A materia Dixitalización dá resposta á necesidade de adaptación á forma en que a sociedade actual obtén a información e en que se relaciona e produce coñecemento no alumndo que lle permita satisfacer as necesidades, individuais ou colectivas, que se foron establecendo de forma progresiva na vida das persoas e no funcionamento da sociedade e da cultura dixital. Pero a formación da cidadanía actual vai máis alá da alfabetización dixital, xa que require unha atención específica á adquisición dos coñecementos necesarios para usar os medios tecnolóxicos de maneira ética, responsable, segura e crítica. 

A materia organízase en cinco bloques interrelacionados: 

  1. «Dispositivos dixitais, siste- mas operativos e de comunicación»
  2. «Creación e edición de información e contidos dixitais»
  3. «Pensamento computacional» 
  4. «Seguridade e benestar dixital» 
  5. «Cidadanía dixital crítica».