• Módulo 0: Introdución
  • Módulo 1: As TACs
  • Módulo 2: Repositorios REA
  • Módulo 3: Edición multimedia
  • Módulo 4: Ferramentas de autor

Tódolos módulos teñen a mesma estrutura:

  • 📖 Contidos básicos
Neste apartado están as ferramentas e recursos imprescindibles que te levarán a acadar os obxectivos do curso e, porén, superalo.

  • 👩‍🏫 Experiencias docentes
Nesta sección atoparás algúns exemplos reais que poñen en práctica o aprendido. Así poderás inspirarte e facerte unha mellor idea de como levar á aula os teus propios contidos.

  • 📚 Material de ampliación
Nun curso desta duración é imposible que poidamos afondar en moitas cousas. Sen embargo, opcionalmente, poderías ter interese en aprender máis. Porén, preparamos unha escolma de contidos que poderían ser do teu interese coma punto de partida para seguir a formarte.

  • 🔗 Ligazóns de interese
Ás veces o importante non é saber, senón ter a ligazón de quen sabe... Fixemos unha coidada selección de ferramentas e recursos que se cadra non coñecías, para que consultes cando o precises por se te resultasen de utilidade na túa práctica docente.