Actividades

O mundo dos cristais. #Clube de Ciencia #FísicaeQuímica

Crónica en imaxes dunha tarde nos laboratorios de Física e Química, onde o alumnado do Clube de Ciencia puido descubrir o mundo dos cristais, creando sorprendentes xardíns químicos e xeodos.

Días despois, cada participante puido recoller o resultado do seu traballo.

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 04_O mundo dos cristais

Práctica deportiva. Paddle surf en Mera

04/06/2021 07:30
04/06/2021 12:00
Etc/GMT+2

O vindeiro 4 de xuño o alumnado de 4º C sairá a practicar Paddle Surf nas augas do Seixo Branco e Praia de Mera, nunha actividade organizada polo Departamento de Educación Física.

O alumnado poderá relacionar as actividades físicas na natureza coa saúde e a calidade de vida, así como demostrar hábitos e actitudes de conservación ambiental.

Escuelas de paddle surf en Malaga - Surferos.net

Sendeirismo por Sada

 

O profesor de Educación Física Leonardo Piñeiro organizou catro saídas pola comarca para o alumnado de 1º de ESO, consistentes en rutas de sendeirismo en Fontán (Sada) e a zona de Chelo (Paderne).

As saídas comezaron o día 20 de maio e continuaron onte día 26 de maio; faltan aínda as saídas de mañá día 28 e do martes 1 de xuño.

As fotos pertencen á saída de onte, a de 1º D de ESO.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Sendeirismo por Sada

A música e a Idade Media

28/05/2021 10:20
28/05/2021 12:00
Etc/GMT+2

O venres 28 de maio o grupo de 3ºE de ESO fará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, co obxectivo de relacionar a música medieval co resto das disciplinas artísticas da época: arquitectura, escultura e tamén coa sociedade medieval.

Exposición sobre las Cantigas y la música medieval en la Biblioteca Fábrica  de Armas – Biblioteca UCLM

Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo

02/06/2021 07:00
02/06/2021 09:00
Etc/GMT+2

O día 2 de xuño o Departamento de Educación Física organiza, en colaboración co Club de Piragüismo de Betanzos, unha práctica de piragüismo no río Mandeo para o grupo de 3º de ESO E.

Actividad de kayak guiada en el Noguera Pallaresa, Llavorsí

Clases de Taekwondo. #Unesco

O día 19 de maio comezaron as clases de Taekwondo ofrecidas pola UNESCO de maneira gratuíta ao alumnado do IES Francisco Aguiar e impartido por profesorado cualificado do ximnasio betanceiro Han's Horang-I. As clases continuarán até o vindeiro luns 14 de xuño.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Taekwondo

Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo (IV)

08/06/2021 08:45
08/06/2021 16:00
Etc/GMT+2

 

 O día 8 de xuño o Departamento de Educación Física organiza, en colaboración co Club de Piragüismo de Betanzos, unha práctica de piragüismo no río Mandeo para o grupo de 3º de ESO B (pola mañá) e A (pola tarde).

Actividad de kayak guiada en el Noguera Pallaresa, Llavorsí

Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo (II)

03/06/2021 10:00
03/06/2021 12:00
Etc/GMT+2

 

Actividad de kayak guiada en el Noguera Pallaresa, Llavorsí

O día 3 de xuño o Departamento de Educación Física organiza, en colaboración co Club de Piragüismo de Betanzos, unha práctica de piragüismo no río Mandeo para o grupo de 3º de ESO D.

Olimpíada de tradución de linguas clásicas

26/05/2021 06:45
26/05/2021 12:15
Etc/GMT+2

V Olimpíada Gallega de Traducción de Textos Clásicos – SEEC Galicia |  Sociedad Española de Estudios Clásicos

 

O vindeiro mércores 26 de maio a nosa alumna Lucía Sánchez Cal participará na Olimpíada Galega de Tradución de textos clásicos.

Bonam fortunam / Kαλή τύχη, Lucía!

 

 

Saída fotográfica (IV). #Fotografía en curso.

28/05/2021 06:45
28/05/2021 12:15
Etc/GMT+2

 

O vindeiro día venres 28 de maio o alumnado de 3º A fará unha saída fotográfica por Betanzos, no marco do Programa "Fotografía en curso", incluído no Plan Proxecta e coordinado polo profesor J.M. Rey Bao.

 

Distribuir contido