Skip to Content

2011-2012

Corresponsabilidade 2011

 

 

25 de Novembro:  Día Internacional de loita contra a violencia de xénero

 

O alumnado de secundaria e PCPI colaboraron en actividades que  tiñan por obxectivo: “fomentar a corresponsabilidade”. As actividades foron: tender roupa, facer a cama, poñer botóns, programar a compra para a fin de semana, tarefas propias de xardinería, montar e desmontar unha estantería,... 

Pasámolo ben! Os campións e campionas : 3º ESO!. Noraboa! 

 

LIMPAMOS A PRAIA DE LAGO (XOVE)

 O pasado venres 4 de novembro a comunidade

educativa do IES Illa de Sarón adicamos a xornada de

tarde a limpar a Praia de Lago. Recollemos todo tipo

 de lixo e aproveitamos para recoller en fotografías

testemuñas da flora e da fauna da praia.

 

Traballamos moito e pasámolo ben!

 


 

E se queres ver máis dalle aquí.

Páxinas web de 2º SMER

 

 

Páxinas web feitas na clase polo alumnado de 2º do ciclo de informática. Usámolas para aprender algo de

HTML e non quedaron nada mal.

 Tedes o índice para acceder a elas premendo aquí.

 

 


Samaín 2011

Foto con moitas fotos

Samaín 2011
Distribuir contido


by Dr. Radut