Skip to Content

Taboleiro

Plan de Voluntariado Alcoa

O próximo VENRES 4 de NOVEMBRO ás 16 horas un grupo de voluntarios da empresa ALCOA en colaboración con alumnado e profesorado do IES "ILLA DE SARÓN" levarán a cabo a actividade: "Traballos na praia: limpeza, estudio e toma de mostras " dentro do PLAN ACCIÓN DA FUNDACIÓN ALCOA.  

A actividade consistirá prioritariamente en realizar unha labor de limpeza da Praia de Lago e aproveitando a estancia na zona realizar un estudio do ecosistema, identificando a flora e a fauna característica dunha zona de dunas. O alumnado fotografiará os animais e plantas atopadas nesta zona costeira.

Para levar a cabo dita actividade formáronse os equipos seguintes:

·     Limpeza da praia e identificación de algas

·     Limpeza da praia e identificación de crustáceos e equinodermos.

·     Limpeza da praia e identificación de plantas.

·     Limpeza da praia e análise químico da auga de mar.

·     Gravación de imaxes para a elaboración dun vídeo divulgativo.

Colaboran : voluntariado Alcoa; Concello de Xove; padres,pais/nais, alumnado e profesorado do Centro.

Para coñecer os participantes e os distintos equipos prema no arquivo adxunto.

 

Photos échange 2009-2011

Fai click na ligazón para ver as fotos:

Photos échange 2009-2011.

RETOALCOA: premiado o Proxecto "Plásticos solidarios"

 

Alumnos do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes participaron na IX Edición do RetoAlcoa. Prema no enlace para coñecer a clasificación final da provincia de Lugo: http://www.retoalcoa.com/documentos/Lugo.pdf

 Dentro deste proxecto naceu unha nova actividade, que consistiu en que os alumnos realizasen un Proxecto empresarial baseado en 4 aspectos principais: espíritu emprendedor, innovador, responsable co medio ambiente e socialmente responsable.

  Prema no enlace para consultar o proxecto premiado, PLÁSTICOS SOLIDARIOS,  do equipo QUELPEZZ formado por alumnos de S.M.E.R. do Centro:: http://retoalcoa.blogspot.com/2011/03/tu-empresa-resonsable.html

NORABOA!!

Plan Acción. Fundación ALCOA. NOVAS FOTOGRAFÍAS!!

O VENRES 18 de MARZO ás 16 horas tivo lugar no Centro unha "Plantación e apadrinamento de árbores autóctonas en colaboración cos alumnos franceses do Intercambio Lingüístico Xove/ Polly-Lez-Gien" dentro do PLAN ACCIÓN DA FUNDACIÓN ALCOA.

Para levar a cabo dita actividade formáronse os equipos seguintes:

  • Plantación, abono e riego de árbores autóctonas.
  • Colocación de fichas informativas das especies que se plantan co nome do alumno/a que apadrina a árbore.
  • Ornamentación da base das árbores.
  • Gravación de imaxes para a elaboración dun vídeo divulgativo.
  • Organización no Centro.

 Colaboran : voluntariado Alcoa; Concello de Xove; padres, alumnos e profesores do Centro.

 Para coñecer os participantes e os distintos equipos prema no arquivo adxunto.

 

PROGRAMA DE ANTROIDO

O xoves 10 de marzo das 12 ás 14:30 horas celebraremos o ANTROIDO no centro; consulta o programa no arquivo adxunto:

 

Espazo ABALAR

Xa está disponible o espazo Abalar, que incorpora entre as súas funcionalidades:

a)un espazo para profesores, destinado aos docentes, que facilitará a comunicación destes cos responsables dos alumnos/as (pais/titores...) e o desenvolvemento de actividades de seguimento e control: https://www.edu.xunta.es/abalar/PaxinaInicio.do?perfil=P&locale=gl_ES&url=http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

b) o espazo familias, que achega as familias máis información sobre os seus fillos e axiliza as comunicacións cos titores do alumnado do centro: https://www.edu.xunta.es/abalar/PaxinaInicio.do?perfil=R&locale=gl_ES&url=http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

Consulta as normas de uso dos equipos informáticos!

No arquivo adxunto podes consultar as NORMAS DE USO DOS EQUIPOS INFORMÁTICOS DO CENTRO.

La page web du département de Français.

Voici la nouvelle page web du département de français. Soyez patients on est en train de la construire.  ;)

Fais click dans ce lien pour la visiter. 

Normas de Convivencia No Centro

Engadimos coma adxunto as normas de convivencia no centro. Pulsa no adxunto ó final da noticia para descargarlo en formato .doc
Distribuir contido


by Dr. Radut