Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO

Jose Ángel Martín Bermejo - XEFE DPTO

Concurso Letras Galegas 2021: Xela Arias

Participa no concurso das Letras Galegas 2021 dedicado a gran escritora Xela Arias

Entra no Kahoot: https://kahoot.it/challenge/05057243?challenge-id=219269d2-a247-4950-bd4d-cc02b3689dc7_1620717017662

Pon o seguinte pin: 05057243

Tes ata o día 17 de maio para facelo. Anímate!!!

Enquisa sobre Diagnose e seguimento da convivencia escolar 2021

Diagnose e seguimento da convivencia escolar. Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)

 

Revise detidamente as Preguntas frecuentes

No enlace http://educonvives.gal poden atopar información adicional sobre esta iniciativa.

A dirección Internet dos cuestionarios de convivencia é a seguinte:


"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

 

                                                      Para saber máis: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33594

Xornada Eduemprende Actúa

O pasado martes 6 de abril realizcouse no IES García-Barbón a xornada de Eduemprende Actúa levada a cabo coa participación de María Traveso (Promove Consultoría e Formación) e José Antonio Quintas (Roombo) para fomentar no noso alumnado o espírito emprendedor e achegar realidades de emprendemento ao centro educativo.

 

 

Convocatoria do III Concurso de Podcasts-Radio na biblio

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 17 de marzo de 2021, pola que se convoca o III Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta, editora, tradutora e profesora Xela Arias, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzo da lectura de poesía galega ou o achegamento ao mundo do libro, da edición e da tradución, do que era coñecedora a autora homenaxeada.

O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 26 de abril de 2021.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convoc_concurso_podcast_2021_asinado.pdf

 

Mulleres da contorna de Verín

Durante o mes de marzo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega recopilou biografías e entrevistas de mulleres de Verín e da súa contorna.

Mulleres da contorna by dveiga

Distribuir contido