Noticias do sitio

Xestión das violacións da seguridade dos datos persoais

de Pablo Blanco Quiroga -


Xestión das violacións da seguridade dos datos persoais

As violacións de seguridade ou brechas de seguridade son incidentes que poden provocar a destrución, perda ou alteración dos datos persoais, ou a comunicación ou acceso non autorizados aos devanditos datos. Por iso, podemos distinguir os seguintes tipos:

spacer_red.png
 

Brecha de confidencialidade: envíos de correos electrónicos a  destinatarios alleos á organización sen utilizar copia oculta (CCO); envíos de información con datos sensibles a destinatarios equivocados sen cifralos previamente; envío de arquivos adxuntos por erro;  etc.

spacer_red.png
 

Brecha de integridade: supón unha modificación accidental ou intencionada dos datos, ben pola acción do persoal con acceso á información ou dun ciberatacante.

spacer_red.png
 

Brecha de dispoñibilidade: Prodúcese cando se perde o acceso aos datos orixinais, por exemplo, por problemas no equipo que impidan o acceso aos documentos, problemas de conexión , secuestro de datos por un ransomware, etc.

Como actuar ante unha violación da seguridade dos datos persoais?

  • Comunicar a incidenciao máis axiña posible, ao superior xerárquico ou directamente ao/á delegado/a de protección de datos (DPD) correspondente, facilitando toda a información da que se dispoña nese momento como: cando se detectou (data e hora); como se detectou; quen a detectou; etc. Nalgúns casos, as violacións da seguridade dos datos persoais deben ser notificadas á Axencia Española de Protección de Datos nun prazo máximo de 72 horas e mesmo comunicadas ás persoas afectadas.
  • Seguir as recomendacións que achegue o superior xerárquico ou o/a DPD.
  • Colaborar co persoal encargado de xestionar a incidencia.
  • Permanecer atento/a ante outros posibles incidentes, xa que son sucesos que poden repetirse ao longo do tempo.

Lembra que podes atopar máis información sobre protección de datos e consellos sobre ciberseguridade no portal ciberseguridadegalicia.gal e no Protocolo de Protección de Datos Persoais e nas Preguntas e Respostas Frecuentes do portal educativo.

Lembre que pode contactar co Unidade de Atención a Centros...

spacer_red.png
 

uac@edu.xunta.gal

spacer_red.png
 

ou por teléfono
UAC - 881 99 77 01


Temas antiguos...