Skip to Content

Taboleiro

Calendario de exames ESO da 3ª avaliación e final.

 

Preme aquí e descarga o calendario de exames da ESO.

 

 

Orientación. Programa Elorienta online.

 

Xa temos o programa Elorienta dispoñible en internet, premendo aquí. Tamén está instalado na aula de audiovisuais, e se tedes calquera dúbida sobre o voso futuro escolar ou profesional tamén podedes acudir ao despacho da orientadora.

Ademais, podedes acceder tamén a este blog, con moita información sobre orientación que vos pode interesar.

FITOFALADOIRO

 

O IES Illa de Sarón participa no FITOFALADOIRO!

                                                                                                                            

https://twitter.com/fitofaladoiro

 

O obxectivo central do proxecto Fitofaladoiro,organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) , Herbario SANT e o Instituto da Lingua Galega (ILG)é a recompilación de usos e nomes de plantas silvestres de Galicia. Trátase dun traballo colaborativo no que participan centros de toda Galicia, e que trata de rexistrar a variedade de nomes e usos das nosas plantas.

 

Preme aquí para coñecer o proxecto polo miúdo:

http://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_pantalla.pdf

 

 

Nós colaboraremos identificando e nomeando estas plantas presentes no concello de Xove:

 

 

Unha vez identificadas cómpre cubrir o seguinte formulario:

 

http://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_Formulario.pdf

 

Aquí tedes un exemplo do formulario cuberto:

 

fhttp://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_Formulario_exemplos.pdf

 

As plantas que tedes que identificar están neste ficheiro.

 

( Normalización lingüística, Departamento de Ciencias Naturais e Dpto de Galego)

 

 

PLAN NAVEGA CON RUMBO

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG)

Nos fogares e nos centros educativos a Internet converteuse nunha ferramenta imprescindible para o lecer e a aprendizaxe, pero tamén supón unha serie de riscos como contidos inapropiados ou contactar con persoas que non son sempre o que din ser.

Na seguinte páxina www.navegaconrumbo.es pódense descargar unhas guías de boas prácticas dirixidas ao alumnado,  profesorado e familias que ensinan a navegar por Internet dun xeito útil e responsable.

AXUDAS PARA O ESTUDO DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Orde do 13 marzo pola que se convocan axudas para a formación en linguas extranxeiras para o alumnado de ESO e Bacharelato. Consulta aquí toda a información.

ADMISIÓN ALUMNADO DE ESO. 2014-2015

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado de ESO para o vindeiro curso 2014-2015: do día 1 ao día 20 de marzo. Adxunto o modelo editable de solicitude, imprimir as páxinas 1 e 2 soamente.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-15

Consulta nos archivos adxuntos os LIBROS DE TEXTO recomendados para o alumnado da ESO no curso 2014/15.

1º da ESO

2º da ESO

3º da ESO

4º da ESO

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2014

 

 

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2014

LUNS 1

 

Horas

Materias

9.00-10.30

TECNOLOXÍA

10.30-12.30

LINGUA GALEGA E PENDENTES DE L. GALEGA

12.30-13.30

MÚSICA E PENDENTES DE MÚSICA

16.00-17.30

CC.NN. BIO/XEO  E PENDENTES DE CCNN, BIO/XEO E FIS/QUIMIC.)

17.30-19.00

FÍSICA/QUÍMICA  / E. PLÁSTICA E VISUAL

19.00-20.00

EDUCACIÓN FÍSICA (ENTREGA DE TRABALLOS)

MARTES 2

 

Horas

Materias

9.00-10.00

CCSS/XEOGRAFÍA- HISTORIA-EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA- E PENDENTES DE CCSS, XEOG/HIST.  E CIDADANÍA.

10.00-12.00

LINGUA CASTELÁ E PENDENTES DE L. CASTELÁ

12:00-13:30

INGLÉS E PENDENTES DE INGLÉS

16:00-17:30

MATEMÁTICAS E PENDENTES DE MATEMÁTICAS

AVALIACIÓN: 3 de setembro

ENTREGA DE NOTAS: 4 de setembro

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: 4, 5 e 8 de setembro de 10:00 a 13:00 horas.

 

Tamén o podes consultar no arquivo adxunto.

 

 

 

CICLOS FORMATIVOS DE FP 2013/14

Datas de presentación de solicitudes de matrícula: do 17 de xuño ao 2 de xullo do 2013. Para ver todas as datas preme aquí.
Distribuir contido


by Dr. Radut