Actividades extraescolares e complementarias

Participación de 2ºA no EPDLAB

As persoas de 2ºA participaron durante todo o curso dos obradoiros do EPDLAB da asociación Agareso.

Discutiuse o uso dos prexuízos, machismo, racismo, fake news nos medios de comunicación.

Falouse do impacto da nosa pegada no planeta, en concreto a través de certas empresas.

Falouse de voluntariado, vendo exemplos de voluntariado de xente que está na nosa contorna.

EpDLab xunto coa ONGD Agareso no IES ILLA de ONS

A crise da Covid-19 tronzou pola metade a quinta edición do Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento (EpDLab) (https://epdlab.gal/), un proxecto de innovación educativa e cambio social que desenvolvemos no IES Illa de Ons, xunto coa ONGD Agareso (https://www.agareso.org), co obxectivo de educar en valores e incrementar o pensamento crítico do noso alumnado.

Ao longo de 9 sesións (unha ao mes), o alumnado de 2ºA estivo traballando este curso cuestións como o sexismo, o racismo ou a xenofobia ao tempo que explora conceptos como a obxectividade e a subxectividade, a ficción e a non-ficción ou as fake-news en fotografía, cine e series, redes sociais, canles de youtube... Cada mes, abordamos unha temática concreta a través da súa representación nos medios e coñecemos as técnicas, os recursos narrativos que fan posible que ese imaxinario mediático se integre no cultural e, polo tanto, na sociedade en si mesma.

O peche dos centros de ensino impediunos celebrar nas aulas os últimos obradoiros, nos que tiñamos previsto achegar ao alumnado do proxecto a realidade de mozas e mozos da República Dominicana e traballarmos man a man con elas e eles conceptos como medio ambiente, consumo responsable e economía solidaria ou cooperación internacional, voluntariado, activismo e cambio social. Pero a distancia física non ten porque ser tamén social e pedagóxica, así que o equipo do proxecto apostou por trasladar os contidos e metodoloxías presenciais á contorna dixital, creando actividades on-line de participación asincrónica, con dinámicas gamificadas e recursos interactivos. 

A primeira actividade, que nos achega a realidade da rapazada da República Dominicana a través de videocartas, xa está dispoñible na plataforma Moodle Cloud. Podedes botarlle un ollo aquí https://bit.ly/epdlab_online, empregando bueu como nome de usuario e como contrasinal. Nas seguintes semanas iremos pendurando os outros obradoiros que tiñamos pendentes, coa vontade de que o profesorado que queira empregar estes novos recursos poida facelo libremente. Se vos parece interesante e queredes empregar algunha das actividades co voso alumnado, só tedes que contactar con organizacion@agareso.org.

O EpDLab está deseñado e desenvolvido polo equipo técnico de Agareso e financiado por Cooperación Galega. Podedes coñecer máis sobre o proxecto nesta reportaxe que publicou o xornal dixital Praza Pública (https://vinte.praza.gal/artigo/adolescentes-que-reflexionan-sobre-a-desi...) ou no artigo Narrativas Dixitais para potenciar la creatividade, la participación y el pensamento crítico en la ensinanza obrigatoria, publicado no Congreso Internacional sobre Aprendizaje, Innovación y Cooperación (CINAIC). https://www.agareso.org/wp-content/uploads/2019/10/EpDLab-CINAIC19.pdf

Hackatón en Silleda

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios volveu escoller Silleda para celebrar o seu hackaton con alumnos de cinco institutos galegos. Un hackaton é un evento colaborativo, un intercambio de ideas, que se realiza nun curto espazo de tempo. O de onte durou pouco máis de sete horas e permitiu que un centenar de rapaces dese renda solta á súa creatividade para deseñar memes, gifs e outros elementos moi usados en internet cos que poder combater as noticias falsas e os discursos xenófobos que circulan nos últimos tempos polas redes sociais.

Enlace RTVG

Enlace Faro de Vigo

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA.

26/03/2015 09:00
26/03/2015 14:25
Etc/GMT+1

O xoves 26 de marzo de 2015 os alumnos de 1º e 2º da ESO, asistirán ao salón do libro  de Pontevedra para o espectáculo "TECNOMAXIA".

Actividade organizada polos departamentos de Ciencias Sociais, Física e Química,Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía.

Entroido

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido2012

>

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Contando contos aos cativos

19 de decembro de 2011

O luns 19 cinco alumnas do instituto foron a contarlles  uns contos aos cativos de 3 anos do CEIP  A Pedra.

Susana López Romero e Ángela Villanueva González contaron  2 contos: "A vaca que puxo un ovo" e "Lobo Buzú está namorado"

Iria Rosas Regueira e Lucía Fernández Amoedo contaron  2 contos : " O incrible neno devorador de libros" e  ¿Onde perdeu Lúa a risa?

María Mercedes Pretel González contoulles o conto : " Aínda nada?"

No  segundo trimestre voltaremos con máis historias para contarlles.

EN TORNO A BACH

08/04/2011 14:32
Etc/GMT+1

O  día 19 de xaneiro asistimos aso concerto da Real Filharmonía de Galicia: EN TORNO A BACH (Sinfonía da cantata BWV 174)

 

BACH, foi un dos mellores compositores do tódolos tempos, pois logrou unir música e lóxica nunha soa partitura. Viviu plenamente na época do Barroco, da que foi o seu maior representante.

A música de Bach segue sendo tan actual como no momento en que se compuxo, por tratarse de composicións sólidas e intemporais, que puideron ser adaptadas sen problemas a numerosos estilos musicais: entre eles o jazzístico, a música brasileira, composicións contemporáneas…

 

UN CONCERTO DE GOLPES: ODAIKO PERCUSSION GROUP

08/04/2011 14:32
Etc/GMT+1

O 5 de novembro asistimos a unha chuva de golpes musicais no Aditorio de Galicia, en Santiago.

 

Integrados por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz no Real Conservatorio da Haya (Holanda) e a Universidade de Bahía(Brasil), fórmase en Holanda no ano 2003. 

 

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica e da súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que esta supón. 

 

Este grupo galego estivo presente nos principias festivais de todo o mundo, como o Esteve Reich Festival (Holanda), TIP Taiwán, Nancy Zeltsman Marimba Festival (EE.UU), Facyl (Salamanca), Fes­tival de Ortigueiera (Galicia)… 

 

 

 

A riqueza desta agrupación está na interese dos seus membros pola búsqueda de novas visións percusivas e da súa colaboración cos artistas máis significantes do panorama cultural actual. 

 

 

Distribuir contido