoiros facilitados polo concello de Tui sobre igualdade. 

Hoxe, 1 de abril, os alumnos/as de 1º ESO inician este ciclo de obradoiros nun taller sobre relacións tóxicas. Estes obradoiros continúan o luns 4 (En busca do amor propio) e martes 5 de abril (Mitos do amor romántico) para o alumnado de 3º, 4º ESO, 2º FP Básica e 1º Bacharelato, e péchanse o 6 de abril cunha charla final para 1º e 2º ESO: Violencia de xénero. Unha historia real.

Agradecemos enormemente ao concello de Tui a posiblidade de participar nestes obradoiros, especialmente, á Concellería de Igualdade.

 

Información e proba para facer o PISA

O 6 de abril parte do alumnado nado en 2006 realizará as probas PISA de educación.

Achéganse dúas ligazóns: unha coa información da proba PISA e outra de modelos de probas PISA doutros anos:

INFORMACIÓN XERAL PROBAS PISA PROBAS LIBERADAS PISA

Entrevista a profesores e alumnos de Ciclos Formativos do IES Indalecio Pérez Tizón

O pasado 28 de marzo dous dos nosos docentes, representando ao profesorado do Ciclo Formativo de Comercio e de Electricidade, xunto a dous alumnos do ciclo de Comercio foron entrevistados en Radio Tui, onde informaron da oferta educativa do IES Indalecio Pérez Tizón:

 

 

Entrevista a unha antiga alumna do IES Indalecio Pérez Tizón en Radio Tui

Unha das nosas antigas alumnas, Celina Mauricio, resultou gañadora do certame de danza Xuventude Crea 2021. A nosa máis sinceira noraboa!!:

Distribuir contido