Saltar navegación.
Inicio

Titorías, Horarios dos Grupos, Horarios de Titorías, Libros de Texto

Exames extraordinarios de maio de 2016 (ESA)

Estas son as datas, horas e aulas dos exames extraordinarios de maio para a ESA. Cabe lembrar que, a estes exames, teñen dereito a ir todos aqueles alumnos que suspenderon en febreiro algún ámbito do módulo 1 da ESA I ou do módulo 3 da ESA 2. Sorte!

7 de abril (2016): Dia mundial da saúde - Actividades no IES García Barbón

Hoxe celebrouse o Dia Mundial da Saúde no IES García Barbón. Os alumnos de TCAE levaron a cabo distintos obradoiros nos que, entre outras cousas, facilitaron información de distintas doenzas ou a alimentación, fixeron prácticas preventivas como medir a presión arterial ou laboura de concienciación con unha cadeira de rodas.

Noraboa ao alumnado de TCAE e as súas profesoras. Tamén a todos os que particiciparon!

O IES García Barbón estará presente na X edición do Premio Espiral Edublogs 2016

Este instituto tenta ir incluíndo, cada vez máis, as novas tecnoloxías na formación dos nosos alumnos. Por este motivo xurdiron estes blogs que agora optan a este prestixioso premio.

Valoración do stand na Feira de San Lázaro e da xornadas de portas abertas

O pasado fin de semana, coincidindo coas festas do Lázaro, o IES García Barbón contou cun stand na feira e realizou unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa actividade e oferta formativa.

Considéranse un éxito, especialmente o stand (que era a primeira vez que se realizaba). Moitas grazas a todas as persoas que se pararon por este, ás que preguntaron e ás que nos felicitaron pola iniciativa. Grazas tamén a Julia Morales polo seu traballo intenso na organización desta Feira do Lázaro. Igualmente, moitas gracias a xente que pasou polo instituto co fin de coñecernos. E, como non, grazas a todas as persoas que o fixeron posible (profesores, alumnos,...).

Resumo das Xornadas de Orientación 2016

Neste esquema pódese consultar toda a información sobre as Xornadas de Orientación 2016. A partir de agora xa estamos a pensar nas do ano que vén!

Avaliación das Xornadas de Orientación (7 de marzo de 2016)

Esta é a avaliación do segundo día, 7 de marzo, das Xornadas de Información Académica e Orientación Académica 2016.

O IES García Barbón no xornal La Región coas Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego

O xornal La Región informa sobre as "Xornadas de Información Académica e Orientación para o emprego". Isto fala do esforzo que realiza este instituto para achegar a información precisa para que todo alumno poida escoller con total liberdade na ampla oferta que teñen ao seu alcance.

 (pulsa nos logos para ir á nova desta información)

 

 

 

 

Excursión do IES García Barbón á estación de esquí de Cabeza de Manzaneda

Os alumnos, tanto de bacharelato como de ciclos de formación profesional, puideron gozar o pasado 3 de marzo dunha xornada na neve. Sen dúbida, pasárono moi ben.

Oferta formativa do IES García Barbón

Tes dúbidas que estudos escoller? Aquí tedes a oferta do IES García Barbón:

Distribuir contido