Skip to Content

CURSO 2009-2010

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE ALCOA

Os alumnos  de 3º e 4º da E.S.O. visitaron as instalacións  de ALCOA o 27 de novembro e o 3 de decembro o fixeron os alumnos do Ciclo Formativo de E.S.I.

 

 As plantas de produción de alúmina e aluminio de San Ciprián constitúen o maior complexo industrial de Alcoa en España e son o principal motor económico e social da Mariña desde que hai 20 anos fosen inauguradas.Na actualidade, o centro dá emprego directo a 1.500 persoas e xera 600 empregos máis en empresas auxiliares, sen contar os dos servizos e todo o armazón económico e social que xera na súa contorna.

O complexo industrial produce 1.300.000 tm de alúmina e 250.000 tm de aluminio primario en forma de lingotes para fundición, tochos para extrusión e placas para laminación.

A produción de alúmina destínase á produción de aluminio primario e de alúminas químicas para os sectores de cerámica e química, mentres que a de aluminio primario abastece fundamentalmente a plantas de Alcoa de produtos intermedios en España e noutros países europeos, así como a outros clientes do noso continente e de Asia principalmente.

O aluminio de vehículos, avións, edificios, envases de aluminio de calquera produto que vexamos das marcas máis prestixiosas e fabricado en calquera parte do mundo, pode ser fundido por primeira vez en San Ciprián

Entre as instalacións comúns do complexo industrial destaca o porto. O 92 % das mercadorías de importación e de exportación transitan polo porto de Alcoa en San Ciprian, segundo de Galicia por volume de mercadorías.

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

HORA

DESTINATARIOS

ACTIVIDADE

09:00

11:30

ALUMNADO 1º-2º ESO

CINE FORUM: “OSAMA”

ALUMNADO 3º, 4º ESO e CF.

CINE FORUM: “LAS MUJERES DE VERDAD TIENEN CURVAS”

12:00

13:10

ALUMNADO 1º-2º ESO

PARTICIPACIÓN NO ACTO DA ASOCIACIÓN DE MULLERES “BOLBORETAS”

ALUMNADO 3º, 4º ESO e CF.

CHARLA-OBRADOIRO: OLGA CASTRO VÁZQUEZ: “COMUNICACIÓN E  SEXISMO”

13:15

14.25

ALUMNADO 1º-2º ESO

CHARLA-OBRADOIRO: OLGA CASTRO VÁZQUEZ: “COMUNICACIÓN E  SEXISMO”

ALUMNADO 3º, 4º ESO e CF.

ACTIVIDADES RELACIONADAS COA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

16:30

PROFESORADO- NAIS/PAIS

CHARLA: OLGA CASTRO VÁZQUEZ: “O SEXISMO NA LINGUAXE”

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

Os alumnos de 4º de E.S.O. acudiron o martes 10 de novembro a un OBRADOIRO DE ROBÓTICA en Santiago de Compostela. Consisteu nunha breve introducción ao mundo dos robots e á programación básica dos mesmos. Posteriormente relizáronse unha serie de prácticas de progresiva dificultade por grupos, nas que aprenderon a programar robots de lego para realizar unhas determinadas accións en función da información recollida polos diferentes sensores (de luz, son, contacto...).  Completaron a visita con un percorrido polo casco histórico de Santiago.

 

ACTIVIDADE DO CICLO FORMATIVO

O pasado martes 10 de novembro os alumnos do Ciclo Formativo de Explotacións e Sistemas Informáticos visitaron as instalacións de COREMAIN en Santiago de Compostela; esta empresa proporciona servicios de consultoría en Tecnoloxías da Información e Comunicacións e prestan, entre outros, servizos de desarrollo de software, utilizando as tecnoloxías máis innovadoras do mercado (orientación a obxectos, arquitecturas cliente-servidor, n-capas, web services, Internet... )

Pola tarde acudiron tamán ás cubertas da Catedral e a exposición de Galicia Dixital.

 

                                           

www.coremain.com

www.santiagoturismo.com/VisitarSantiago

http://galiciadixital.xunta.es/es

 

 

 

 

PROGRAMA DE APERTURA DO CENTRO EDUCATIVO FORA DO HORARIO LECTIVO

Concellería de Cultura do Concello de Xove coa colaboración do IES Illa de Sarón de Xove pon en marcha o Programa de Apertura de Centros Educativos Públicos Fóra de Horario Lectivo 2009.  Trátase dun programa  da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que abre a posibilidade de utilizar as instalacións educativas como recursos para realización de actividades deportivas, artísticas e de estudo dentro dun concepto de servizos  complementarios que mellore a oferta educativa.

Os cursos programados, son:

-Curso “Pintura: Perfeccionamentos Técnicos”. Vai ser impartido polo pintor xovense Xoán Guerreiro.  

-Curso “Técnicas de Expresión Dramática e Corporal"

-Curso “Perfeccionamento de Fotografía Dixital”.- vai ser impartido polo fotógrafo Julio López.

- Curso “Perfeccionamento de Vídeo: Montaxe”.- impartido tamén polo fotógrafo Julio López.

-Curso de Elaboración de Carteis.- vaino impartir o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo nas propias dependencias do Concello.   

 

VISITA AO PARQUE EÓLICO SOTAVENTO

O mércores 4 de novembro os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. acudiron as instalacións do Parque Eólico Experimental de Sotavento para  tomar contacto co mundo das enerxías renovables e do aforro e a eficiencia enerxética mediante o coñecemento de instalacións reais e experiencias prácticas. Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Ciencias Naturais e Tecnoloxía do Centro.

http://www.sotaventogalicia.com

CINENSINO

O MÉRCORES 28 DE SETEMBRO, os alumnos de 1º e 2º da E.S.O. participaron no programa de prevención de drogodependencias “CINENSINO”. Este programa utiliza como soporte base o cinema; mediante a proxección dunha películas profundízase e trabállase en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.

ACTUACIÓN DO MAGO CALI

O mércores 28 de setembro o Departamento de Lingua Galega organizou a asistencia ao espectáculo de maxia de CALI O MAGO no Auditorio de San Ciprián.

PROXECTO ENCONTROS

Alumnos do Centro participaron, de novo neste curso, no Programa Encontros, organizado pola Unidade de Educación Familiar e o Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove e subvencionado, en parte, pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Este proxecto ten un doble obxectivo,  crear espazos nos que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.

O mércores 4 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas da tarde, tivo lugar lugar na Aula da OMIX a derradeira actividade do Proxecto Encontros do ano 2009. Esta actividade tiña por nome "AS TAREFAS DO FOGAR" e como  obxectivos ensinar aos rapaces e rapazas as diferentes tarefas domésticas (planchar, coser, cambiar cueiros, facer un biberón, etc). Na mesma participaron, como ponentes,  7 alumnos/as da Escola de Maiores que  aportaron as súas experencias a alumnos/as de 1º e 2º de ESO, quens poideron manter un contacto con persoas experimentadas  nas distintas tarefas do fogar. Os rapaces/as da ESO  realizaron prácticas nestas tarefas, dado que houbo 8 rincóns diferentes: cambiar cueiros a bebés, facer biberóns, facer nús de garabatas, parchear e cambiar cámaras de bicis, planchar, coser, facer una cama e cravar puntas e preparar unha lampa.

 

XORNADA DE PROMOCIÓN DOS BOLOS

O Concello de Xove coa colaboración do Departamento de Educación Física do Centro, organizou unhas xornadas para promocionar o tradicional deporte dos bolos entre os alumnos do noso instituto. Esta actividade é previa ao comezo da vixésimo primeira Tirada de Bolos Concello de Xove. Polas Xornadas pasaron tódolos alumnos/as do I.E.S. e nas mesmas se lles explicou os fundamentos  deste xogo autóctono e todos tiveron, asimesmo, a oportunidade de xogar.

Distribuir contido


by Dr. Radut