Skip to Content

Exposición "Cartas de amor"

Dentro do Plan Proxecta 2019-2020, Por 365 días de respecto e igualdade a contamos no noso centro coa exposición Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero. Permanecerá no centro ata o vindeiro 26 de febreiro de 2020.

Trátase de 15 marabillosos cadros que nos convidan a reflexionar sobre diferentes situacións ou momentos violentos nas relacións de parellas entre adolescentes e que, en ocasións, damos como normalizadas, cando, en realidade, estamos ante mostras de control cara á muller, así pois preténdese sensibilizar a poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, a eliminala.

Esta exposición está aberta ao público en xeral, mais dun xeito especial, dende o centro, queremos convidar a toda a comunidade educativa a visitala e compartir con nós as súas reflexións.

Todo o alumnado do IES Illa de Sarón durante estes 15 días pasará pola exposición e realizará diferentes actividades que o levará a reflexionar sobre esta temática.

Achegámosvos fotos da visita á exposición do alumnado de 1º ESO.