Skip to Content

XUVENCIENCIA VII CAMPUS DE VERÁN

 

O VII Campus Científico de Verán XuvenCiencia achegarase á loita contra o ciberbullying e ao estudo do xenoma humano

 

O campus de Lugo da USC celebrará do 1 ao 5 de xullo a sétima edición do Campus Científico de Verán XuvenCiencia, un programa organizado e promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, a través do que se pretende espertar a vocación científica do alumnado preuniversitario de toda Galicia.

O prazo de preinscrición neste programa que oferta 150 prazas, 100 para novos alumnos e 50 para veteranos, permanecerá aberto desde este venres 3 de maio, ás 15:30 horas, ata o vindeiro 12 de maio, ás 24:00 horas, na páxina web http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/.

As prazas concederanse por rigorosa orde de preinscrición.

 



page | by Dr. Radut